"Noche" (Contén)
Mostrando 8 resultados de 8.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Publicouse en Rianxo dende 1911 a 1914 o segundo e cuarto sábado de cada mes. Subtitulábase “Periódico independiente”. A partir de marzo de 1912 pasou a chamarse “Semanario liberal”. Xosé Barreiro foi o director desta publicación de tendencia liberal. Aínda que o periódico era o voceiro da Casa Varela, estaba baixo o control de Manuel Viturno e da familia Gasset. Abundaba máis o emprego do pseudónimo ca o do nome, así podemos ler firmas como Fanático, Vingador, Taravinoche, Chiflado, Avechucho e outras. Presentaba espacios como “Arañazos”, “De Padrón”, “Curiosidad de Buenas Noches” ou “Ecos de la semana”. Incluíu pequenas pezas de teatro, referencias a outras publicacións nacionais ou de emigración, así como poemas en galego. Levaba publicidade na última folla. Trátase dunha publicación que non tiña aspiracións políticas, pero no que se quería reflectir a obxectividade e a verdade dos temas tratados. Engordiño a publicación tornouse cada vez máis agresiva e localista. Dende o número...
-
CIDADES
Cidade do ken de Aomori, illa de Honshū, Xapón (242.979 h [1997]). Situada ao N da illa, no Océano Pacífico, é un dos principais portos pesqueiros de Xapón e un gran centro industrial.
VER O DETALLE DO TERMO -
PARROQUIA
Parroquia do concello de Vilalba baixo a advocación de san Martiño.
VER O DETALLE DO TERMO -
SEMANARIOS
Semanario editado en Vigo a partir de xullo de 1915. Nos seus artigos incluíu información xeral da cidade olívica, así como do movemento agrario e da situación política en España. No apartado cultural, cómpre salientar os artigos sobre os Xogos Florais celebrados no teatro Tamberlick, patrocinados por Xoán Barcia Caballero, e a festa en honor da Virxe da Roca. No apartado gráfico, incluíu imaxes de Pacheco, Sarabia, Ksado ou Granada.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Xornal vespertino publicado en Santiago de Compostela a partir do 1 de febreiro de 1946. Subtitulado “Único diario de la tarde en Galicia”, substituíu a El Compostelano (30 de xaneiro de 1946), e continuou a súa numeración. Os dous pertenceron á Editorial Compostela, responsable de que El Correo Gallego e La Noche se fusionasen (1 de decembro de 1967). Un ano despois saíu coa cabeceira de El Correo Gallego (27 de decembro de 1968). Dirixido por José Goñi Aizpurua ata o 1 de marzo de 1960, Raimundo García Domínguez Borobó, José Vidal Iborra e Francisco Leal Ínsua, contou con algúns dos intelectuais máis destacados do momento como A. Fraguas, X. Filgueira Valverde, Couceiro Freijomil, Á. Cunqueiro, Bouza Brey, V. Risco, Varela Jácome, García Bodaño ou Méndez Ferrín. Entre outubro de 1949 e xaneiro de 1950 incluíu un suplemento semanal, titulado La Noche “Suplemento do Sábado”, de carácter literario e económico. Coordinado por F. Fernández del Riego e X. Isla Couto, que asinaron cos pseudónimos...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Liñaxe galega que trae como armas, en campo de azul, un león rampante de ouro, cunha bandeira de prata nas gadoupas, acompañado por unha aspa de goles con hasta de ouro.
-
VER O DETALLE DO TERMO
(Valparaíso 25.11.1915) Militar e político chileno. Estudou na academia militar de Santiago e, en 1973, o presidente S. Allende nomeouno comandante en xefe do exército. En setembro de 1973 dirixiu un golpe de estado que depuxo e matou a Allende e o converteu no xefe da xunta militar que gobernou Chile. Desde 1974 presidiu a república e exerceu con gran rigor os seus poderes ditatoriais (2.115 vítimas durante o seu mandato). As eleccións de decembro de 1989 obrigárono a ceder o cargo a Patricio Aylwin, se ben continuou como xefe supremo do exército. En 1998 abandonou a comandancia do exército e autoproclamouse senador vitalicio de Chile, co que se asegurou a inmunidade diplomática. En novembro dese mesmo ano o xuíz español B. Garzón ordenou a súa detención en Londres e a extradición a España como acusado pola desaparición de cidadáns españois durante a ditadura chilena. Reino Unido non apoiou a extradición e en Chile nomearon un xuíz para investigar as causas criminais...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Xénero de aves, da familia dos rinoquétidos, ao que pertence o kagú.