"Midas" (Contén)
Mostrando 6 resultados de 6.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Enzima que hidroliza enlaces amídicos. Teñen acción amidásica a acilamida-amidohidrolasa, a penicilinasa (amidasa bacteriana), a v-amidasa, e a a-oxoácido-v-amidasa. A asparaxinasa e a glutaminasa son dúas amidasas que se caracterizan pola súa acusada especificidade. Os enzimas proteolíticos presentan tamén acción amidásica.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Antropónimo feminino procedente do latín eremīta ‘ermitán’, ‘santuario’, termo, á súa vez, derivado do latín tardío eremus ‘deserto’, que ten a súa orixe no grego ἕ ρημος ‘solitario, deserto’. É o nome dunha advocación mariana. O santuario da Nosa Señora das Ermidas está situado no concello do Bolo, na diocese de Astorga. O seu nome débese a que durante a Idade Media varios ermitáns habitaron en covas e ermidas construídas por eles mesmos nestas montañas. Outro santuario dedicado á Virxe das Ermidas ou Virxe da Fonte Santa localízase no monte das Ermidas (A Lama), na serra do Suído. A súa festividade celébrase o 8 de setembro, agás na Lama, concello do que é patroa, onde se celebra o 5 de agosto.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Santuario mariano situado nas Ermidas (O Bolo) e pertencente ao bispado de Astorga. Está situado nun lugar rochoso onde a vida relixiosa se estableceu en diversas ermidas situadas ao abrigo das covas. Unha das primeiras fundacións puido ser realizada por san Froitoso no s VII. Trala invasión musulmá a imaxe da Virxe, venerada nunha das ermidas, escondeuse para evitar profanacións e roubos. A lenda conta que esta imaxe foi descuberta por uns pastores ao observar que o seu gando emitía uns sons estraños ao chegar á entrada da cova. Daquela construíuse unha capela a finais do s XIII ou comezos do s XIV. En 1624 Alonso de Mexía y Tobar, bispo de Astorga, enfermou e, ante a gravidade do seu estado, invocou a Nosa Señora das Ermidas e sandou. En agradecemento mandou construír unha igrexa, dependencias para os seus administradores e unha residencia para os peregrinos; ademais a diocese estableceu unha escola de latín e filosofía. O seu sucesor no bispado, frei Nicolás de Madrid, converteuna nun...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Santuario situado en Antas (A Lama). Coñécese tamén co nome da Fonte Santa pois a tradición conta que a Virxe se apareceu á beira dunha fonte, onde se puxo unha imaxe dela. A tradición di que se ten que beber da fonte da Virxe e mais das outras nove porque teñen poderes curativos. Na carballeira da capela destacan dous palcos de música, de 1952 e 1960, e un cruceiro de 1982 cunha mesa ao seu carón para celebrar a misa. A festa celébrase o 5 de agosto.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Personaxe mitolóxico, rei de Frixia e protagonista de numerosas lendas populares. Dióniso concedeulle o poder de transformar todo o que tocase en ouro, o que se converteu co tempo nun problema para o rei, xa que o xantar e a bebida, entre outras cousas, tamén se convertían en ouro. Midas suplicoulle a Dióniso que lle retirase o don e este así o fixo. Tamén forma parte do mito no que Apolo transforma as orellas de Midas en orellas de burro por preferir a música de Pan á súa.