pementeiro
(
-
s
m
[PLANTA]
-
Planta herbácea anual, de talo erecto de entre 40 a 120 cm de altura, follas enteiras ovais ou lanceoladas, de cor verde intensa, que se alternan ao longo do talo; flores solitarias, pequenas, brancas e o froito, o pemento, en baga oca. Posúe numerosas raíces adventicias, que poden acadar ata 1 m de profundidade. Para desenvolverse ben necesitan solos lixeiros e con moita materia orgánica, boa luminosidade, drenaxe e un pH próximo ao neutro. É orixinaria de América tropical, e foi introducida en Europa no s XV, e no s XVI xa se cultivaba en España. En Galicia, case o 4% dos cultivos son hortícolas, e deles case 900 Ha son para o cultivo do pementeiro cunha produción dirixida ao autoconsumo e á comercialización. O cultivo do pementeiro en Galicia realízase con distintas variedades segundo as comarcas, como é o caso de Padrón, Arnoia, O Couto, etc.
Sinónimos: pemento. -
Terreo cultivado de pementos.
-
-
pementeiro veludo
[FUNGO]
Cogomelo co carpóforo en forma de funil, de cor branca ou crema, que pode chegar a medir 40 cm. Os exemplares vellos teñen a cutícula peluda e a marxe irregular, e os novos, enteira e moi encurvada. As láminas son desiguais, moi anchas, elásticas e de cor crema. O pé é moi curto, groso e algo adelgazado na base, da mesma cor ca o sombreiro. Dáse nas carballeiras.