"Orce" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 45.

  • LOCALIDADES

    Localidade da vertente francesa dos Pireneos, no país de Béarn (Gascoña, departamento dos Pireneos Atlánticos), situada no val do río Aspe, no Camiño de Peregrinación a Santiago, na vía que, procedente de Toulouse, penetra en territorio español polo porto de Somport e segue cara a Jaca (Camiño Aragonés). Este treito do camiño aproveita a antiga calzada romana que unía o país de Béarn con Caesar Augusta (actual Zaragoza).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Calzado que chega máis arriba do nocelo, aberto por diante e axustado por medio de cordóns.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Número equivalente a dez máis catro.

    2. Que ocupa o lugar número catorce nunha serie. OBS: Nesta acepción adquire valor de ordinal e, polo tanto, equivale a décimo cuarto.

    3. Representación gráfica dese número. OBS: Na numeración arábiga represéntase por 14 e na romana por XIV.

    4. Cousa designada co número catorce.

    5. Décimo cuarta hora despois das doce da noite, isto é, as dúas do mediodía. OBS: Xeralmente vai precedido do artigo determinado as.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Data da proclamación da Segunda República española, despois do éxito republicano das eleccións municipais do 12 de abril de 1931. En Madrid a xornada foi intensa en negociacións diplomáticas, que remataron coa marcha do rei. Tiñan como obxectivo evitar actitudes de resistencia e conseguir un cambio de poderes sen violencia. O comité republicano converteuse en goberno provisional e estivo presidido por Niceto Alcalá Zamora. Nas principais vilas galegas, o pobo manifestouse portando a bandeira republicana e tomando os concellos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Data da festa nacional francesa. Instaurada en 1880 durante a Terceira República en memoria do día en que os cidadáns de París tomaron a Bastilla, feito que marcou o inicio da Revolución francesa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Propostas de paz, anunciadas o 8 de xaneiro de 1918 polo presidente dos EE UU Woodrow Wilson perante o Congreso. Tiñan como obxectivo establecer as bases dunha paz xusta e duradeira despois da Primeira Guerra Mundial. Sinteticamente, os catorce puntos pedían: a renuncia á diplomacia secreta mediante a firma de convenios abertos entre os países, que debían acadarse publicamente; a liberdade de navegación fóra das augas territoriais; a supresión das barreiras comerciais internacionais e o establecemento dun réxime de igualdade nas relacións comerciais das nacións defensoras da paz; unha redución do armamento ao mínimo necesario para a seguridade interior de cada estado; a solución das reivindicacións coloniais atendendo tamén á poboación colonial; a evacuación por parte de Alemaña do territorio ruso con garantía de autonomía; a restauración de Bélxica; a evacuación de Francia e a devolución da Alsacia e Lorena; o reaxuste da fronteira italiana seguindo liñas de nacionalidade claramente recoñecibles;...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Cada unha das catorce partes nas que se divide unha unidade.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que ocupa o número catorce nunha serie. OBS: Nesta acepción adquire valor de ordinal e, polo tanto, equivale a décimo cuarto.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político, matemático, filósofo e pedagogo francés, marqués de Condorcet. Xunto co seu mestre D’Alambert e con Voltaire, relacionouse con Turgot, quen lle facilitou o cargo de inspector xeral da moeda (1774-1776). Como economista, foi partidario do imposto progresivo. A súa hipótese sobre as decisións colectivas, coñecida como efecto Condorcet, e sobre a súa inconsistencia, aplicada ás votacións, recolleuna a moderna politicoloxía. En 1791 foi nomeado deputado pola asemblea lexislativa de París e asumiu a súa presidencia en 1792. Ese mesmo ano presentou o informe sobre Organisation générale de l’instrution publique (Organización xeral da instrución pública), que se converteu en horizonte da política educativa republicana e que acadou unha considerable resonancia en España, tanto no momento da aprobación da Constitución de 1812 como nas medidas subseguintes ditadas en 1813. Propugnou o control da natalidade, a elevación cultural da muller e a coeducación. Defendía que a...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Cabalo lixeiro de moita alzada que se empregaba nos torneos e batallas.

    2. Calquera tipo de cabalo.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Facer que algo deixe de estar torto.

    2. Desfacer a torsión de algo enrolándoo no sentido contrario ao da torsión.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. escordar.

    2. Retorcer a roupa mollada para lle quitar a auga.

    3. Prensar as uvas no lagar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Produción cinematográfica estadounidense realizada en 1951. Foi dirixida por Michael Curtiz e interpretada por William Holden, Nancy Olson, Frank Lovejoy e Gene Evans. Este filme, baseado nunha obra de Ernest Hemingway, presenta a historia de amor entre un tenente do exército e unha enfermeira durante a Segunda Guerra Mundial. A sinxeleza dos planos e a interpretación dos protagonistas é o máis destacado desta película.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Fundación sen ánimo de lucro creada a partir do Acuerdo Nacional de Formación Continua, entre a CEOE (Confederación Española de Organizaciones Empresariales), a CEPYME (Confederación Española de la Pequeña y Mediana Empresa) e os sindicatos CC OO, UGT e CIG, que se constituíu co apoio do Fondo Social Europeo en maio de 1993. Entre os seus obxetivos destaca a formación continua de profesionais de todos os sectores socioeconómicos, a xestión das axudas á formación continua e a realización do seu seguimento e control técnico. Os principais destinatarios dos seus planos de formación son as entidades de titularidade privada con persoal contratado e os profesionais por conta propia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Instrumento obstétrico apto para a asir a cabeza fetal, facerlle tracción e dirixilo, co fin de acelerar o parto cando o período expulsivo se prolonga e hai perigo de sufrimento fetal. Ideado en 1647 por Pierre Chamberlen (1601-1683), consta basicamente de dous brazos que se cruzan; en cada rama está a culler para suxeitar a cabeza do feto, o colo ou zona onde se articulan os dous brazos, e o mango.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Empregar a forza, física ou moral, para vencer algunha resistencia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acción de forcexar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • RIOS

    Río de Andalucía (116 km de lonxitude e 3.127 km2 de conca). Recolle as augas da depresión de Bobadilla e transpórtaas ata o Mediterráneo, poucos quilómetros ao S de Málaga.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CAPITAIS

    Capital do rrethi de Korçë, Albania (65.300 h [1990]). É unha das principais áreas produtoras de trigo do país, e o principal centro comercial e industrial do sur do país.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Rrethi de Albania (2.181 km2; 171.205 h [estim 1993]). A capital é Korçë.

    VER O DETALLE DO TERMO