"Mende" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 69.

  • PERSOEIRO

    Licenciada en Filoloxía Galega e Hispánica. Redactora da Enciclopedia Galega Universal e investigadora no eido da Literatura Medieval. Autora do artigo “Encrucillada sociolingüística do Paraguai”.
    Na actualidade é profesora e vicedirectora do IES Antón Alonso Ríos, de Tomiño. 

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Trobador probablemente portugués. Son case inexistentes os datos documentais que temos deste autor, quizais por pertencer a unha familia da pequena nobreza de escasa relevancia social. Non obstante , a súa presenza nun documento de 1290, nunha doazón de Martin Gil de Riba de Vizela ao mosteiro de San Vicente de Fora en Lisboa, permite un mínimo achegamento á súa reconstrución biográfica. Co estalo da Guerra Civil, entre os anos 1247-1253, exiliouse á Corte castelá de Fernando III, integrado no séquito de Gil Martins de Riba de Vizela, home de confianza do Rei deposto, Sancho II. Despois dunha probable participación nas campañas andaluzas, volveu a Portugal; entre os anos 1264-1275 e 1281-1285 frecuentou a Corte castelá de Afonso X, acompañando a Gil Martins e a Martin Gil, respectivamente. Atribúenselle catorce composicións: nove cantigas de amor, dúas cantigas de amigo, dous escarnios políticos e un escarnio persoal. Cinco das súas cantigas de amor constan dunha única cobra, polo que é...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político e financeiro. De familia xudía, dedicouse aos negocios dende ben novo. Despois do Trienio Constitucional ou Liberal (1823) exiliouse en Londres, dende onde financiou a expedición que rematou coa monarquía absoluta en Portugal. No 1835 volta a España e foi nomeado Ministro de Facenda e logo Xefe do Goberno, tras do que ocupou de novo o Ministerio de Facenda (1836, 1837 e 1843). Sobranceira figura do Partido Progresista, promoveu dende o seu ministerio un paquete de reformas das que salientan, por unha banda, o alistamento xeral no exército (servicio que podía trocarse polo pagamento dunha indemnización), e por outra, a supresión de case todas as ordes relixiosas (1835) agás as dedicadas ao ensino e á asistencia, vendendo os bens do resto ( desamortización) en subasta pública (leis do 1836 e 1837). O obxectivo destas medidas era ao tempo de carácter económico e político, pero non foi plenamento desenvolvido. Cando no 1844 os moderados acadaron o poder exiliouse novamente...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Subdivisión bioestratigráfica do Plistoceno inferior medio (1,5 M a) caracterizada pola presenza de Mimomys pliocaenicus.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • RIOS

    Río de Turquía que nace no altiplano de Anatolia e adopta unha dirección NL-SO. Desemboca no mar Exeo, ao S da illa de Samos, logo dun percorrido de 402 km. No seu curso inferior divaga formando numerosos meandros, que lle deron o seu nome.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Avogado e político liberal. Doutor en Dereito e Filosofía e Letras, dende moi novo dedicouse ao xornalismo político: fundou El Demócrata e dirixiu El Heraldo de Madrid. Vinculado ao partido republicano, pasou máis tarde ao partido liberal. Deputado desde 1881, ocupou a subsecretaría da presidencia do goberno de Posada Herrera (1883) e foi ministro con Sagasta, etapa na que se encargou das carteiras de Fomento, Gracia e Xustiza, Facenda e Agricultura. En 1903 apoiou a Uxío Montero Ríos na loita entre faccións que se abriu no partido para suceder a Sagasta. Foi presidente do Congreso de los Diputados (1905-1906) e presidente do Consello de Ministros (1910-1912). Recoñeceu a necesidade de negociar cos representantes do movemento obreiro e elaborou diversas leis de protección social sobre xornadas máximas de traballo, sobre o emprego das mulleres, os contratos de aprendizaxe, etc. Intentou reducir o papel político do exército. Trala súa morte, víctima dun atentado perpetrado...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Antropólogo. Estudiou medicina na facultade de Ciencias de Porto, onde foi catedrático de Antropoloxía dende 1921 e fundador do Instituto de Antropologia. Publicou numerosos libros sobre antropoloxía, arqueoloxía e etnografía, entre os que destacan Antropologia (1915), Da biologia á história (1934) e Antropologia e história (1954). Foi membro da Sociedade Portuguesa de Antropologia e Etnologia, e da Sociedade de Geografia de Lisboa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Enxeñeiro e político. Enxeñeiro de Camiños, Canais e Portos (1978), diplomouse en Dirección Xeral de Empresas (1983) e en Planificación e Administración de Empresas (1985) pola Universidad Politécnica de Madrid. Foi director técnico de Construcións Metálicas José González Gómez (1979-1981) e director xerente de Xestión Urbanística da Coruña SA (1981-1990). Membro do Partido Popular (PP), foi director xeral do Instituto Galego de Vivenda e Solo (IGVS, 1990-1993) e director xeral de Formación e Emprego (1993-1994). Foi conselleiro de Industria e Comercio (1994-1999) e membro do Parlamento de Galicia (1997-1999). Dende outubro de 1999 é presidente da Autoridade Portuaria da Coruña e presidente do Partido Popular da provincia da Coruña.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Raíña de Asturias, Galicia e León, filla do conde Mendo González. De orixe galega, casou co Rei Afonso V (1015) e foi nai do Rei Vermudo III e da Raíña Sancha de León.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Raíña de Asturias, Galicia e León, filla de Hermenexildo Gutiérrez, conde de Tui e Porto. Casou con Ordoño II ao redor do 895, enlace que reforzou a presenza da nobreza galega nas tarefas de goberno dentro das institucións reais. Influíu na concesión de privilexios para a fundación e dotación de mosteiros e tamén para as institucións eclesiásticas galegas, como as de Santiago de Compostela, Lugo e Mondoñedo. Xunto co seu esposo confirmou os bens de San Martiño Pinario, San Pedro de Montes e San Pedro de Triacastela. Foi nai dos monarcas Afonso IV, Ramiro II e Sancho Ordóñez.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Persoa que realiza unha encomenda.

    2. Beneficiario dunha encomenda.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Xornalista. Exerceu como subdirector do xornal coruñés El Ideal Gallego. Publicou Estampas gallegas (1961), con debuxos de Ramón Villar Chao, Dibuxos de Cebreiro (1965) e Sensibilidade de Galicia en la pintura de Julia Minguillón (1970). Membro da Real Academia Galega e da Real Academia de Bellas Artes Nuestra Señora del Rosario de la Coruña.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Xornalista. Exerceu como director de relacións externas da TVG, director xeral de La Región Internacional, xefe do gabinete do director xeral da CRTVG e director da Axencia Galega de Noticias (AGN).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Nome turco do río Büyük Menderes.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Militar e etnógrafo. Capitán do exército vinculado ás JONS, durante a Guerra Civil Española uniuse aos sublevados e foi xefe de hospitais de Valladolid. Crítico co Franquismo, despois da guerra viuse involucrado no desvío irregular de aceite, polo que pasou catro anos na prisión de Carabanchel. Publicou traballos referidos a Galicia, dos que destacan Dicionario castellano-gallego. [...] en el lenguaje popular (1935), Tres andrómenas con retrouso (1952) e Refraneiro Galego, libro de refráns recollidos da fala dos soldados e con colaboracións de Vicente Risco, Xoaquín Lorenzo e Martínez Barbeito.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Debuxante e gravador, fillo de Enrique Mayer Castro. Realizou numerosas obras suntuarias en Santiago de Compostela e traballos de gravado, acibeche e marfil. Escribiu unha Guía de Santiago (1931), ilustrada con minigravados. Recibiu a terceira medalla no II Concurso Nacional de Artesanía Artística de Madrid (1944) e a primeira no Concurso Provincial da Coruña (1948).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antiga parroquia do concello de Ourense, actual parroquia de Tras do Hospital.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Construción situada en Barbeito (Vilasantar). Trátase dun edificio de grandes dimensións con planta baixa en forma de escuadro. Conta cun frontón semicircular e un escudo de armas na fachada principal e cun patio labrado na parte posterior. Fronte ao pazo localízase unha capela con espadana e un amplo soportal.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Sociopsicanalista. Considerado o pai da sociopsicanálise, publicou diversos traballos, dos que destacan Le révolte contre le Père (1968), Pour décoloniser l’enfant (1971) e La crise de générations (1974).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Botánico. Foi ordenado sacerdote no convento agostiño de San Tomé, en Brno, onde adoptou o nome de Gregor. Ensinou ciencias naturais na escola primaria de Brno, e dedicou boa parte do seu tempo á experimentación con diversas clases de chícharos e outras plantas. Publicou os seus resultados en Versuche über Pflanzenhybriden (Investigación sobre os híbridos das plantas, 1865), onde estableceu as leis xerais da hibridación, que non foron recoñecidas polos seus coetáneos e que máis tarde tomarían o seu nome. En 1868 nomeárono abade do seu mosteiro, polo que abandonou as súas investigacións. Foi un dos primeiros científicos que utilizou procedementos estatísticos na súa experimentación. Non foi considerado o verdadeiro fundador da xenética ata que, dezaseis anos despois da súa morte, varios científicos, entre eles Hugo de Vries, deron a coñecer ao mundo científico a súa obra. Anos máis tarde, T. H. Morgan explicou as leis de Mendel como un mecanismo da herdanza, e a súa implicación...

    VER O DETALLE DO TERMO