"PEME" (Contén)

Mostrando 7 resultados de 7.

      1. Froito da pementeira (Piper nigrum). A pementa negra é o froito con casca, que non está ben maduro e desecado, e a pementa branca, máis suave ca a negra, é o froito maduro, desecado e sen pericarpo.

      2. Especia picante que se elabora a partir deste froito, que se emprega como condimento ou para adubar carnes e derivados.

    1. Planta herbácea anual, de 20 a 80 cm de alto, de gusto agre, con follas lanceoladas agudas, flores de cor rosada ou branca verdosa, agrupadas en espigas delgadas e de froitos nucleares trígonos, negros e brillantes. Crece nas ribeiras ou en lugares moi húmidos.

    2. Cogomelo da orde das agaricais, de carpóforo moi pequeno, de 1 a 3 cm de ancho, semicircular, coa marxe lixeiramente encurvada e enteira. A cutícula, en seco, é pilosa, as laminiñas son desiguais, relativamente anchas, de cor ocre, algo máis claras ca o sombreiro, adnatas ou algo decorrentes. O pé é excéntrico ou lateral, máis curto ca o diámetro do sombreiro, adelgazado na base e máis claro ca o sombreiro e ca as láminas. Vive sobre pólas caídas ou cepas. A súa inxestión provoca sensación de asfixia.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Planta leñosa gabeadora ou rastreira, de ata 10 m de altura, de follas elípticas agudas e coriáceas, inflorescencias en espigas con flores hermafroditas de cor branca e froito en baga. É orixinaria da India, pero cultívase nas rexións tropicais asiáticas e na rexión amazónica de Brasil e Perú.

    2. Árbore perennifolia, dicoica, resinífera, de 6 a 8 m de altura, con copa redondeada, follas alternas, pinnaticompostas, con folíolos lineais, flores brancas hermafroditas ou unisexuais de pequeno tamaño e paniculadas, e froito rosado en drupa, semellante aos grans de pementa no tamaño e no gusto. Florece entre maio e xuño. É orixinaria do S de América (Chile e Perú). En Galicia cultívase como planta ornamental.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Planta herbácea anual, de talo erecto de entre 40 a 120 cm de altura, follas enteiras ovais ou lanceoladas, de cor verde intensa, que se alternan ao longo do talo; flores solitarias, pequenas, brancas e o froito, o pemento, en baga oca. Posúe numerosas raíces adventicias, que poden acadar ata 1 m de profundidade. Para desenvolverse ben necesitan solos lixeiros e con moita materia orgánica, boa luminosidade, drenaxe e un pH próximo ao neutro. É orixinaria de América tropical, e foi introducida en Europa no s XV, e no s XVI xa se cultivaba en España. En Galicia, case o 4% dos cultivos son hortícolas, e deles case 900 Ha son para o cultivo do pementeiro cunha produción dirixida ao autoconsumo e á comercialización. O cultivo do pementeiro en Galicia realízase con distintas variedades segundo as comarcas, como é o caso de Padrón, Arnoia, O Couto, etc.

      2. Terreo cultivado de pementos.

    1. Cogomelo co carpóforo en forma de funil, de cor branca ou crema, que pode chegar a medir 40 cm. Os exemplares vellos teñen a cutícula peluda e a marxe irregular, e os novos, enteira e moi encurvada. As láminas son desiguais, moi anchas, elásticas e de cor crema. O pé é moi curto, groso e algo adelgazado na base, da mesma cor ca o sombreiro. Dáse nas carballeiras.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Froito comestible do pementeiro, en baga, oco, con paredes carnosas, e de cor verde ao principio e vermella ou amarela cando madura. No interior ten uns tabiques carnosos e sementes amarelas. Respecto á súa composición, o froito fresco presenta un alto contido en vitaminas A e C, lípidos, proteínas, fibra e glícidos, estes últimos en maior cantidade. Tamén contén capsicina, principio activo responsable de que algúns pementos piquen. Diferéncianse moitas variedades de pementos, segundo a forma, a cor e o tamaño; ademais, tamén se diferencian as variedades de sabor picante (moi comúns en Sudamérica), e as variedades doces, de maior tamaño. Tamén se diferencian variedades segundo a súa orixe, como poden ser os pementos de Padrón, Arnoia, os do Piquillo de Lodosa, os pementos asados do Bierzo (estes dous últimos con denominación de orixe) ou os rioxanos. Poden consumirse frescos, en conserva ou en condimento (tras secalo e convertelo en po).

      2. Condimento que se fai co froito do pementeiro cando está seco e moído.

      3. pemento de Arnoia

        ariedade de pemento, de cor verde clara, grande e sen exemplares picantes, que se cultiva ás beiras do río Arnoia, na comarca do Ribeiro. Necesitan para o seu desenvolvemento un clima morno.

      4. pemento de Padrón

        ariedade de pemento, verde e de pequeno tamaño, que se cultiva en Herbón, no concello de Padrón. Algúns exemplares, despois da súa preparación, poden ser picantes, aínda que na maior parte dos casos o seu sabor é intenso.

      5. pemento do Piquillo

        ariedade de pemento duns 8 cm de longo e de forma plana e triangular rematada en pico, cor vemella viva, carnoso e compacto. Son autóctonos da zona de Lodosa (Nafarroa), e contan con denominación de orixe.

      6. pemento morrón

        ariedade de pemento de forma arredondada, cor vermella e carne grosa, e sabor doce.

      7. pemento picante

        ariedade do pemento, de froito pequeno e alongado, en forma de baga, intensamente picante debido á capsicina.

    1. pementeiro.

    2. Planta herbácea anual ou bienal, de 20 a 40 cm de altura, de follas espatuladas ou pinnatipartidas, de flores brancas, dispostas en acios, e de froitos capsulares pendurantes. Dáse na rexión mediterránea.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Petróleos Mexicanos.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. rompedura.

    2. Ruptura de relacións entre persoas, institucións ou países.

    3. Cortina recortada que deixa ver aquilo que hai no fondo.

    VER O DETALLE DO TERMO