"Mos" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 604.

  • Forma sufixada de orixe grega que se emprega na composición de palabras co significado de ‘mundo’.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Novela mourisca, aínda sen tradución ao galego, escrita cara ao 1551 e publicada en 1565. Narra a historia de amor de Jarifa e Abindarráez e o seu casamento en segredo. Este tema aparece nos chamados Romances fronterizos e nas obras de diversos autores como Antonio de Villegas, Jorge de Montemor, Juan Timoneda e Lope de Vega, quen o aproveita en La Dorotea e en El remedio en la desdicha.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político nixeriano. Famoso home de negocios, foi membro do Partido Nacional de Nixeria. Despois de abandonar este movemento ingresou no Partido Socialdemócrata e foi candidato ás eleccións pesidenciais do 12 de xuño de 1993 por esta formación. Gañou as eleccións, pero o proceso foi anulado polos militares e fuxiu do país. En outubro dese ano volveu ao país e foi encarcerado. En 1996 a súa dona, que encabezaba a loita pola súa liberación, foi asasinada por un grupo paramilitar. Abiola finou en 1998 dun ataque ao corazón na prisión de Abuja.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Mosteiro da parroquia de Aciveiro, Forcarei, pertencente á orde cisterciense. Foi fundado no ano 1135 co patrocinio de Afonso VII, que lle asignou a xurisdición dun enorme couto que manterá ata a desamortización de 1835. A extensión dos seus dominios durante toda a Idade Media abranguía o Candán, Acebeiro, Deza, Trasdeza, Tabeirós, etc, chegando ata os límites dos mosteiros de Melón e Oseira. A grande acumulación de bens que acada nos ss XIII-XIV converteuno nun dos máis importantes da Galicia medieval, pero a partir da centuria seguinte caerá baixo o control da casa de Ulloa, primeiro, e logo da de Altamira. Só a partir da reforma do Císter comezará de novo a recuperar o control económico ata o proceso desamortizador. Na actualidade consérvase a igrexa conventual, bo reflexo da sobriedade ornamental que caracteriza a arquitectura cisterciense. Cunha planta basilical de tres naves e tres ábsidas na cabeceira, interesa subliñar a presenza dun falso triforio ou galería, pouco empregado nas...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Formación de sementes sen fecundación previa.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que sente agarimo ou expresa agarimo.

    2. Que protexe ou ampara.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Silicato de chumbo, PbSiO3. É un mineral fibroso, incoloro e de dureza media.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Polipéptido de peso molecular elevado, produto da hidrólise incompleta de proteínas, como a peptina, que non coagula coa calor, incluso en medio acedo, pero que precipita en solución saturada de sulfato de amonio ou de magnesio. Un tipo especial de albumosa é a denominada proteína de Bence-Jones.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Asociación fundada no 1934 nos EE UU (Alcoholics Anonymous) co obxectivo de combater o alcoholismo e acadar a curación e rehabilitación dos alcohólicos. O seu método insiste na recuperación da persoa baseándose na axuda mutua a través das terapias de grupo, nas que os enfermos explican as súas experiencias e pasan a integrar un novo círculo social. Este círculo axúdaos a recoñecerse e afastarse das condutas que os levaron a caer na enfermidade.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Educador e filósofo norteamericano. Reformador pedagóxico, de tendencia mística e socialista que tentou a renovación da educación dentro do ambiente puritano de Boston e iniciou unha escola inspirada nas teorías de Pestalozzi (1828-1830). É autor de Emerson (1888).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Gran mosaico dos ss II ou I a C, atopado en Pompeia na Casa do Fauno. Representa unha batalla de Alexandre contra o exército persa de Darío o Grande, moi probablemente copia dunha pintura helenística perdida. Un dos mellores exemplares dos mosaicos antigos. Consérvase no Museo Nacional de Nápoles.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Historiador e investigador. Catedrático de Prehistoria e Etnoloxía da Facultade de Filosofía e Letras, logo da de Xeografía e Historia, da Universidade de Santiago de Compostela. Ademais dos seus estudios sobre prehistoria e protohistoria, investigou unha ampla diversidade de temas, acadando sona de erudito en moitas disciplinas, dende a historia das relixións ata a etnoloxía. Froito destas investigacións son os seus escritos Realidad y leyenda de las amazonas (1967) ou Esperando a los bárbaros (1972). Unha constante na súa obra foi o intento de comprensión da prehistoria dende unha perspectiva sociolóxica, situándose na tradición que Gordon Childe e Leroi-Gourhan principiaran. As súas obras máis influentes foron Sociología Prehistórica y Protohistórica (1961) e Nueva Sociología de la Prehistoria (1976). Realizou diversos traballos sobre a cultura galega e de investigación arqueolóxica en diversos lugares de Galicia, dirixindo as escavacións do castro...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Relixioso franciscano que viaxou a Terra Santa, onde foi Viceprocurador dos Santos Lugares. No 1929 publicou Misiones franciscanas de Oriente (Tierra Santa).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Nos anos vinte, publicou no semanario Heraldo Guardés a novela Alma Galaica.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • DEPARTAMENTOS

    Departamento da rexión administrativa de Provenza-Alpes-Costa Azul, Francia (4.299 km2; 1.012.168 h [estim 1995]). A capital é Niza.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político. Pertenceu á Comisión dos 16, encargada da redacción do Anteproxecto do Estatuto de Autonomía de Galicia de 1981. Vencellado á Unión de Centro Democrático. Estivo presente na xuntanza o 10 de xaneiro de 1979 en Santiago no Pazo de Raxoi.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Profeta menor. Profetizou o Reino de Israel en tempos de Xeroboam II. O seu misterio desenvolveuse no santuario de Bet-El. Atacou duramente o sincretismo relixioso e o formalismo do culto. É o autor do libro de Amós.

    VER O DETALLE DO TERMO