"Nois" (Contén)

Mostrando 13 resultados de 13.

  • PARROQUIA

    Parroquia do concello da Estrada baixo a advocación de san Xiao.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor suízo. Expresionista lírico, de pintura plana e feita de pinceladas sobre un arabesco de tipo construtivo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • č (Peterburg 1870 - París 1960) Pintor, crítico e historiador ruso da arte. Exerceu unha grande influencia como membro do grupo editor da revista de arte Mir Iskustva (1898-1904) e colaborou na decoración e vestiario de óperas e ballets, especialmente para Diaghilev. Para os Ballets Rusos de París deseñou, entre outros, os decorados de O pavillón de Armida, As sílfides e Petrushka. Trala Revolución Rusa (1917) foi nomeado conservador de pintura do Museo de L’Ermitage; en 1928 estableceuse en Francia. Escribiu Os tesouros da arte rusa (1901-1902), Historia da arte rusa do s XIX (1902) e Historia da pintura (1912-1917).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta e compositor neerlandés. Foi músico da corte dos duques de Borgoña. Compuxo gran número de motetes e chansons, xénero no que sobresaíu, e foi un mestre no rondeau e na bergerette.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Adaptación dos temas chineses con intencións decorativas, moi habitual na arte europea, sobre todo no s XVIII. O gusto chinés introducírono as compañías de Indias orientais que traían os produtos a Europa. Reducíanse a unha recreación occidentalizada de formas, temas e motivos decorativos orixinariamente chinos, sobre todo no campo das artes menores, como a porcelana de Delft e a tapicería dos Gobelinos, segundo os debuxos de Boucherm. Tamén se amosou na arquitectura, na construción de xardíns ingleses e pagodes, como a do parque de Nymphenburg e outras construcións como a casa do té en Postdam (1754-1757), o pavillón de Drottningholm en Suecia (1763-1769), e a Palazzina a Favorita en Palermo (1799). No eido da pintura estes motivos empregounos Watteau na serie de Figures chinoises et tartares (Figuras chinesas e tártaras, 1710?) e Boucher no libro Livre des Chinois (Libro dos chineses), que recollía os decorados para o ballet de Noverre Les Fêtes Chinoises.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • TERRITORIOS

    Territorio feudal francés, existente no s X, que estivo en poder dos Châtillon-Saint Pol ata que foi vendido ao duque Luís de Orléans e aos seus descendentes, os condes e duques de Longueville, que o converteron en ducado de Dunois en 1525.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de plantas anuais da familia das asteráceas. Presenta follas alternas, enteiras ou dentadas, talo herbáceo e flores en inflorescencias de capítulos densos de cor amarela. Está amplamente distribuída por zonas mediterráneas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Estado de EE UU situado no Medio Oeste (145.934 km2; 12.419.293 h [2000]). A súa capital é Springfield (111.454 h [2000]). Situado ao N das grandes chairas e ao S dos Grandes Lagos, o seu relevo é suave, tan só accidentado por depósitos morénicos. Divídese en dúas grandes concas hidrográficas: a do Mississippi e a do Wabash-Ohio. O clima é continental. A poboación concéntrase maioritariamente na aglomeración urbana de Chicago (9.157.540 h [2000]), case que as tres cuartas partes do estado. A principal actividade económica é a industria, localizada tamén ao redor de Chicago; o seu desenvolvemento, iniciado no s XIX, viuse favorecido pola presenza de carbón na conca de Illinois-           -Indiana, pola pronta construción dunha boa rede ferroviaria e polo intenso tráfico comercial a través do lago Michigan. Explorado polos franceses Marquette e Joilet (1673), foi cedido a Reino Unido polo Tratado de París (1763). Autónomo desde 1809, integrouse na Unión en 1818.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Foz baixo a advocación de san Xiao.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade do departamento de Seine-Saint-Denis, na rexión de Île-de-France, Francia, situada na beira esquerda do río Marne, ao NL de París (54.032 h [1990]). A súa economía baséase na fabricación de depuradoras de auga.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Facies do Estampiano Inferior, do que se considera unha subdivisión.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente ao Sannoisiano.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aminoácido moi estraño na Terra, descuberto por M. Zhao e J.L. Bada en sedimentos do límite K/T (Cretáceo-Terciario). A súa existencia apoia a hipótese da colisión dun cometa ou asteroide contra a Terra, cataclismo que puido ser o causante da extinción dos dinosauros hai uns 65 millóns de anos.

    VER O DETALLE DO TERMO