"Oruro" (Contén)
Mostrando 15 resultados de 15.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Sal de amonio cuaternario, mestura de cloruros de alquilbencildimetilamonio de fórmula xeral [C6H5CH2N(CH3)2R]+ Cl- onde R é unha mestura de grupos alquilo de fórmulas entre C8H17 e C18H37. Emprégase como axente tensioactivo catiónico e, a grandes dilucións, como xermicida.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Designación non sistemática do ión hidroxenofluoruro HF- 2.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Composto binario de boro e un elemento menos electronegativo, xeralmente metais de transición. Os boruros adoitan obterse a partir da electrólise dos boratos fundidos; os metálicos teñen puntos de fusión moi elevados, unha dureza extraordinaria e condutividades eléctricas relativamente altas. Teñen aplicación como abrasivos, refractarios e emisores de electróns.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Substancia de estrutura similar á mepivacaína, que funde a 225°C. Emprégase en medicina como anestésico local. A súa potencia anestésica é catro veces superior á da lidocaína.
-
-
-
Combinación do cloro cun corpo composto ou simple distinto do osíxeno e do hidróxeno. Os cloruros obtéñense por acción do cloro ou do ácido clorhídrico sobre o metal ou o seu óxido. O cloruro de sodio -coñecido como sal común- úsase na alimentación, e o de potasio emprégase como fertilizante; os dous atópanse en estado natural. O cloruro de zinc é un desinfectante, o mercurioso un purgativo e o mercúrico un antiséptico. Os cloruros de metais preciosos utilízanse en fotografía.
-
cloruro de acilo/cloruro de ácido [R-CO-Cl]
Composto orgánico que se obtén pola acción dos derivados clorados do fósforo ou pola do cloruro de tionilo sobre un ácido orgánico.
-
cloruro de etilo [cloroetano: CH 3 CH 2 Cl]
Haluro de alquilo, gas obtido por acción do cloro sobre o etilo en presenza de HCl e luz. Emprégase como refrixerante, como solvente e como anestésico.
-
cloruro de metilo [clorometano: CH 3 Cl]
Gas facilmente licuable que se obtén pola acción do cloruro de hidróxeno sobre o metanol. Emprégase como propulsante para aerosois de alta presión, como pesticida, como anestésico e como refrixerante na polimerización do caucho.
-
cloruro de vinilo [cloroetileno: CH 2 =CHCl]
Haluro de alquenilo, gas de olor etéreo a temperatura ambiente que se obtén por haloxenación do etileno. Emprégase na industria dos plásticos para a obtención do policloruro de vinilo.
-
-
Anión Cl - que se pode considerar que deriva formalmente do ácido clorhídrico por perda do hidróxeno.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Composto binario de fluor con outros elementos metálicos ou non metálicos. Os fluoruros que se forman con elementos metálicos de número de oxidación inferior ou igual a 4 son de tipo salino; os de elementos non metálicos e os metálicos de valencia máis alta son xeralmente compostos volátiles. O fluoruro de calcio (CaF2) emprégase como fundente na metalurxia e na fundición do vidro, e tamén na obtención do ácido fluorhídrico. O fluoruro de hidróxeno (HF) é de especial importancia na metalurxia do uranio. O fluoruro de sodio (NaF) emprégase como insecticida, na preparación de esmaltes e funxicidas, como axente preservador de madeiras e tamén para fluorar a auga. Os hexafluoruros de uranio (UF6) e de plutonio (PuF6) constitúen unha posible vía de eliminación dos produtos de fisión e de recuperación do plutonio contido nos combustibles nucleares irradiados. Numerosos compostos fluorados binarios (ClF3, ClF5, OF2, N2F4)...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Alcaloide extraído do rizoma de Hydrastis canadensis, que presenta acción vasoconstrictora. Emprégase como hemostático uterino.
-
CAPITAIS
Capital do departamento homónimo, Bolivia, situada na beira do lago Poopó (202.010 h [2001]). Posúe industrias metalúrxicas, téxtiles, do calzado e da madeira.
VER O DETALLE DO TERMO -
DEPARTAMENTOS
Departamento de Bolivia (53.588 km2; 391.870 h [2001]). A súa capital é Oruro.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Glicósido que se atropa no xeranio escarlata e na dalia de cor vermella alaranxada. É o 3,5-di-D-glucósido da pelargonidina, na que se converte con facilidade por hidrólise en ácido líquido.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Materia termoplástica obtida por polimerización do cloruro de vinilideno (CH2=CCl2) ou do dicloroetileno (CHCL=CHCL), que se caracteriza pola súa resistencia á calor e a súa impermeabilidade ao vapor de auga.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Resina sintética que se obtén da polimerización do cloruro de vinilo. Emprégase moito porque é económico, fácil de fabricar, incombustible e resistente á humidade e aos axentes químicos. Obtense industrialmente por polimerización en suspensión do monómero, empregando como iniciador un peróxido orgánico. Emprégase na fabricación de tubos, materiais para a construción, etc, e ten como inconveniente nestas aplicacións a súa inestabilidade térmica e un elevado coeficiente de dilatación. En forma plastificada, na que carece de flexibilidade, aplícase na impermeabilización de tecidos, como illante eléctrico e na preparación de películas, láminas e escumas.
-
VER O DETALLE DO TERMO
poli(cloruro de vinilideno).
-
VER O DETALLE DO TERMO
Substancia que se presenta como pos amarelos, inodora, amarga, soluble en auga, pero pouco en alcohol. Emprégase como antimalárico e é coñecida tamén como atebrina e antimalarina.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Composto que contén catro átomos de cloro.