pemento

pemento

(< lat pigmentu ‘cor parapintar’)

  1. [PLANTA/ALIM]
    1. s m

      Froito comestible do pementeiro, en baga, oco, con paredes carnosas, e de cor verde ao principio e vermella ou amarela cando madura. No interior ten uns tabiques carnosos e sementes amarelas. Respecto á súa composición, o froito fresco presenta un alto contido en vitaminas A e C, lípidos, proteínas, fibra e glícidos, estes últimos en maior cantidade. Tamén contén capsicina, principio activo responsable de que algúns pementos piquen. Diferéncianse moitas variedades de pementos, segundo a forma, a cor e o tamaño; ademais, tamén se diferencian as variedades de sabor picante (moi comúns en Sudamérica), e as variedades doces, de maior tamaño. Tamén se diferencian variedades segundo a súa orixe, como poden ser os pementos de Padrón, Arnoia, os do Piquillo de Lodosa, os pementos asados do Bierzo (estes dous últimos con denominación de orixe) ou os rioxanos. Poden consumirse frescos, en conserva ou en condimento (tras secalo e convertelo en po).

    2. s m

      Condimento que se fai co froito do pementeiro cando está seco e moído.

    3. pemento de Arnoia

      ariedade de pemento, de cor verde clara, grande e sen exemplares picantes, que se cultiva ás beiras do río Arnoia, na comarca do Ribeiro. Necesitan para o seu desenvolvemento un clima morno.

    4. pemento de Padrón

      ariedade de pemento, verde e de pequeno tamaño, que se cultiva en Herbón, no concello de Padrón. Algúns exemplares, despois da súa preparación, poden ser picantes, aínda que na maior parte dos casos o seu sabor é intenso.

    5. pemento do Piquillo

      ariedade de pemento duns 8 cm de longo e de forma plana e triangular rematada en pico, cor vemella viva, carnoso e compacto. Son autóctonos da zona de Lodosa (Nafarroa), e contan con denominación de orixe.

    6. pemento morrón

      ariedade de pemento de forma arredondada, cor vermella e carne grosa, e sabor doce.

    7. pemento picante

      ariedade do pemento, de froito pequeno e alongado, en forma de baga, intensamente picante debido á capsicina.

  2. s m [PLANTA]

    pementeiro.

  3. pemento de asno [PLANTA]

    Planta herbácea anual ou bienal, de 20 a 40 cm de altura, de follas espatuladas ou pinnatipartidas, de flores brancas, dispostas en acios, e de froitos capsulares pendurantes. Dáse na rexión mediterránea.

Formas incorrectas

pimento

Palabras veciñas

pementa | pementeira | pementeiro | pemento | Pemex | pemmican* | PEN Club de Galicia