"Parma" (Contén)

Mostrando 19 resultados de 19.

  • PERSOEIRO

    Duque de Madrid. Pretendente carlista á coroa de España co nome de Xaime III, fillo do pretendente Carlos María das Dores de Borbón e Autria-Este. Fixo estudios militares en Austria, ingresou no exército ruso e participou na guerra ruso-xaponesa (1904). Ao morrer o seu pai (1909), proclamou os seus dereitos á coroa de España e reorganizou o Carlismo. En Catalunya tivo numerosos partidarios, denominados jaumins. Durante a Primeira Guerra Mundial foi partidario dos aliados e estivo confinado en Austria. En 1918 publicou un manifesto no que desautorizaba os carlistas partidarios dos alemáns, feito que motivou a escisión carlista denominada como tradicionalismo, dirixida por Juan Vázquez de Mella. En 1931, proclamada a República española, pactou con Afonso XIII o traspaso da solución do preito dinástico á solución dunhas cortes representativas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pretendente carlista ao trono español. Primeiro fillo de Xavier de Borbón-Parma. Estableceuse en España en 1957 ata que foi expulsado, en 1968. Recibiu en 1975 a sucesión dinástica do seu pai e en 1977 converteuse en xefe da casa ducal de Parma. Regresou legalmente a España e intentou renovar o Partido Carlista, pero os repetidos fracasos electorais fixérono abandonar a política en 1980. En 1981 separouse da princesa Irene dos Países Baixos con quen casara en 1964. É autor do libro La vía carlista al socialismo autogestionario (1977). O seu irmán Sisto de Borbón-Parma (Pau 1940) pretendeu en 1976 a sucesión e enfrontouse con el nos feitos de Montejurra.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Duque de Parma (1974-1977). Fillo do duque Roberto I e da súa segunda muller, María Antonia de Portugal. Sucedeu o seu sobriño Roberto II como duque de Parma e xefe desta casa. Durante a Primeira Guerra Mundial foi oficial de artillería do exército belga, e participou xunto co seu irmán Sisto nas negociacións secretas entre o seu cuñado, o Emperador Carlos de Austria, e os aliados. Pretendeu durante algún tempo o trono de Francia, escribiu artigos e algún libro nos que facía valer as orixes francesas da súa familia. En 1936, ao morrer Afonso Carlos de Borbón, foi nomeado rexente da Comunión Tradicionalista e encargado de nomear o sucesor da coroa española. En 1937 manifestou a súa adhesión a Franco, pero en 1945 firmou un manifesto pedíndolle que se retirase. Na Segunda Guerra Mundial organizou en Francia un núcleo de resistencia, sendo deportado a diferentes campos de concentración. En 1952 foi proclamado Rei en Barcelona por un grupo de partidarios. En 1975 renunciou aos seus pretendidos...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Carlos III de España.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Luís II de Etruria.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Duque de Parma e Piacenza (1849-1854). Fillo de Carlos II de Parma e de María Tareixa de Savoia. Despois da Revolución de 1848, o seu pai abdicou no seu favor. Levou a cabo unha forte represión contra os republicanos e morreu asasinado por Antonio Carra.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Infante de España, duque de Parma, Piacenza e Guastalla (1765-1801), fillo do duque Filipe I. Decretou a expulsión dos xesuítas dos seus estados, suprimiu a Inquisición, practicou unha política regalista e negouse a ser feudatario da Santa Sé. Opúxose á ideoloxía revolucionaria e ao imperialismo de Napoleón, que en 1801 lle arrebatou os estados.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Duque de Parma, Piacenza e Guastalla (1748-1765), fillo de Filipe V e de Isabel de Farnesio. Coñecido como Filipe I de Borbón, tralo Tratado de Aquisgrán (1748) as potencias europeas recoñeceron a súa soberanía sobre Parma, Piacenza e Guastalla. O seu goberno estivo dirixido polo ministro G. du Tillot e caracterizouse polas reformas no eido económico relixioso e cultural, que converteron a Parma nun dos centro intelectuais da Península Italiana. En 1762 uniuse xunto con España e Francia ao Terceiro Pacto de Familia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Duquesa de Florencia e de Parma, filla natural do Emperador Carlos V e de Margarida van der Gheist. Casou en 1536 con Alessandro de Medici, duque de Florencia, e en 1539 con Octavio Farnese (Octavio I de Parma). Escollida polo seu medio irmán Filipe II como gobernadora dos Países Baixos (1559-1567), buscou a colaboración dos elementos moderados da nobreza flamenga, pero a presión dos radicais acentuou as reivindicacións autonomistas e relixiosas dos moderados. Filipe II non quixo ceder no terreo relixioso, polo que as diversas faccións da nobreza flamenga uníronse arredor dos mesmos obxectivos no Pacto de Breda (1566). Filipe II desautorizou a súa política, ao enviar ao país un exército real comandado polo duque de Alba, polo que dimitiu (1567) e se retirou a Nápoles.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Margarida de Austria.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Duquesa de Madrid, filla do duque Carlos III de Parma. Ao ser asasinado este (1854), fuxiu a Venecia, onde coñeceu o pretendente á coroa de España, Carlos, duque de Madrid, con quen casou en 1867.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Raíña de España (1788-1808), neta de Filipe V e de Luís XV de Francia. Casou en 1765 co futuro Carlos IV. Ambos os dous tiveron que abdicar, como consecuencia do Motín de Aranjuez (1808).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CAPITAIS

    Capital da provincia homónima, en Emilia-Romaña, Italia, situada no centro da chaira emiliana, entre os últimos Apeninos e o Po, a ambas as beiras do torrente homónimo (156.172 h [2001]). Centro comercial, cultural e de ensino superior, en 1064 fundouse a Università degli Studi. De probable orixe etrusca, pasou ao dominio sucesivo de romanos (183 a C), bizantinos (s VI), lombardos (569) e francos (ss VIII-IX). Dependente do bispo parmesano, no s XIII pasou a ser gobernada pola comuna e en 1346 a Milán. Dominada por Francia (1500-1512 e 1515-1521), en 1545 a Santa Sé fixo dela e de Piacenza o Ducado de Parma, e cedeullo aos Farnese. Extinguida a dinastía (1731), pertenceu a unha rama borbónica ata 1801 e posteriormente a María Luísa de Austria. En 1860 a través dun plebiscito foi incorporada a Piemonte. Da cidade romana queda o Canale Maggiore. Entre os edificios posteriores destaca a catedral, de estilo románico lombardo (s XI), con campanario do s XIII; o Battistero, comenzado en estilo...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Provincia de Emilia-Romaña, Italia (3.449 km2; 384.989 h [2001]). A súa capital é Parma.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • DUCADOS

    Territorio señorial centrado na cidade de Parma. Creouno o Papa Paulo III en 1545, coa inclusión de Piacenza e outorgoullo ao seu fillo, Pedro Luís Farnese. Asasinado este en 1547, foi ocupado por Milán ata que Filipe II o devolveu aos Farnese (1558). En 1732 o ducado pasou a Carlos III (Carlos I de Parma) e en 1735 a Austria. Ocupado por España en 1745 pertenceu con Guastalla, a Filipe I de Parma (1748-1765), quen foi sucedido por Fernando I de Parma (1765-1801). Invadido por Napoleón I Bonaparte (1801), en 1815 cedeullo á súa muller, María Luísa de Austria e en 1860 incorporouse a Piemonte.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Duque de Parma (1545-1547), fillo natural do cardeal Alessandro Farnese. Este creou para el un estado vasalo da Santa Sé, o ducado de Parma e Piacenza. Destacou como bo gobernante e reduciu o poder dos nobres feudais, que conspiraron contra el e o asasinaron.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Derradeiro duque soberano de Parma (1854-1859), fillo e sucesor de Carlos III de Parma. Co proceso de unificación italiana, fuxiu a Francia (1859) e perdeu os seus estados.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Salimbene de Adam.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Emperatriz de Austria e raíña de Hungría e Bohemia. Casou en 1911 co arquiduque Carlos, que en 1916 se converteu no Emperador Carlos I de Austria. Viviu no exilio en Lekeitio (1922-1929), Bélxica, América do Norte, Luxemburgo e Suíza.

    VER O DETALLE DO TERMO