"Mississippi" (Contén)
Mostrando 4 resultados de 4.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Gran río de América do Norte que recolle e leva cara ao golfo de México as augas das grandes chairas de EE UU, que atravesa de N a S. Nace en Elk Creek, unha das zonas de lagos de Minnesota, a 512 m de altitude, e ten unha lonxitude medida de 6.800 km desde o nacemento do Missouri, o que o converte no cuarto río máis longo do mundo. O seu caudal é o maior de América do Norte. En todo o seu percorrido é un río de chaira cunha pendente moi escasa o que fai que teña ata 1 km de ancho, e en tempo de enchenta inunde extensións extraordinarias. Os afluentes do Mississippi son de dúas clases: os da dereita, do O árido, proveñen da vertente oriental das Montañas Rochosas, de escasas precipitacións e polo tanto de pouco caudal, destaca o Missouri, o White, o Arkansas e o Red; os da esquerda proveñen da rexión dos Grandes Lagos e do sistema montañoso Allegheny, que son zonas ricas en precipitacións, destacando o río Ohio, que domina o seu réxime. Descuberto en 1541 por Hernando de Soto, foi unha...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Estado de EE UU, que recibe o seu nome do río Mississippi, o que constitúe o seu límite occidental (123.514 km2; 2.844.658 h [2000]). Limita ao N con Tennessee, ao L con Alabama, ao S co golfo de México e Louisiana e ao O con Arkansas. A súa capital é Jackson. A chaira aluvial do Mississippi esténdese desde o ángulo NO do estado ata Vicksburg. A agricultura ocupa á metade da poboación activa, con cultivos de cereais, forraxe, laranxas e algodón, que está moi mecanizado. A súa industria, máis atrasada, deriva da explotación forestal. É un dos estados menos desenvolvidos de EE UU, a pesar das súas boas condicións para o transporte e da abondosa dispoñibilidade de enerxía. O territorio, habitado polas tribos indias Chickasaw, Choctaw e Natchez, foi explorado por Hernando de Soto (1541), Jolliet e Marquette (1673) e Cavelier de la Salle (1682). Formou parte de Louisiana (1682), vendida pola monarquía hispánica a EE UU (1795) e por mor do desenvolvemento do cultivo algodoeiro...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Época que se corresponde co Carbonífero Inferior e que está comprendida entre o Devónico e o Pennsylvaniano.
-
-
Relativo ou pertencente ao río Mississippi.
-
Relativo ou pertencente ao Mississippiano.
-