"Melo" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 89.
-
CIDADES
Cidade da provincia de Overijssel, Países Baixos, á beira do canal de Overijssel (62.190 h [1989]). Núcleo industrial. Posúe un castelo e algunha igrexa notable.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Semellante ao melón no gusto, cheiro ou forma.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Célula que no embrión humano constitúe os denominados epitelios adamantinos (externo e interno), situados entre o esmalte e o retículo polposo do esmalte, e que recobren practicamente todo o órgano adamantino ou rudimento dentario no embrión.
-
PERSOEIRO
Político francés. Embaixador de Luís XIV fronte a Filipe de Anjou, futuro Filipe V de España, nomeado no 1705. Endereitou a política fiscal da administración borbónica. Con Melchor de Macanaz promoveu, no 1707, a política anexionista no tocante a València e Aragón. Cando Luís XIV pretendeu que Filipe V renunciase á Coroa de España, abandonou a embaixada (1709).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Militar. Teórico e ideólogo da Revolución dos Caraveis (1974) que se alzou contra a ditadura militar na procura dun réxime democrático en Portugal. Evitou unha guerra civil durante o denominado “verán quente” (1975) ao redactar e promover o Documento dos Nove, manifesto que defendía o réxime democrático e o programa do Movimento das Forças Armadas (MFA), máis coñecido co nome de Movimento dos Capitaẽs Avril. Foi membro do Consello da Revolución, ministro sen carteira nos primeiros gobernos revolucionarios e titular de Asuntos Exteriores (1975-1976), en sucesión de Mário Soares, e subdirector xeral da Unesco.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor, dramaturgo e cineasta italiano. Actor e director teatral, realizou longametraxes onde quixo fundir o cine, o teatro e a ópera: Nostra signora dei turchi (A nosa señora dos turcos, 1968), Caprici (Caprichos, 1969), Don Giovanni (1970), Salomé (1972), Un amleto di meno (Un tráxico de menos, 1973).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Compositor. Formado no conservatorio de Madrid, realizou estudios musicais con Julio Gómez, Sergiu Celibidache, Goffredo Petrassi e Bruno Maderna, entre outros. Cómpre destacar da súa abundante produción as pezas: Picolo concerto (Pequeno concerto, 1959), Espacios variados (1962), Heterofonías (1967), Impulsos (1972), Numancia (1975) e Nostálgico (1986). Compuxo a música para a montaxe teatral La Celestina (1988) e a banda sonora das películas Nueve cartas a Berta (1965) e Tormento (1974). Foi Premio Nacional de Música en 1962.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
João Cabral de Melo Neto.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Termo do barallete, xerga dos afiadores e paraugueiros, que corresponde á voz ‘baúl’.
-
-
-
Mamífero artiodáctilo, do xénero Camelus, pertencente á familia dos camélidos. Caracterízanse polo gran tamaño que acadan, uns 3 m de altura, o que significa que, despois dos elefantes e das xirafas, son os animais vivos meirandes da terra. No dorso presentan unha ou dúas xibas que constitúen reservas de graxa obtida en períodos de boa alimentación, e que empregan como fonte de enerxía en períodos de xaxún ou de traballo excesivo. As patas e o pescozo son longos e delgados, e separan o corpo do animal da alta temperatura diúrna que chega a ter o chan. Os camelos teñen un pelame abundante, as orellas pequenas, os ollos grandes e prominentes e o labio superior partido en dúas partes, que se poden mover independentemente; as ventas do nariz teñen forma de fenda e poden fecharse completamente, feito que resulta útil durante as tormentas de area. O estómago dos camelos ten numerosas expansións ou celas acuíferas, que constitúen unha reserva de auga metabólica. Son domésticos desde tempos...
-
camelo árabe [Camellus dromedarius, Fam dos artiodáctilos]
Especie, tamén chamada dromedario, que presenta unha única xiba. Provén de poboacións salvaxes que habitaban antigamente o Oriente Próximo e o Oriente Medio. Atópase en Arabia, en Exipto e nalgunhas rexións africanas, e introduciuse en diversos países (sur da Península Ibérica, Islas Canarias, Italia, Madagascar, América do Sur e Australia).
-
camelo bactriano [Camellus bractrianus, Fam dos artiodáctilos]
Especie que ten dúas xibas e é máis robusta có camelo común. Vive en Asia Central.
-
-
Aparello usado para alzar os navíos co fin de diminuír o seu calado e, así, podelos facer pasar por lugares de pouca profundidade.
-
Pequeno traficante de drogas que comercia directamente cos clientes.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Batalla que tivo lugar preto da cidade de Basora en 656, entre Ṭ al ḥ a e Zubayr, aliados da segunda muller de Mahoma, e ‘Alī ibn Abī Tālib, que resultou vencedor. Recibe o seu nome por desenvolverse ao redor do camelo de Ā’iša,
-
VER O DETALLE DO TERMO
Xénero de camelos do Pleistoceno, de ata 2 m de altura na cruz, que viviu en América do Norte.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Lugar considerado na tradición literaria da materia de Bretaña como residencia habitual do Rei Artur. Dende o s XVI tense identificado este espazo literario con diversos lugares como Cadbury, Camelford, Colchester, Winchester, etc, pero ningunha hipótese acadou a aprobación unánime de todos os investigadores da materia artúrica.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Produción cinematográfica norteamericana realizada en 1967. Foi dirixida por Joshua Logan e interpretada por Richard Harris, Vanessa Redgrave, Franco Nero e David Hemmings. Baseada nunha obra musical que se estreara en Broadway, conta a historia de amor entre Lancelot, cabaleiro da mesa redonda, e Xenebra, muller do Rei Artur. O filme conta coa participación de actores moi relacionados co eido teatral e provistos dun vestiario inspirado no art nouveau pitórico.
-
GALICIA
Empresario e de-señador. Director xerente da empresa téxtil Caramelo S A. Comezou a súa andaina profesional en 1969 na empresa que fundaran na Coruña o seu tío José Antonio Caramelo e Luis Gestal, e da que se fixo cargo á morte do primeiro. O seu estilo baséase na innovación e na forte personalidade dos seus deseños, modernos e cosmopolitas. A principios dos anos oitenta, a súa firma pasou a integrarse no sector da moda galega. Foi un dos promotores dos desfiles de Luada, celebrados en diversas cidades galegas, e participante, en representación de Caramelo, no Salón Gaudí de Barcelona, na Pasarela Cibeles de Madrid, e en numerosas mostras internacionais.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
-
Líquido pastoso de cor marrón escura, con olor a azucre queimado, soluble en auga e alcohol diluído, que se obtén mediante o quentamento da sacarosa (180-190°C) ou glicosa (198°C), engadindo pequenas cantidades dun álcali. Pode conseguirse un líquido ou un sólido amorfo máis ou menos escuro, como resultado da caramelización de distintos hidratos de carbono en presenza de álcalis. O caramelo úsase na elaboración de flans, cremas e outras especialidades pasteleiras, ademais de como colorante en determinadas bebidas, en xeral non alcohólicas.
-
Alimento de formas moi diversas (pastillas, barras, etc), que está formado por unha pasta de azucre, glicosa e outros ingredientes concentrados mediante calor que, unha vez fríos, endurecen sen cristalizar. Polo xeral, engádeselle aroma e cores. Na súa formulación poden intervir graxas, diversos recheos, acidulantes, etc.
-
-
carambelo.
-
Aroma característico do viño de Madeira e de determinados viños licorosos.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Empresa de confección creada na Coruña por José Antonio Caramelo e Luis Gestal, á que se uniu posteriormente Javier Cañás Caramelo como deseñador. Iniciaron a súa actividade coa fabricación de impermeables e posteriormente ampliaron a súa oferta ata cubrir a totalidade das pezas de vestir de home e muller. En 1971 lanzaron ao mercado as marcas Chelton, Yale e Tommy Harrods e en 1984 a marca Caramelo, o que supuxo a adaptación da empresa cara aos mercados internacionais. A súa produción supera o millón de pezas anuais, factura máis de 9.500 millóns de pesetas e emprega directamente a 600 persoas. Posúen tendas distribuídas por España, Portugal, Chile, México e China e proxectos de expansión cara a Francia, Alemaña, Italia ou Suecia. Participante nos desfiles realizados en Galicia, como Luada, en España, como o Salón Gaudí de Barcelona ou a Pasarela Cibeles de Madrid, ou fóra de España, como as mostras Pitti imagine uomo, de Florencia, Herren mode Woche, de Colonia, e o salón SHEM, de París.
-
MONTAÑA
Montaña de Israel, no mekhosot de Haifa, xunto á cidade de Haifa (650 m), rodeado pola baía do mesmo nome, no Mediterráneo, e regada polo río Émeq. Neste lugar localízanse numerosas covas con restos da época Paleolítica; ademais, a cova Maghārat al Skhūl proporcionou, dentro dun nivel musteriense, importantes restos antropolóxicos (esqueletos do monte Carmelo) que reúnen trazos anatómicos tanto do Homo sapiens neandertalensis como do Homo sapiens sapiens. Desde moi antigo foi sede do culto a Baal e tamén foi o escenario da discusión entre Elías e os sacerdotes de Baal narrada no Libro dos Reis, da Biblia. No s XII orixinouse alí a orde dos carmelitas, que conservou o nome do seu lugar de orixe.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Aplícase á persoa de baixa estatura e escarranchada.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Sebastião José de Carvalho e Melo.