pementa

pementa

(

  1. s f [BOT/ALIM]
    1. Froito da pementeira (Piper nigrum). A pementa negra é o froito con casca, que non está ben maduro e desecado, e a pementa branca, máis suave ca a negra, é o froito maduro, desecado e sen pericarpo.

    2. Especia picante que se elabora a partir deste froito, que se emprega como condimento ou para adubar carnes e derivados.

  2. pementa de auga [PLANTA]

    Planta herbácea anual, de 20 a 80 cm de alto, de gusto agre, con follas lanceoladas agudas, flores de cor rosada ou branca verdosa, agrupadas en espigas delgadas e de froitos nucleares trígonos, negros e brillantes. Crece nas ribeiras ou en lugares moi húmidos.

  3. pementa do monte [FUNGO]

    Cogomelo da orde das agaricais, de carpóforo moi pequeno, de 1 a 3 cm de ancho, semicircular, coa marxe lixeiramente encurvada e enteira. A cutícula, en seco, é pilosa, as laminiñas son desiguais, relativamente anchas, de cor ocre, algo máis claras ca o sombreiro, adnatas ou algo decorrentes. O pé é excéntrico ou lateral, máis curto ca o diámetro do sombreiro, adelgazado na base e máis claro ca o sombreiro e ca as láminas. Vive sobre pólas caídas ou cepas. A súa inxestión provoca sensación de asfixia.

Palabras veciñas

Pematangsiantar | Pemba | PEME | pementa | pementeira | pementeiro | pemento