"Nacións Unidas" (Contén)
Mostrando 14 resultados de 14.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Organismo creado en 1951 pola Asemblea Xeral das Nacións Unidas para asegurar a axuda material e a protección aos refuxiados e desprazados por mor dos conflitos bélicos e políticos. Ten a súa sede en Xenebra. No 1954 e no 1981 foille concedido o Premio Nobel da Paz.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Conferencia internacional, coñecida como Cumio da Terra, realizada en Rio de Janeiro en xuño de 1992 co obxectivo de atopar un equilibrio entre o crecemento económico e demográfico e o respecto ao medio ambiente. Entre outros acordos, aprobouse a convención sobre a diversidade biolóxica (biodiversidade), que entrou en vigor en 1994 e que insta aos estados a preservar as áreas e as especies con interese ecolóxico, e a convención sobre o cambio climático, para o que os estados deben reducir a emisión de dióxido de carbono, entre outros gases, para non provocar cambios climáticos na Terra (obxectivos fixados para o ano 2000). Firmáronse tamén as normas do Programa 21, a Declaración de Rio sobre Medio Ambiente e Desenvolvemento, onde se definen os dereitos e responsabilidades das nacións para o progreso da humanidade, e unha Declaración de Principios. Tamén se estableceron uns períodos extraordinarios de sesións, para os anos 1997 (Cumio da Terra +5) e 2002 (Cumio da Terra +10), para...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Organismo internacional creado polas Nacións Unidas en 1964, que se ocupa das cuestións relacionadas co comercio internacional e das relacións económicas entre países desenvolvidos e subdesenvolvidos. Reúnese normalmente cada catro anos, desde a primeira, celebrada en Xenebra en 1964, ata a décima, en Bangkok en febreiro do 2000. A UNCTAD edita numerosas publicacións como Bulletin e Trade and Development Report.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Organismo da ONU creado en 1946 coa misión de garantir a paz e a seguridade internacionais. En casos de agresión ou violación da paz, o capítulo VII da Carta das Nacións Unidas recoñécelle o dereito de aplicar accións coactivas, que se poden concretar en sancións de carácter económico ou medidas militares. Formado por quince membros, as súas decisións sobre cuestións importantes poden ser vetadas polo voto negativo dalgún dos cinco membros permanentes: China, EE UU, Francia, Reino Unido e Rusia. Os outros dez membros elíxeos a Asemblea Xeral para períodos de dous anos e repártense segundo criterios xeográficos: correspóndenlle cinco a Asia, África e Oriente Próximo, dous aos países occidentais, dous a Latinoamérica e un a Europa oriental.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Organismo da ONU que se ocupa dos aspectos económicos e sociais da cooperación internacional. Ten por obxectivo elevar o nivel de vida e buscar o respecto universal dos dereitos do home e das súas liberdades fundamentais. Composto por 54 membros dende o ano 1971, actúa como órgano de coordinación entre a ONU e as axencias especializadas, relaciónase con outros órganos da ONU, participa na elección dos seus membros e colabora en diversos proxectos. Formado por varios órganos subsidiarios, inclúe entre os seus mecanismos de traballo os comités permanentes, as comisións rexionais e as comisións técnicas ou funcionais. Os comités permanentes son: Programa e Coordinación, Asentamentos Humanos, Organizacións Non Gobernamentais e Normas Internacionais de Contabilidade e Presentación de Informes. As comisións económicas e rexionais dedícanse ao fortalecemento das relacións económicas e ao estudo dos problemas económicos e tecnolóxicos de cada rexión. A Comisión Económica e Social para Asia e o...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Organización internacional fundada en Roma en 1974 durante o desenvolvemento da Conferencia Mundial de Alimentación. Fórmana 36 membros da ONU e analiza a situación alimentaria mundial, ao tempo que exerce a súa influencia sobre os gobernos e a ONU. A súa sede está en Roma.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Organización das Nacións Unidas.
-
Oficina de Socorros e Traballo das Nacións Unidas para os Refuxiados de Palestina no Próximo OrienteVER O DETALLE DO TERMO
Organismo internacional creado pola Organización das Nacións Unidas en 1949 coa finalidade de axudar os refuxiados vítimas do conflito árabe-israelí de 1948. Con sede en ’Ammān e Gaza, estendeu a súa acción a Xordania, Líbano, Siria e aos territorios ocupados de Cisxordania e Gaza.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Organización internacional, con sede en Nova York, creada para manter a paz, promover a cooperación económica, cultural, social e humanitaria e garantir a seguridade dos estados ante a base dos principios de igualdade e de autodeterminación, e velar polo respecto dos dereitos humanos. Os seus membros comprometéronse a resolver os problemas internacionais a través de medios pacíficos e a non utilizar a ameaza nin o uso da forza. Sucesora da Sociedade de Nacións, os primeiros pasos cara á súa creación foron a Conferencia de Dumbarton Oaks (1944) e a Conferencia de Yalta (1945). O 25 de abril de 1945 cincuenta e un estados reuníronse en San Francisco onde elaboraron e asinaron, o 26 de xuño, a Carta de Nacións Unidas, tratado fundacional onde se establecen os principios básicos das relacións internacionais nos que se basea a organización; en 2004 contaba con 191 estados membros. En 1956, polo conflito do canal de Suez, creouse un exército propio con funcións de interposición e protección dos...
-
VER O DETALLE DO TERMO
UNESCO.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Institución especializada da Organización das Nacións Unidas, creada en 1966 e con sede en Viena, que vela polo fomento do desenvolvemento industrial nos estados subdesenvolvidos. Actúa tecnicamente e procura conseguir financiamentos de tipo internacional ou privado.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Programa promovido polas Nacións Unidas desde 1965 para mellorar as condicións de vida do ser humano, tanto no relativo ao medio natural como ao medio humano. Desde 1990 publica anualmente o Informe sobre o Desenvolvemento Humano que clasifica os países segundo o Índice de Desenvolvemento Humano (IDH). Ten a súa sede en Nova York.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Programa das Nacións Unidas xurdido da Conferencia de Estocolmo (1972) e creado coa finalidade de velar polo equilibrio ecolóxico dos océanos, a prevención da erosión dos solos, a mellora das augas e a calidade da vida rural e urbana. Ten a súa sede en Nairobi.