α-aminoisobutírico, ácido
α-aminoisobutírico, ácido
[QUÍM]
Aminoácido moi estraño na Terra, descuberto por M. Zhao e J.L. Bada en sedimentos do límite K/T (Cretáceo-Terciario). A súa existencia apoia a hipótese da colisión dun cometa ou asteroide contra a Terra, cataclismo que puido ser o causante da extinción dos dinosauros hai uns 65 millóns de anos.