"Mie" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 190.

  • Académie Nationale de Médecine.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Institución parisiense derivada dunha das antigas seccións do Institut de France, creadas cando a súa fundación en 1793 logo da disolución das vellas academias, que no ano 1816 se refundaron en torno á Académie Française (escritores) e a de Belas Artes (artistas). Conta con 50 membros. A Académie de France de Roma e a Casa de Velázquez de Madrid son as dúas institucións internacionais que dependen dela.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Institución fundada en París (1663) polo ministro Jean-Baptiste Colbert co nome de Petite Académie, formaban parte desta academia catro membros da Académie Française. Encargábase de redactar as inscricións dos edificios construídos por Luís XIV. Integrouse no Institut de France (1793), do que constituíu unha sección ata que as antigas academias retomaron cada unha o nome de seu (1816).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Academia fundada en París (1666) polo ministro Jean-Baptiste Colbert e reorganizada por Luís XIV (1699). Os seus membros agrupábanse en dúas divisións: a de Ciencias Matemáticas e Físicas e a de Ciencias Químicas e Naturais, que á súa vez subdividíanse en oito seccións.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Institución fundada pola Convención Nacional en 1795, suprimida por Napoleón en 1803 e restablecida polo goberno de Luís Felipe en 1832. Ten a súa sede en París. Artéllase en cinco seccións: Filosofía; Moral e Socioloxía; Historia e Xeografía; Lexislación, Dereito Público e Xurisprudencia; e Economía Política, Estatística e Finanzas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Institución orixinada a partir das reunións dun grupo de literatos, regulamentada por Richelieu (1634), recoñecida por Luís XIII (1635) e polo parlamento (1637). No ano 1793 pasou a formar parte do Institut de France -compartindo sección cos pintores, os escultores e os músicos-, do que se desagregou en 1816 ao recuperar a súa histórica autonomía. A finalidade que lle atribuíu Richelieu foi a de regular a lingua francesa, polo que o seu propósito inicial foi a redacción dun dicionario (1694), dunha gramática (1932) e, posteriormente, dunha retórica e unha poética. Ten a súa sede en París. Os seus académicos, designados tamén co nome dos inmortels -a causa da divisa da institución, À la immortalité-, son titulares e elixidos por maioría absoluta. Non está dividida en seccións. Concede periodicamente o Grand Prix de Littérature e o Grand Prix du Roman.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Institución de carácter literario creada por disposición testamentaria de Edmond    Goncourt (1884) e fundada no ano 1896, logo da súa morte. Constituíuse oficialmente en París en 1902. Concede anualmente o Prix Goncourt co que premia a mellor obra de imaxinación en prosa, habitualmente unha novela.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Institución científica fundada en París no ano 1820 co nome de Académie Royale de Médecine; en 1947 adoptou o nome actual. É un organismo consultivo encargado de estudar cuestións de saúde, alimentación e hixiene pública.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Institución fundada en París polo chanceler Pierre Séguier e o pintor Charles Le Brun (1648), segundo as normas establecidas na Accademia del Disegno de Florencia (1563) e na Accademia di San Luca de Roma (1593).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Profesor, poeta e xornalista. Exerceu a docencia en Galicia e Madrid. Colaborou nas publicacións Vida gallega, Resol e Nós e nos xornais La Region, Galicia, El Heraldo de Galicia e Faro de Vigo. Aproveitou para mostrar neles a súa produción poética que, anos máis tarde, dará lugar á publicación da obra Fírgoas (1933). Entre 1930 e 1936 colabora no xornal El Momento e nas publicacións Escuela del Trabajo e ATEO, onde mostra o seu compromiso galeguista coa educación e coa pedagoxía. Os seus ideais republicanos e galeguistas fixeron que trala Guerra Civil Española fose expulsado do sistema público de ensino, pasando a traballar no ensino privado en Ourense.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Nome que reciben as academias de ciencias e humanidades en Alemaña. Foi fundada en 1700 en Berlín por Federico I de Prusia co nome de Preussische Akademie der Wissenschaften (Academia das Ciencias Prusiana). En 1946 quedou inmersa na zona soviética e foi reorganizada e convertida en Akademie der Wissenschaften der DDR (Academia das Ciencias da República Democrática Alemana). Coa reunificación (1990) a Akademie der Wissenschaften der DDR, foi absorbida pola Akademie der Wissenschaften zu Berlín, creada no Berlín occidental en 1987.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Nome que adoptou en 1946 a Akademie der Wissenschaften (Academia das Ciencias de Alemaña) ao ser reorganizada segundo o modelo soviético da Academia de Ciencias da URRS.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Academia de ciencias creada en Berlín Occidental en 1987 e que pretendía ser a sucesora da Akademie der Wissenschaften, convertida na Guerra Fría en Akademie der Wissenschaften der DDR, (Academia das Ciencias da República Democrática Alemana) o quedar a súa sede na Alemaña Oriental.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta ruso, membro do Proletkul’ t. Autor de Vosstanije (A insurrección, 1919), Utro (A mañá, 1921) e Veter (O vento, 1925), cultivou temas inspirados na Guerra Civil deses anos e nos problemas do traballo na nova sociedade soviética.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Lugar poboado de amieiros.

    2. Formación vexetal na que a especie arbórea predominante é o amieiro, normalmente asociada a cursos de auga ou zonas asulagadas especialmente sobre solos ácidos. Forma bosques de galería cando os cursos son estreitos e entran en contacto as copas das árbores. En Galicia esta é unha comunidade vexetal amplamente distribuída debido á densidade de cursos fluviais; os máis representativos pódense atopar nas ribeiras do Eume e do Louro. Debido á súa atlanticidade e meridionalidade dentro da distribución europea, que determinan unhas condicións climáticas cálidas, poden albergar taxóns de afinidade subtropical ou macaronésica (como os fentos Culcita macrocarpa, Davallia canariensis e Woodwardia radicans). Outras árbores comúns no amieral son os bidueiros e salgueiros; entre as herbáceas son frecuentes especies nemorais como anémonas, narcisos e violetas, e gramíneas dos xéneros Luzula e Carex. A fauna máis aparente está representada por aves como o ouriolo e...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Árbore caducifolia, monoica, de ata 20 m de altura, de cortiza castaña escura e con fisuras; os seus brotes son glabros e pegañentos, de follas amplamente ovadas irregularmente serradas e máis ou menos pegañentas. Presenta flores masculinas en amentos cilíndricos e femininas en amentos ovoides, con escamas lignificadas, e os froitos en núcula. É propio dos bosques de ribeira de toda Europa. A cortiza en cocción emprégase en gargarismos. A madeira do amierio é branca con vetas vermellas, lixeira, de textura fina, compacta e sen albura. A humidade apodrécea rapidamente pero, sumerxida na auga, é das máis duradeiras.

    2. Árbore piramidal de follas acorazonadas de bordo serrado. Orixinario de Córcega e do sur de Italia, aparece naturalizado en puntos de Galicia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor suízo de lingua francesa. Foi profesor de estética (1849) e filosofía (1854) na Academia de Xenebra. É coñecido, sobre todo, polos fragmentos extraídos do seu Diario íntimo. Os seus fragmentos de crítica literaria teñen un interese especial; expón un plan pedagóxico influído por Hegel. Escribiu tamén Theorie de l’education.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Ausencia conxénita da medula espiñal.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que non posúe mielina. Aplícase a determinadas fibras nerviosas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade da Picardía, Francia, capital do departamento de Somme (131.872 h [1990]). Sita no val de Somme, a cidade aínda conserva o núcleo antigo. Amiens é o centro comercial e agrícola das poboacións suburbanas asentadas nas terras pantanosas do val de Somme. É un núcleo industrial localizado entre as áreas industriais de París e de Lille. Ten unha universidade, fundada no ano 1965. Na Idade Media foi un importante centro de industria de panos. A súa catedral é a máis grande de Francia; foi construída por Robert de Luzarches, Thomas de Cormont e o seu fillo Renaud na época das grandes catedrais, entre os anos 1220 e 1270. O conxunto escultórico, dunha grande expresividade, ten influencias do Realismo flamenco. Cabe destacar tamén o pintoresco barrio de Saint-Leu, coa igrexa de Saint-Leu (s V), dominada pola cidadela (1589), e a igrexa de Saint-Germain (s XV).

    VER O DETALLE DO TERMO