"Olite" (Contén)
Mostrando 18 resultados de 18.
-
PERSOEIRO
Historiador bizantino. Preceptor do futuro Emperador Teodoro II Láscaris, do que foi tamén gran logoteta. Baixo Miguel VIII Paleólogo foi legado ao Concilio II de Lión (XIV ecuménico, 1274) para a unión das Igrexias. Autor de diversas obras poéticas e teolóxicas, coñécese sobre todo pola Crónica do Imperio Romano de Oriente.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Inflamación dun alvéolo dental.
-
Inflamación dos alvéolos pulmonares.
-
Síndrome clínica, tamén chamada pneumonite por hipersensibilidade, ocasionada por reaccións inmunolóxicas a nivel pulmonar a consecuencia da inhalación de diversos alergóxenos, en especial proteínas derivadas de animais e fungos. É unha enfermidade profesional de granxeiros, traballadores do malte, cultivadores de cogomelos e outros oficios, que pode ser aguda ou crónica.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
colanxite.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Bronquite aguda na que tamén están afectados os bronquiolos que, ao se obstruiren co exudado inflamatorio, obstaculizan o paso do aire cara aos alvéolos. Provoca dispnea intensa, e tose violenta e continua, a miúdo complicada con broncopneumonía.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Inflamación do colon. As colites divídense en agudas (infecciosas e medicamentosas) e crónicas (ulcerosa e granulomatosa). As colites agudas infecciosas poden estar ocasionadas por bacterias ou parasitos, por toxinas bacterianas ou por virus; as súas manifestacións clínicas son febre, dor abdominal e diarrea. As colites agudas medicamentosas, orixinadas pola administración de lincomicina, clindamicina, ampicilina ou tetraciclina, unicamente poden provocar unha diarrea leve ou unha diarrea pseudomembranosa máis grave. A colite ulcerosa é unha enfermidade inflamatoria crónica do colon e do recto que ocasiona úlceras na mucosa e na submucosa do intestino groso, e provoca diarrea sanguenta, dor abdominal, febre e perda de peso, e tamén complicacións sistémicas como artrite, hepatopatía, lesións oculares e cutáneas e dexeneración neoplástica. A colite granulomatosa é unha afección crónica do colon determinada pola enfermidade de Crohn ou enterite rexional...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Inflamación aguda ou crónica da mucosa intestinal, que lles afecta simultaneamente ao intestino delgado e ao groso. Cando o estómago tamén se ve afectado, recibe o nome de gastroenterocolite.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Encaixe que se fai á man cunha ou dúas lanzadeiras e un gancho.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Inflamación conxunta do estómago, o intestino delgado e o colon.
-
-
Relativo ou pertencente aos graptolites.
-
Fósil do grupo dos graptolites.
-
Grupo de organismos fósiles, mariños, de peridermo quitinoso que formaron colonias flotantes nas zonas neríticas. Atópanse do Cámbrico ao Carbonífero, onde se extinguiron totalmente, e son moi importantes para datar os estratos onde aparecen. Os primeiros graptolites que se atoparon en Galicia foron os de Puentes de Domingo Flórez, no límite das provincias de León e Ourense, en 1860. Dentro dos graptolites destacan os xéneros Diplograptus, Monograptis, Phyllograptus e Rastrites.
-
-
MUNICIPIOS
Municipio de Nafarroa, situado no val do río Cidacos (3.213 h [2001]). A economía do termo baséase na agricultura de regadío e na súa industria derivada. Fundada no s VII polos visigodos, Carlos III de Navarra o Nobre converteuna no seu lugar de residencia preferido e iniciou en 1406 a construción dun gran castelo-palacio. Do seu patrimonio cultural destaca, ademais do Palacio de los Reyes de Navarra, a igrexa románica de San Pedro (s XIII) e a gótica de Santa María la Real.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Que abarca moitas ciencias ou artes.
-
Áplícase ao centro de educación en que se ofrece ensino técnico superior.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Forma de relixión que recoñece diversas divindades, máis ou menos independentes, das que a miúdo só se venera unha. O panteón politeísta estrutúrase de xeito xerárquico e cada deus desempeña funcións diferentes. É controvertido saber en que forma relixiosa se orixinou e a súa relación co monoteísmo. Segundo Usener, os grandes deuses persoais deriváronse do polidemonismo; para Wilhelm Wundt, os mitos de deuses persoais presupoñen sempre a fe nos demos e as lendas de heroes fundadores. En contraposición está Wilhem Schmidt, que afirma que ao comezo está o monoteísmo e a revelación orixinal.
-
-
Relativo ou pertencente ao politeísmo.
-
Seguidor do politeísmo.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Multiplicidade anormal de mamilas nunha mesma mama.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Aplícase a un tipo de cromosoma xigante, presente sobre todo en glándulas salivares de larvas de insectos dípteros, coma os do xénero Drosophila.
-
VER O DETALLE DO TERMO
polietileno.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Poliolefina prefluorada derivada do tetrafluoroetileno. Trátase dun polímero granular, susceptible de moldeamento e extrusión, cun peso molecular medio de 5ò105 a 107. É un sólido con moi boas propiedades como illante eléctrico e co coeficiente de fricción máis baixo de todos os materiais sólidos coñecidos. É resistente a todos os axentes químicos, excepto aos metais alcalinos fundidos e ao flúor, e non é soluble en disolvente ningún. Ten unha extraordinaria estabilidade térmica. A pesar de ser considerado como termoplástico non ten, en sentido estrito, punto de fusión, feito polo que a súa utilización en procesos de fabricación require técnicas análogas á da pulverimetalurxia. As súas aplicacións derivan das propiedades eléctricas e da inercia química que ten. OBS: Comercialmente conécese como teflón.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Inflamación da mucosa do recto e do colon.