"Metis" (Contén)
Mostrando 6 resultados de 6.
-
-
ariedade fanerocristalina do cuarzo, de cor violeta ou azulada, de cristais pouco frecuentes, que se atopan a miúdo asociados, reunidos en drusas. Pódese presentar tamén en cavidades amigdaloides, en filóns, e mesmo en seixos. Os exemplares de cor violeta e ben transparentes son moi apreciados en xoiería.
-
ariedade de fluorita, da cor da ametista, pero que se distingue da verdadeira porque é menos dura.
-
ariedade transparente e violeta de corindón, abundante no Brasil e en Sri Lanka.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Fenómeno descrito por H. W. Bates en 1862 que consiste na semellanza do deseño, da coloración ou mesmo da conduta de especies inocuas con respecto a outras especies tóxicas, mesmo velenosas ou perigosas. Isto sérvelle á especie inofensiva para ser confundida polos depredadores coa especie perigosa e, xa que logo, evitar o ataque. Obsérvase, por exemplo, entre os himenópteros velenosos e os dípteros inofensivos, que comparten coloración e deseño.
-
-
Calidade de hermético por ser incomprensible e impenetrable.
-
Corrente espiritual da tardía época helenística que toma o nome de Hermes Trismexisto, sabio fabuloso identificado co deus exipcio. Na súa especulación atópanse trazos do coñecemento austral caldeo, da física de Aristóteles, da psicoloxía de Pitágoras e Platón e da astroloxía. Propuña unha liberación por medio da hipnose e dividía o cosmos en tres zonas: a superior, sede da luz; a inferior, habitada polos homes, sede da materia e da corrupción; e a intermedia, sede dos espíritos e das ánimas.
-
Tendencia poética italiana contemporánea. Influída por Leopardi, C. P. Baudelaire, E. A. Poe e o simbolismo francés, deu lugar a unha poesía de linguaxe núa e esencial, de comprensión difícil, que cultivaron G. Ungaretti, E. Montale, S. Quasimodo, D. Campana, A. Gatto e M. Luzi. A súa eclosión tivo lugar sobre 1930.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
islamismo.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Satélite de Xúpiter, descuberto en 1979 a partir das fotografías que fixeron as sondas Voyager. Ten un diámetro duns 40 km e un raio orbital duns 128 km, e o seu período orbital é duns 0,29 días.
-
-
Propiedade dalgunhas especies indefensas de copiar a coloración aposemática ou o aspecto externo doutras especies non comestibles ou perigosas para os seus depredadores habituais. O mimetismo batesiano consiste en que a especie mimetizadora, que habita no mesmo biotopo que a especie mimetizada, se confunde con esta, que posúe mecanismos de defensa. O mimetismo mulleriano consiste en que diversas especies non comestibles ou perigosas adoptan coloracións aposemáticas idénticas para progresar na aprendizaxe dos depredadores. O mimetismo mertesiano consiste na adopción dunha coloración aposemática por parte dunha especie indefensa, unha non comestible ou perigosa e outra mortal. A especie mortal é aquela que ao ser atacada polo depredador o mata. O mimetismo preséntase nos insectos e nalgúns peixes sendo un dos principais mecanismos de defensa das especies que o posúen. OBS: Tamén se denomina mimese.
-
Disposición dunha persoa a cambiar as opinións e o comportamento por adaptarse a quen queira compracer.
-