"Monterroso" (Contén)
Mostrando 7 resultados de 7.
-
GALICIA
Pintora. A súa produción centrouse na paisaxe. Recollidos os bosquexos do natural, realiza as obras no estudio, plasmando unhas paisaxes reconstruídas nas que perdura unha visión relacionada cos seus recordos persoais, como os recunchos da cidade vella coruñesa onde naceu. Empregou a realidade como desculpa para amosar unha linguaxe centrada no estudo da luz e das texturas transparentes. Cunha pincelada miúda e con trazos rápidos, empregou as gamas frías de azuis, grises e brancos equilibrados con lixeiros toques cálidos. Captou as atmosferas espaciais a través de humidade ambiental dos ceos nubrados e do estudo da auga. Entre outras obras, destacan Betanzos: Muíños de Caraña (1992), Ría de Cedeira (1996), Varadoiro do peirao I (1997), Varadoiro do peirao II (1999) e Lorbé (1999). Nas paisaxes urbanas suxeriu os espacios a través dos xogos de luz, neste caso claroscuros potenciados polas arquitecturas dos recunchos dos centros históricos, entre...
VER O DETALLE DO TERMO -
MONTES
Monte situado na parroquia de Avión, no concello homónimo. O seu cumio acada os 608 m de altitude.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Concello da comarca da Ulloa, no centro da Comunidade Autónoma de Galicia, situado a 42° 47’ 00” de latitude N e 7° 50’ 00” O. Límita ao N con Palas de Rei (comarca da Ulloa) e Guntín (comarca de Lugo), ao L con Guntín e Portomarín (comarca de Lugo) e Taboada (comarca de Chantada), ao S con Taboada (comarca de Chantada), e ao O cos de Antas de Ulla e Palas de Rei (comarca da Ulloa). Abrangue unha superficie 114,6 km 2 c unha poboación de 4.121 h (2007), distribuídos nas parroquias de Arada, Bidouredo, O Bispo, Cumbraos, Esporiz, Fente, Os Ferreiros, Frameán, Fufín, Lavandelo, Leborei, Ligonde, Lodoso, Marzán, Milleirós, Novelúa, Pedraza, Penas, Pol, Salgueiros, San Breixo, Satrexas, Sirgal, Sucastro, Tarrío, Valboa, Vilanova e Viloíde. A súa capital está na vila de Monterroso, na parroquia de Esporiz, que dista 83 km de Santiago de Compostela e 41 km de Lugo. Está adscrito á provincia de Lugo, á diocese de Lugo e ao partido xudicial de Chantada.
VER O DETALLE DO TERMO
Xeografía física... -
VER O DETALLE DO TERMO
Arciprestado da diocese de Lugo, que comprende os concellos de Antas de Ulla e Monterroso. Conta cun total de 23 parroquias matrices e 23 anexas.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Liñaxe que trae un escudo cuartelado: primeiro e cuarto cuarteis, de azul, con trece besantes de ouro, colocados en tres paus de catro, cinco e catro; segundo e terceiro, de prata, con nove panelas de goles en tres paus de tres; bordo de goles, cargado de oito besantes de prata, cargados con cadansúa banda de sable. Outra variante leva, en campo de azul, un león rampante de prata, adestrado dunha espada do mesmo.
-
GALICIA
Investigador e escritor. Foi membro fundador da Asociación de Escritores en Lingua Galega, da Asociación Galega da Lingua, director de O Facho e presidente da Asociación Cultural O Facho. Dedicouse á onomástica e á xenealoxía, centrada esta nas familias galegas que, desde o s XVIII, crearon estirpes en Río de la Plata. Publicou os libros Cara ao lonxe, noite adiante (1973), Galegos e galeguismo (1979), Nau enfeitizada (1979), Apelidos galegos (1990), O tema da emigración no Castelao gráfico (1987, Premio Xesús Canabal Fuentes) e Aquela luz (1997), e participou na edición de Obra política de Ramón Villar Ponte (1991), en colaboración con Justo G. Beramendi.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor. Exiliado en México (1944), en pouco tempo obtivo o recoñecemento literario. Foi o máximo expoñente do grupo da revista Acento, de moda na década de 1950. A súa obra mostraba con ironía e cunha linguaxe clara a confrontación permanente do home cos seus sentimentos. Publicou narrativa, da que destacan La oveja negra y demás fábulas (1969), Movimiento perpetuo (1972), Lo demás es silencio (1978) e La letra e. Fragmentos de un diario (1987), e o libro de entrevistas Viaje al centro de la fábula (1992). Recibiu o Premio Juan Rulfo (1997), o Premio Nacional de Literatura de Guatemala (1997) e o Premio Príncipe de Asturias de las Letras (2000).
VER O DETALLE DO TERMO