"Ocampo" (Contén)
Mostrando 19 resultados de 19.
-
PERSOEIRO
Licenciada en Ciencias Biolóxicas é profesora de Ensino Medio. En colaboración con Xaquín Penas Patiño publicou As plantas (1987) e As plantas medicinais (1993), que constitúen un catálogo das plantas máis representativas do noso país. Forma parte da Sociedade Galega de Historia Natural.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Catedrático e xornalista. Pertenceu á Compañía de Xesús e foi director do seminario de Tui. Propietario e redactor, xunto con Manuel Lago González e Victoriano Paradís, do periódico La Integridad, afiliouse ao partido integrista. A súa militancia política levouno a se enfrontar co bispo Menéndez Conde e a renunciar á cátedra do seminario.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Apelido de orixe toponímica formado sobre a base léxica campo e mais a preposicion de (neste caso coa forma do, resultado da contracción co artigo masculino o), indicadora de lugar de procedencia, residencia ou nacemento do individuo a quen se lle aplicou na súa orixe. Documéntase no s XV: “Afonso do Campo” (doc ano 1442 en E. Duro Peña, El Monasterio de S. Pedro de Rocas y su colección documental, 1972, p 246). Tamén se grafa Do Campo.
-
PERSOEIRO
Matemático. Doutor pola Universidade de Santiago de Compostela en Matemáticas (1984), é catedrático dende 1992 no departamento de Teoría do Sinal e as Comunicacións. Rector, dende 1998, da Universidade de Vigo. En 1990 e 1995 foi profesor visitante da University of New Mexico. Foi nomeado secretario en Europa do International Science and Tecnology Educational Consortium (ISTEC), dende a súa constitución en 1990, e presidente da Fundación Empresa-Universidade de Galicia (FEUGA) dende 1998. Entre os seus logros no campo da transferencia tecnolóxica destaca o de acadar para a Universidade de Vigo a primeira rede telemática en cooperación con universidades de Latinoamérica. Entre as súas máis de 30 publicacións, cómpre salientar os libros: Intelligent Methods in Signal Processing and Communications (Métodos intelixentes no procesamento do sinal e comunicacións, 1997), Análisis Espectral (1997), Señales y Sistemas Discretos (1998) e Desarrollo y evaluación de un sistema de cineantropometría...
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Poeta. Publicou Do fondo da i-alma (1967).
-
GALICIA
Pintor e gravador. Discípulo de Carlos Puntis e Amalia Bernabé, trasladouse a Palma de Mallorca, onde abriu en 1978 un taller de gravado con Gonzalo Bieiro. Creou un taller de investigación de técnicas de pasta de papel e cartón pedra (1984), e fundou o colectivo Krea e o grupo de marionetas Rum-fum-bum, do que tamén foi director. Foi un dos creadores do colectivo Krea-2. Dirixiu o taller de gravado da Academia Fórum de Vigo e foi director artístico da galería Esgai Art de Palma de Mallorca (1991). Colaborou, entre outras publicacións, en Vagalume, Teima e Dorna, e na revista mallorquina Informar. Entre as súas obras destacan dous murais realizados en Vigo (1991) e a serie 7 ACUA. A súa obra está no Museo de Pontevedra e no Museo Municipal de Ourense. Realizou exposicións, individuais e colectivas, en Pontevedra, Lugo, Ourense, Vigo e Palma de Mallorca.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Xavier Puente Docampo.
-
GALICIA
Economista. Doutor en Ciencias Económicas pola Universidad Complutense de Madrid (1992). En 1960 trasladouse a Venezuela, onde foi nomeado asesor xeral do equipo de goberno da presidencia da República (1969-1974). Delegado ante a Oficina de Información Económica e Social das Nacións Unidas en dúas ocasións, foi membro da delegación do Parlamento Latinoamericano na Primeira Conferencia Mundial de Poboación celebrada en Bucarest (1974). Colaborou nos periódicos La Voz de Galicia, ABC, El Nacional, El Universal, Expansión e El País, no semanario El Español, e nas revistas Destino, Vida Gallega e Letras. Foi locutor de Radio Nacional de España, de Radio Nederland, en Holanda, e da BBC de Londres. Foi finalista do Premio Planeta coa novela A fuego lento (1958) e publicou ademais La novela futura (1958), Cuatro esquinas (1968), Mujeres únicas (1971) e La integración económica como alternativa inédita para América...
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Eminencia branca, alongada e semicircular que ocupa a parte externa do divertículo esfenoidal de cada un dos ventrículos laterais do cerebro. Tamén se denomina hipocampo maior ou punta de Ammón.
-
Parte posterior da punta occipital dos ventrículos laterais.
-
-
GALICIA
Empresario e político. Fundou, xunto cun socio francés, as empresas Factorías Vulcano-Enrique Lorenzo y Compañía e Sumnsa (Suministros Metalúrxicos Navais, SA), e promoveu outras como Aceros de Galicia, Conservas La Guía SA e Serrerías Vulcano. Foi conselleiro do comité executivo da Zona Franca, vogal da xunta de Obras do Porto, conselleiro do Banco de Vigo e censor de contas da compañía de Tranvías Eléctricos de Vigo. Presidiu o Aero Club de Vigo (1951-1981), foi vicepresidente da Cámara Oficial de Comercio, Industria e Navegación e presidente da Deputación de Pontevedra (1963-1967).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Liñaxe galega que trae por armas escudo axadrezado de quince pezas, oito de sinople e sete de ouro. Unha variante trae quince pezas, oito de ouro e sete de goles. Outra trae tamén, escudo axedrezado de quince pezas, oito de prata e sete de goles; bordura de ouro, cargada de oito aspas de goles.
-
PERSOEIRO
Escritora, irmá de Victoria Ocampo Aguirre. Caracterizouse por unha poesía clasicista e unha prosa chea de humor negro e fantasía. Escribiu os libros de poemas Espacios métricos (1942), Poemas de amor desesperado (1949) e Los Nombres (1953); os contos Viaje olvidado (1937), Y así sucesivamente (1987); contos infantís, como El cofre volante (1974); e relatos fantásticos, como Informe del cielo y del infierno (1970). Obtivo o Premio Nacional de Poesía de Arxentina (1953 e 1962).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritora, irmá de Silvina Ocampo Aguirre. Fundadora da revista Sur (1931), destacou por introducir as novas correntes literarias europeas e polos seus coidados ensaios. Das súas obras destacan De Francesca a Beatrice (1924), Virginia Woolf en su diario (1954) e Testimonios (1935-1957, en dez volumes). Obtivo o Premio Vaccaro (1965) polo seu labor en favor da cultura arxentina, e foi nomeada doutora honoris causa pola Harvard University (1967) e membro da Academia Argentina de Letras (1976).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Historiador. Desde 1539 foi cronista real de Carlos I. Escribiu Crónica general de España, en 5 volumes (1543-1553), que abranguía ata o s III a C.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Navegante de orixe galega. Estableceuse desde 1501 en La Española, actual Santo Domingo, e en 1508 Nicolás de Ovando, gobernador da illa, ordenoulle explorar as costas de Cuba e probablemente demostrou a súa insularidade. En 1512 trasladouse a Darién, onde fixo amizade con Vasco Núñez de Balboa, que o enviou como representante ante a Casa de Contratación de Sevilla; durante a travesía fixo escala en Cuba e axudou a Diego de Velázquez na conquista da illa.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Relixioso agostiño. Foi prior dos convetos de Estella e de Santiago de Compostela, reitor do Colegio de Teólogos de Valladolid e definidor xeral da súa orde. Publicou Oración fúnebre en las solemnísimas exequias que a la tierra y grata memoria del Ilmo. y Rmo. D. Bartolomé de Rajoy y Losada [...] (1772).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Liñaxe galega que trae como armas, en campo de ouro, unha torre, de sable, en chamas e acompañada de dúas roseiras, de sinople, cunha rosa de goles, cada unha, botoada de ouro; en punta, medio león rampante, de goles.
-
PERSOEIRO
Escritor e mestre. Autor especializado en literatura infantil e xuvenil, traballou como guionista para RNE e presidiu a Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil (GALIX). Publicou O misterio das badaladas (1986), en que introduce o elemento da intriga; Cun ollo aberto e outro sen cerrar (1986), unha serie de relatos; A chave das noces (1988), unha novela xuvenil en que trata o xénero negro; O armario novo de Rubén (1989), en que inclúe elementos humorísticos nun relato áxil; Roxelio e a couza (1991), en que inclúe dous relatos sobre animais dirixidos ao público infantil; O país durminte (1993), unha narración en que se mestura a fantasía e a épica; e Cando petan na porta pola noite (1994, Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil); e as novelas O pazo baleiro (1997), O home que inventou unha maneira de andar (1998)...
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Escritor e xornalista. Colaborador en diversas publicacións periódicas, como Diario de Pontevedra, Galicia Recreativa e El Ideal Gallego, escribiu a novela María, o libro de poemas Flores de espino (1900), o estudo La redención de foros (1907), e os dramas Luchar con el corazón (1884), El gran proyecto (1888), Pontevedra en el siglo XX (1891), Siluetas (1893), Palique (1901), Una noche en el infierno (1906) e Soledad (1908).
VER O DETALLE DO TERMO