poli-

poli-

(< grπολύς ‘moitos’)

  1. pref

    Forma prefixada de orixe grega que se emprega na formación de palabras co significado de ‘moitos, varios’.

    Ex: poliartrite, policéfalo.

  2. pref [QUÍM]

    Prefixo que se emprega en química anteposto ao nome dun composto ou ión, para indicar a repetición deste un gran número de veces nunha estrutura de tipo polimérico.

  3. pref [QUÍM]

    Prefixo que se emprega en química anteposto a un nome ou afixo de clase funcional, que indica que un mesmo grupo funcional se repite dúas ou máis veces nunha mesma estrutura.