"Mondariz" (Contén)
Mostrando 10 resultados de 10.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Situado na vila de Mondariz-Balneario, posúe dous mananciais, Troncoso ou Saidoiro e a Gándara. Durante a Idade Media, as súas augas foron utilizadas polos moradores do Castelo de Sobroso. En 1772 Pedro Gómez de Bedoya mencionaba a existencia de fontes en Mondariz; sen embargo, non foi ata 1862 cando Domingo Blanco Lage descubriu a fonte do Troncoso. En 1871, realizáronse obras de captación de augas no manancial da Gándara, descuberto por Enrique Peinador Vela, quen logrou que fosen declaradas de utilidade pública o 16 de xuño de 1873. A partir dese momento construíuse o Gran Hotel-Balneario, obra de Jenaro de la Fuente, destruído por un incendio o 9 de abril de 1973 e o templete clásico que serve de cuberta á fonte da Gándara, obra de Antonio Palacios. Enrique Peinador procurou, ademais, facer de Mondariz un ‘pazo mundial das augas’, onde converxesen a cultura, a arte e a medicina, para o que contou co apoio da clase política da Restauración borbónica (Montero Ríos, Bugallal, González...
-
PARROQUIA
Parroquia baixo a advocación de santa Baia que dá nome ao concello de Mondariz, onde se atopa a capital municipal, no lugar homónimo.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Concello da comarca do Condado, situado no S de Galicia e no centro-L da provincia de Pontevedra, da que administrativamente forma parte, cuxa posición é 42° 13’ 30” latitude N e 8° 27’ 12” lonxitude O. Limita ao N cos concellos de Fornelos de Montes e Pazos de Borbén (comarca de Vigo), ao S cos da Cañiza (comarca da Paradanta), Ponteareas e Salvaterra de Miño (comarca do Condado), ao L co concello do Covelo (comarca da Paradanta) e ao O cos de Ponteareas, Mondariz-Balneario (comarca do Condado) e Pazos de Borbén. Abrangue unha superficie de 85,1 km 2 cunha poboación de 5.320 h (2007), distribuídos nas parroquias de Frades, Gargamala, Lougares, Meirol, Mondariz, Mouriscados, Queimadelos, Riofrío, Sabaxáns, Toutón, Vilar e Vilasobroso. A súa capital, a vila de Mondariz, dista 45 km de Pontevedra e 115 km de Santiago de Compostela. Está adscrito á diocese de Tui-Vigo , e ao partido xudicial de Ponteareas.
VER O DETALLE DO TERMO
Xeografía física
O concello de Mondariz está... -
VER O DETALLE DO TERMO
Revista ilustrada editada en Madrid a partir do 1 de maio de 1915. Cesou o 20 de xullo de 1922. Publicada polo Gran Hotel Balneario de Mondariz, levou o subtítulo “Revista mensual ilustrada. Suplemento de La Temporada”. Tratouse dunha das publicacións destacadas da época tanto pola súa calidade como polo cadro de colaboradores: M. Murguía, Rey Soto, Pérez Constanti, Uxío López-Aydillo, R. Cabanillas, Bieito Losada ou Luís Taboada. Incluíu biografías de médicos destacados, poemas, artigos de medicina e, a partir do 20 de marzo de 1920, un suplemento chamado La Hoja Hidrológica, dirixida polo doutor Rodríguez Pinilla.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Empresa fundada en 1877 que se dedica ao envasado de auga natural, tanto con gas coma sen gas, que se caracteriza pola súa baixa mineralización e a súa composición bicarbonatada-sódica. Comercializa as marcas Agua de Mondariz e Fuente del Val, declaradas de utilidade pública en 1877 e 1897, respectivamente. Pertence ao grupo Vichy Catalán desde 1995.
-
IGREXAS
Igrexa parroquial situada en Mondariz. Construída a mediados do s XVIII en estilo neoclásico, ten planta de cruz latina e cuberta con bóveda de pedra de cantaría, con imitación do gótico no corpo da igrexa e na sancristía. O presbiterio é neoclásico. No seu interior destacan cinco retablos, todos neoclásicos ou máis modernos, agás o do altar maior de estilo barroco. Na fachada principal destaca a torre do campanario con dous corpos e catro campás de bronce.
VER O DETALLE DO TERMO -
PARROQUIA
Parroquia baixo a advocación de Nosa Señora de Lurdes que dá nome ao concello de Mondariz-Balneario, onde se atopa a capital municipal, no lugar homónimo.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Concello da comarca do Condado, situado no S da Comunidade Autónoma de Galicia e no centro-L da provincia de Pontevedra, da que administrativamente forma parte, a 42° 13’ 12” de latitude N e 8° 28’ de lonxitude O. Limita ao N, L e S co concello de Mondariz (comarca do Condado) e ao O co de Ponteareas (comarca do Condado). Abrangue unha superficie de 2,3 km 2 , o que o converte no concello máis pequeno de Galicia, en que acolle unha poboación de 755 h (2001) distribuída nunha única parroquia, Mondariz-Balneario. A súa capital, o lugar de Mondariz-Balneario, dista 46 km de Pontevedra e 113 km de Santiago de Compostela. Está adscrito á diocese de Tui-Vigo e ao partido xudicial de Ponteareas.
VER O DETALLE DO TERMO
Xeografía física
O concello atópase enclavado na ribeira S do río Tea, xunto á súa confluencia co Sabriño, no derrame setentrional da Picaraña. A topografía é irregular, de suaves relevos, coa maior altitude situada ao O (293 m), no límite co concello de Ponteareas.... -
GALICIA
Parroquia do concello de Mondariz-balneario. baixo a advocación de Nosa señora de lurdes.
VER O DETALLE DO TERMO -
SEMANARIOS
Semanario publicado en Mondariz a partir de xuño de 1888 que cesou en setembro de 1931. Subtitulado “Publicación semanal”, foi editado polo Balneario de Mondariz e distribuíase de balde entre os hóspedes do recinto. Publicábase só durante a tempada de verán, con dezasete números en total cada ano, cunha nova numeración para cada nova tempada. Ata 1925 editouse como un xornal, e logo pasou a ser revista. Incluía artigos sobre a saúde e a hidroterapia, ademais de numerosas colaboracións literarias.
VER O DETALLE DO TERMO