"Monterrei" (Contén)

Mostrando 9 resultados de 9.

  • PARROQUIA

    Parroquia baixo a advocación de santa María que dá nome ao concello de Monterrei, onde se atopa a capital municipal, no lugar homónimo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Concello da comarca de Verín, situado na provincia de Ourense no S da Comunidade Autónoma de Galicia, a 41° 56’ 20” de latitude N e a 7° 27’ 20” de lonxitude O, a 180 km de Santiago e a 69 km de Ourense. Limita ao N cos concellos de Cualedro, Laza e Castrelo do Val (comarca de Verín), ao L cos de Castrelo do Val e Verín (comarca de Verín), ao S con Oímbra (comarca de Verín) e Portugal e ao O co de Cualedro (comarca de Verín). Abrangue unha superficie de 119,1 km 2 cunha poboación de 3.084 h (2007), distribuídos nas parroquias de Albarellos, Estevesiños, Flariz, Infesta, A Madanela, Medeiros, Monterrei, Rebordondo, San Cristovo, Vences e Vilaza. A capital está no lugar de Monterrei, na parroquia homónima. Está adscrito á diocese de Ourense e ao partido xudicial de Verín.
    Xeografía física
    O territorio de Monterrei está basculado de L a O, pois é a transición entre o fondo da depresión de Verín e as serras que serven de divisoria coa depresión da Limia....

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Arciprestado da diocese de Ourense, que comprende os concellos de Monterrei e Oímbra. Conta cun total de 10 parroquias matrices e 5 anexas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Denominación de Orixe creada pola Orde de 25 de novembro de 1994 da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes e ratificada pola Orde do 19 de xaneiro de 1996 do ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación (1996). A zona amparada para a produción deste viño atópase ao sur da provincia de Ourense, constituída polas subzonas do val de Monterrei e a ladeira de Monterrei. As variedades de uva permitidas polo consello regulador son, como variedades preferentes para as brancas, o godello, a dona branca e a treixadura, e para as tintas a mencía e o bastardo; e como complementarias nos brancos as vides de palomino, e nos tintos as denominadas gran negro e Alicante ou garnacha tintoreira.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Primeiro obradoiro tipográfico que existiu en Galicia, que editou o Misal Auriense (1494, Rodrigo de la Pasera e Juan de Porras), primeira obra que se imprimiu alí. Cando faltou o apoio do conde de Monterrei os impresores marcharon, aínda que en 1496 se instalou outro obradoiro, o de Juan Gherlinc, impresor do Manual Bracarense. Aínda que non existe certeza absoluta, parece que tamén saíu desta imprenta a Relación de reliquias da Catedral de Santiago de Compostela (1495, Rodrigo de la Pasera) e a Bula de indulxencias aos confrades do Santísimo Cristo da Catedral de Ourense. Inocencio VIII. Roma, 20 de abril de 1487 (1496, Juan Gherlinc).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Construción situada en Monterrei. Ao igual que ocorreu coas terras de Monterrei, mantívose inicialmente baixo o señorío do mosteiro de San Salvador de Celanova. Adscrito á coroa desde o s XIV ata mediados do s XV, coa fundación do Condado de Monterrei (1474), pasou a mans desta familia. A súa situación, no alto dun outeiro, conferiulle unha grande importancia como enclave militar. O complexo estaba rodeado por un triplo recinto defensivo composto por unha muralla, unha contramuralla e un murallón. No primeiro recinto atopábanse a ermida, o castelo (finais do s XV), do que destaca a galería renacentista e as torres: a de homenaxe, con base cadrada e coroada por unha cornixa sostida por ménsulas, a torre das Damas (s XIV), de proporcións máis reducidas e contigua ao castelo, e á torre de Don Sancho (1482), a máis pequena das tres. Destaca a galería renacentista do castelo. A igrexa debeu ser construída a mediados do s XIV, en estilo gótico. Consta de nave única e ábsida rectangular e no seu...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antiga construción situada en Monterrei. Ergueuse en 1555, posiblemente con traza renacentista e durante a segunda metade do s XVI chegou a ser un forte rival da Universidade de Santiago de Compostela.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Título nobiliario concedido polos Reis Católicos a Sancho Sánchez de Ulloa y de Monterroso en 1474, quen construíu a torre de Don Sancho no castelo de Monterrei. A II condesa de Monterrei foi Francisca de Zúñiga Ulloa, que llo deixou en herdanza ao seu fillo Alonso de Acevedo, III conde de Monterrei. Destacaron o IV conde, Xerome de Acevedo, nomeado embaixador de Filipe II no Concilio de Trento (1561) e o V conde, Gaspar de Acevedo, que apoiou a Filipe II na invasión de Portugal e participou na defensa da Coruña contra Francis Drake, ademais de ser vicerrei de Nueva España (1595-1603) e de Perú (1603-1606). A partir da VIII condesa de Monterrei, Catarina de Haro Guzmán, o condado converteuse nunha rama do ducado de Alba, ao casar a condesa cun dos membros da mesma, Francisco Álvarez de Toledo. O título osténtao María del Rosario Cayetana Fitz-James Stuart y Silva.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Juan Domingo de Zúñiga-Fonseca.

    VER O DETALLE DO TERMO