"Mateu" (Contén)
Mostrando 13 resultados de 13.
-
PERSOEIRO
Xesuíta (1748), foi Catedrático de Filosofía na Universidade de Cervera. Coa expulsión de España da Compañía de Xesús marchou a Ferrara. Considerado o iniciador da escola ecléctica cerverina, que pretendía anovar a escolástica e o suarismo coas novas tendencias científicas e humanistas. Defendeu, sen embargo, a interpretación escolástica de Aristóteles.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
afeccionado.
-
PERSOEIRO
Arquitecto portugués. Dende 1490 traballou no mosteiro de Batalha, onde realizou o portal de acceso á rotonda das Capelas Imperfeitas (1509), o panteón de don Duarte e acabou as obras do claustro maior.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Compositor, sobriño de Mateu Fletxa o Vello. Formouse na corte castelá e residiu en Italia durante un tempo. As súas obras principais editáronse en Venecia e en Praga. Publicou IL 1. libro de madrigali a 4 et 5 (1568), recompilación de 31 madrigais, e en 1581 os libros de música polifónica Libro de música de punto, perdido, Divinarum completarum psalmi, incompleto, e Las ensaladas, dedicadas a Xoán de Borja e de Aragón. Manuscritas, consérvanse as obras Harmonia a 5, para cinco instrumentos de corda, e un Miserere, a 4 voces.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Escribán ou funcionario oficial encargado na antiga Grecia do rexistro e da conservación de documentos, e tamén de facer a súa lectura na asemblea. Posteriormente, empregouse no sentido de secretario ou home de letras.
-
VER O DETALLE DO TERMO
ariante gráfica do antropónimo masculino Mateo.
-
PERSOEIRO
Músico. Coñecido como Francesc Uetam, debutou en 1869 como virtuoso do baixo. En 1877 actuou no Teatro Imperial de Peterburgo e iniciou a súa brillante carreira internacional. O seu repertorio incluía óperas de Gounod, Meyerbeer, Rossini e Bellini.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Financeiro e político. No comezo da Guerra Civil Española pasou ao bando de Franco, con quen entrou en Barcelona o 26 de xaneiro de 1939. Ao día seguinte foi nomeado alcalde da cidade, ata 1945, e despois embaixador de España en Francia (1945-1947). Desde 1967 dirixiu a Axencia EFE de noticias.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Actor. Da súa filmografía destacan Cronaca di una morte anunciata (1986), Boom Boom (1990, Premi de Cinematografia de la Generalitat de Catalunya ao mellor actor), La viuda del capitán Estrada (1991), El perqué de tot plegat (1995), Resultado final (1998), Extraños (1999) ou Face of Terror (2003).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Humanista. Estivo activo no segundo cuarto do s XV na corte de Don Duarte, en calidade de preceptor do futuro rei Afonso V. A súa única obra coñecida é De bello Septensi (1460).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Anarquista. Lanzou unha bomba, o 31 de maio de 1906, contra a carroza de Afonso XIII e Vitoria Uxía, que resultaron ilesos e que provocou 24 mortos. Conseguiu fuxir, pero suicidouse ao ser descuberto.
VER O DETALLE DO TERMO -
MUNICIPIOS
Municipio situado na provincia de Castelló de La Plana, Comunitat Valenciana (1.859 h [2001]). A súa economía baséase na agricultura e na gandaría. A industria, ademais da elaboración de viño e aceite, céntrase nos mobles e no xénero de punto.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor. Coñecido como Luandino Vieira, foi un importante activista do movemento de liberación de Angola, polo que sufriu cadea. Na súa obra destacan os temas relacionados cos mestizos e cos pobres de Angola e cos suburbios de Luanda, que reflicte na obra Luuanda (1965). Emprega unha linguaxe coloquial e dialectal, pero sen esquecer as técnicas narrativas. Destacan as súas novelas A cidade e a infância (1960), Velhas histórias (1974), Nós, os de makalusu (1975) e Joâo Vêncio: os seus amores (1979).
VER O DETALLE DO TERMO