"Mull" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 39.

  • Que posúe ou manifesta as características físicas e psíquicas que se atribúen tradicionalmente a unha muller.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Organización feminista constituída en 1977 a partir da Federación de Organizacións Feministas (FOF) e formada por militantes e simpatizantes do Partido del Trabajo de España (PTE). Defendeu unha práctica máis ligada ás reformas sobre a situación existente ca a un cuestionamento de fondo da estrutura patriarcal da sociedade. Disolveuse en 1979.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xurdiu en 1976 a partir dunha xuntanza celebrada en Santiago de Compostela no contexto da mobilización que se produciu en todo o Estado despois da celebración das Xornadas Catalanas da Muller (maio de 1976), que representaron un punto de partida para a eclosión do movemento feminista. A confluencia de mulleres independentes e outras organizadas en partidos de esquerdas como o Movemento Comunista de Galicia (MCG) e a Liga Comunista Revolucionaria (LCR), convocaron as primeiras asembleas. Así a AGM foise conformando como unha organización feminista, unitaria e moi combativa na denuncia da situación das mulleres, chegando a ter presenza en Lugo, Ferrol, A Coruña, Santiago de Compostela, Vilagarcía de Arousa, Ourense, Pontevedra, Vigo, e outras localidades galegas. Ao longo de 1977 e 1978, período de intensa actividade e manifestacións contra o proxecto de lei de divorcio presentado polo goberno da Unión de Centro Democrático (UCD), contra as violacións, polo dereito ao aborto e outras reivindicacións,...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ILLAS

    Illa do grupo de Inner Hébridas, separada da costa de Escocia polo Sound of Mull e o Firth of Lorn (910 km2; 2.605 h [1981]). A poboación concéntrase principalmente en Tobermory.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Tipo de humus formado en condicións de aerobiose, que se caracteriza pola presenza dun complexo arxilo-humífero, pola ausencia dun A 0 e por unha transformación biolóxica forte, en gran parte producida por miñocas de terra.

    2. Tipo de humus saturado de calcio e de magnesio, cun A 1 moi groso e cunha incorporación moi intensa de materia orgánica.

    3. Tipo de humus, típico dos bosques caducifolios, que non é tan groso e que ten un pH ácido.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Título honorífico que se aplica aos eruditos no Islam, entre os que se atopan os mestres relixiosos, xuristas e xefes de escola.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • DISTRITOS

    Distrito de Sri Lanka (2.617 km2; 88.000 h [estim 1987]). A súa capital é Mullaittivu (7.192 h [2001]).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Actor, realizador e guionista cinematográfico escocés. Despois de dirixir diversas curtametraxes e participar nalgunhas representacións teatrais da compañía Wildcat Theatre, estreouse na gran pantalla da man de David Leland en Crossing the Line (1991). Posteriormente, elaborou o guión e protagonizou Orphans (1997) e The Magdalena Sisters (2002, Leone d oro da Mostra de Venecia). Como actor tamén participou en Trainspotting (1995), Braveheart (1995), My nome is Joe (1998, Palme d or no Festival de Cannes) e Young Adam (2003).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Relixioso e filósofo. Foi auditor do Tribunal de la Rota e capelán de honra do rei. Escribiu El Templo del Pilar. Visicitudes por que ha pasado hasta nuestros días (1872), Vida de San Isidro Labrador patrón de la Villa y Corte de Madrid (1891) e Biografía de Su Santidad el Papa León XIII.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Individuo da especie humana de sexo feminino.

      2. Persoa adulta de sexo feminino.

      3. Persoa do sexo feminino que se considera como posuidora de calidades e defectos que se supoñen propios do seu sexo.

      4. Persoa do sexo feminino que se considera formando parte dun grupo de persoas.

      1. Compañeira dun home.

      2. Dona, con relación ao marido, dentro do matrimonio civil ou canónico.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Economista. Contrario aos postulados da escola clásica, negou a existencia de leis económicas de comportamento xeral. Das súas obras destacan Die Elemente der Staatskunst (Os elementos da política, 1809) e Versuch einer neuen Theorie des Geldes (Ensaio sobre unha nova teoría do diñeiro, 1816)

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Físico alemán, naturalizado estadounidense. Estudou os fenómenos superficiais dos sólidos e as descargas gasosas. En 1937 inventou o microscopio electrónico de emisión de campo e, máis tarde, o de campo iónico (1951).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta e pintor alemán. Influído polo Sturm und Drang, adoptou un estilo popularista e natural nas súas obras. Escribiu idilios, como Die Schafschur (A rapa, 1755) e obras teatrais como Faust, Golo und Genoveva e Niobe.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Naturalista alemán. Escribiu artigos en defensa das doutrinas de Darwin e a idea de que a ontoxenia é unha recapitulación da filoxénese.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Psicólogo alemán. Director do centro de investigacións psicolóxicas da Universidade de Göttingen (1881-1921), foi un dos fundadores da psicoloxía experimental e traballou nos campos da psicofísica, a percepción visual, a aprendizaxe e a memoria.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Dramaturgo alemán. As súas primeiras obras crearon unha forte controversia na antiga República Democrática Alemana pola crítica que se facía ao socialismo deste país. Realizou os espectáculos Die Korrektur (A corrección, 1958), Philoktet (1966), Ödipus Tyrann (1967) e Macbeth (1972), en que elabora mitos e obras clásicas para analizar a súa problemática no contexto actual. Escribiu tamén Die Wolokolamsker Chausee I-V (A estrada dos coches, 1984-1987).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Biólogo. Estudou na Columbia University, onde obtivo o doutorado en 1916 sobre o entrecruzamento xenético. Contribuíu á localización cromosómica de moitos xenes e foi un dos creadores da xenética moderna. Demostrou que a irradiación con raios X aumenta a taxa de mutacións nos organismos, o que serviu para apoiar que as mutacións, xunto coa selección natural, son as bases da evolución. En 1946 recibiu o Premio Nobel de Medicina e Fisioloxía, polos seus estudos sobre mutacións inducidas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Astrónomo e matemático alemán. Coñecido como Regiomontanus, completou a tradución para o latín do Almaxesto, iniciada por Peurbac, que defendeu a inmobilidade da Terra. Observou en 1472 a pasaxe do cometa Halley e en 1475 chamouno o papa Sixto IV para que colaborase na reforma do calendario.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Fisiólogo alemán. Investigou sobre a fisioloxía do sistema nervioso, os órganos dos sentidos, a actividade secretora e a anatomía comparada. Un dos seus principais descubrimentos foi que cada órgano do sentido responde a diferentes tipos de estímulo dunha forma particular. Das súas obras destacan Zur vergleichenden Physiologie des Gesichtssinnes (1826) e Handbuch der Physiologie des Menschen für Vorlesungen, que publicou en dous volumes entre 1834 e 1840.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Historiador suízo. Napoleón I Bonaparte nomeouno secretario de Estado do Reino de Westfalia. A súa obra máis importante foi Geschichten Schweizerischer Eidgenossenschaft (Historias da Confederación Helvética, 1780-1808).

    VER O DETALLE DO TERMO