poli cloruro de vinilo

poli cloruro de vinilo
Nome científico: [PVC [-CH<sub> 2</sub> - CHCl-]<sub> n</sub> ]
s m [QUÍM/IND]

Resina sintética que se obtén da polimerización do cloruro de vinilo. Emprégase moito porque é económico, fácil de fabricar, incombustible e resistente á humidade e aos axentes químicos. Obtense industrialmente por polimerización en suspensión do monómero, empregando como iniciador un peróxido orgánico. Emprégase na fabricación de tubos, materiais para a construción, etc, e ten como inconveniente nestas aplicacións a súa inestabilidade térmica e un elevado coeficiente de dilatación. En forma plastificada, na que carece de flexibilidade, aplícase na impermeabilización de tecidos, como illante eléctrico e na preparación de películas, láminas e escumas.