"Oria" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 423.

  • Novela mourisca, aínda sen tradución ao galego, escrita cara ao 1551 e publicada en 1565. Narra a historia de amor de Jarifa e Abindarráez e o seu casamento en segredo. Este tema aparece nos chamados Romances fronterizos e nas obras de diversos autores como Antonio de Villegas, Jorge de Montemor, Juan Timoneda e Lope de Vega, quen o aproveita en La Dorotea e en El remedio en la desdicha.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Cargo ou oficina do abreviador.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Victoria Mérida.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Real Academia de la Historia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Indiferencia, calidade de adiáforo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Goberno xeral que reúne en forma de federación, de 1910 a 1958, os territorios franceses de Gabón, Congo Medio, Ubangi-Xari e Chad. A capital foi Brazzaville.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poetisa italiana. Deuse a coñecer no 1900 coa colección de poemas Leggenda eterna (Lenda eterna); posteriormente (1908) publica Nuove liriche (Nova lírica).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Aquilo que representa algunha cousa ou idea por semellanza suxestiva.

    2. Representación metafórica de ideas abstractas mediante figuras ou temas plásticos. As composicións alegóricas foron moi frecuentes na historia da arte. Na arte grega acadaron sona as de Apeles (s III a C); a pintura romana tómaa da grega. Na arte cristiá están inspiradas nas Sagradas Escrituras; no Románico e, sobre todo, a partir do Renacemento, atópanse centradas en ideas profanas e da mitoloxía clásica.

    3. Figura retórica que consiste en desenvolver unha imaxe ou sucesión de imaxes, de maneira que expresen á vez un sentido directo e outro figurado, ambos os dous completos. Na súa finalidade existe unha intención a miúdo didáctica ou moral. Foi frecuente na Biblia e na tradición grecolatina; recollida polo Cristianismo, desembocou na Idade Media nun sistema coherente de representacións que co Barroco adoptaron formas máis persoais. A miúdo confúndese con parábola e apólogo. Na Biblia, a súa interpretación deu lugar ao método alegórico de eséxese: consiste en dar a unha pasaxe da Escritura outro senso (o alegórico) distinto daquel expresado no texto (literal), cando menos segundo a interpretación do comentarista (a vide, por exemplo, estaría a significar o pobo de Deus).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Primeira etiqueta, da gama dos tintos, elaborada pola adega Cooperativa Vitivinícola do Ribeiro. É un viño lixeiro que se obtén da mestura de distintas variedades de uva autóctona da comarca: Caíño, Sousón, Ferrón e Mencía.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Editorial con sede en Madrid creada no 1965. Iniciou a súa actividade editorial coa colección “El libro de bolsillo”. Outras coleccións destacadas son “Alianza-Universidad” (1971), “Alianza-3” (1973), “Alianza-Forma” (1979) e “Alianza-Música” (1983). Representou un papel de primeira orde no anovamento do panorama cultural español e na súa conexión con Europa. No 1989 comprouna o grupo Anaya. A partir do ano 1999 foi adquirida, xunto co grupo Anaya, polo grupo editorial francés Havas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Calidade de alócoro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Licenciada en Filoloxía Hispánica, realizou a súa memoria de licenciatura en 1986 sobre a lingua de Rosalía de Castro. Ten publicados estudios de crítica literaria no Anuario de Estudios Literarios Galegos e en Grial. Participou nos volumes colectivos Carles Riba e Galicia (1993), Comentarios de textos populares e de masas (1994) ou Luís Seoane. Día das Letras Galegas (1994). Fixo tamén as edicións Rosalía de Castro para nenos (1988), O catecismo do labrego e outros textos en prosa (1992), de Valentín Lamas Carvajal e Entrevistas con E. Blanco-Amor (1994).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Coeficiente introducido polo farmacéutico alsaciano León Ambard que permite establecer unha relación entre a cantidade de urea no sangue dun paciente e a eliminada polos ouriños. O seu valor diagnóstico foi moi discutido.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Parte do carro que forma parte do eixo.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente á dinastía amoriana.

    2. Dinastía bizantina, chamada tamén frixia, que reinou entre os anos 820 e 867. Foron emperadores desta dinastía: Miguel II, Teófilo e Miguel III, que cedeu o paso á dinastía macedonia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Grupo de linguas amerindias de Sudamérica que inclúe a maioría das máis faladas que se conservan neste grupo, entre elas: o quechua, o guaraní e o aimará. Consta de catorce familias e algunhas linguas illadas. As familias máis importantes son: o arauco, o tupí, o quechua e o aimará.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Calidade de anemócoro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Anisometría entre a pupila dun ollo e a do outro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Fenómeno que consiste na simple indiferencia, real ou aparente, ante unha afección, en especial a parálise.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de plantas herbáceas da familia das poáceas. Existe unha especie perenne en Galicia, a A. agrostidea, que se atopa de forma común en lugares húmidos. Ocasionalmente é acuática e presenta follas flotantes.

    VER O DETALLE DO TERMO