poli tereftalato de etileno

poli tereftalato de etileno
Nome científico: [[-CH<sub> 2</sub> -CH<sub> 2</sub> -O-CO-C<sub> 6</sub> H<sub> 4</sub> -CO-O-]<sub> n</sub> ]
s m [QUÍM/IND]

Poliéster lineal que se obtén por policondensación do tereftalato de dimetilo co etilenglicol mediante unha reacción de transesterificación catalizada por sales, óxidos ou alcóxidos de diversos metais. O de peso molecular superior a 20.000 é unha substancia ríxida, incolora, con gran tendencia á cristalinidade. Presenta propiedades illantes eléctricas. Aplícase na fabricación de fibras téxtiles e na preparación de películas que se empregan como illantes eléctricos.