"Patino" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 21.

  • GALICIA

    Ilustrado. Publicou Urbanidad y cortesía que se practica entre personas de distinción (1774). Mantivo correspondencia, entre outros, con Martín Sarmiento e José Cornide; e por unha “Carta en que D. Ignacio Avalle y Patiño responde a un amigo en orden a la impresión de las Memorias Históricas del Reino de Galicia, remitiendo al mismo tiempo a su censura el plan de la obra” (1776), sábese que estaba a traballar nunha obra histórica que nunca chegou a editar. Así mesmo, traduciu Escuela o ciencia del mundo, para todos estados, en que se reseña el verdadero modo de vivir en él con honra y provecho (1775), do escritor francés Le Noble.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Catedrático de Química Inorgánica. Exerce como director do Grupo de Investigación de Química Inorgánica da Facultade de Química da Universidade de Santiago de Compostela. Investigou, principalmente, a química de coordinación con metais esenciais para a vida, a cristaloquímica, a fotosíntese artificial, a química de sistemas supercondutores, a fixación do SO2 con precursores metálicos, os helicatos metálicos miméticos do ADN e o uso de manganoenzimas como catalizadores. Participou en proxectos e convenios nacionais e internacionais sobre a fotosíntese artificial, a desulfuración con complexos metálicos, a modelización teórica e os biomodelos do manganeso. Dedicouse á Pedagoxía e á Historia da Ciencia, contribuíndo á normalización lingüística do galego nas súas publicacións. Entre as súas obras destacan: Carbenos e carbinosarbinos (1983), O patrimonio histórico da Universidade de Santiago de Compostela (1996) e Manual práctico de Química Agrícola (1998). Foi director...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Construción situada no centro urbano de Sanxenxo. Agás a torre defensiva situada no lado L, que é do s XVI, edificouse no s XVIII. Está formado por un corpo central, cun patín con balaustrada, arquitrabado e cuberto, dotado dunha escaleira de pedra. Á súa dereita hai outro corpo con solaina. Formando un escuadro cos dous corpos precedentes, sitúase un terceiro que se une co muro e coas portas; entre elas sitúase a capela dedicada a san Miguel Arcanxo. No exterior destacan os pináculos, as bólas, as gárgolas e outros elementos decorativos barrocos, e os escudos coas armas dos Valladares, Aldao, Rivera, Zúñiga, Mariño e Patiño.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Militar, pintor e escultor. A súa obra pitórica, caracterízase por unha importante vertente literaria, cun constante cambio de temas e formatos; o seu debuxo é esquemático. A súa produción evolucinou dende unha etapa caracterizada polo emprego dos trazos negros moi marcados ata outra influenciada polo puntillismo, aínda que nunca perdeu a referencia aos vestixios históricos e o carácter expresionista. Ilustrou as Cantigas de Amigo (1999) e Los Milagros del Apóstol Santiago (1999). Realizou exposicións en diversas cidades españolas e en Dinamarca, EE UU, Mónaco e Suíza. Recibiu o premio de debuxo Joan Miró (1971). A súa obra está presente nas coleccións Caixanova e Caixa Galicia e no Parlamento e na Xunta de Galicia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor. Foi profesor de debuxo na Escola de Mestría Industrial e na Escola de Artes e Oficios, da que foi director. Colaborou en Vida Gallega.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Político. Vicepresidente da Federación Comarcal da UGT de Ferrol (1931), foi elixido deputado pola Coruña en 1936. Durante a Guerra Civil Española foi comisario inspector de prisións do Estado e vogal do tribunal de responsabilidades civís. Trala guerra exiliouse en México, onde participou na reunión de parlamentarios no exilio celebrada en 1945.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Atleta. Militou no club galego de atletismo Santiveri. En 1985, durante os World University Games, foi descualificada debido ao seu alto número de xenes e hormonas masculinas. Posteriormente foi rehabilitada para a competición. Obtivo a mellor marca nacional de 60 e 55 metros valos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Liñaxe de orixe galega que trae como armas, en campo de azul, cinco patos, de prata, colocados en cruz, cortado de prata, cun león rampante de goles e coroado de prata; bordura xeral de azul con oito vieiras, de ouro. Outra variante trae, en campo de goles, un castelo de ouro, sobre ondas de auga de azul e prata, na que nadan tres patos de sable. E outros, en campo de prata, un pato de prata nadando sobre ondas de auga de azul e prata.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Pintor. Durante a súa infancia, en Monforte de Lemos, padeceu unha enfermidade ósea que o mantivo convalecente, feito que motivou o seu interese polo debuxo, desde sempre cargado de imaxes fantásticas e dinamismo. De regreso á Coruña coñeceu o escritor Xohán Casal, con quen fundou a Liga Nórdica e a Unión de Artistas Ceibes. Dez anos máis tarde da morte daquel (1960), recompilou e editou os seus contos en O camiño de abaixo. A súa evolución pictórica partiu do expresionismo, pero a súa principal teima consistiu en superar o informalismo. En 1958 trasladouse a Madrid, onde comprobou que a pintura desfeita que el practicaba (Entrelazo, 1958), era o que se estaba levando a termo como vangarda. Desde 1960 combinou o labor pictórico co teórico, ao colaborar nas revistas Grial e Vieiros, en que publicou o seu manifesto artístico “O arte disgregado”, e no xornal compostelán La Noche. Membro do grupo cultural Brais Pinto, tamén formou parte do grupo...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antón Patiño Regueira.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Pintor, fillo de Antón Patiño Regueira. Coñecido como Antón Patiño, formouse na Escuela Superior de Bellas Artes de San Fernando de Madrid (1974-1979). Na década de 1970 participou nas mostras artísticas da praza da Princesa de Vigo e relacionouse cos poetas do grupo Rompente. En 1980 viaxou a Nova York con Menchu Lamas, Ánxel Huete e Guillerme Monroy, e coñeceu o expresionismo abstracto. Ao regreso fundou con eles o colectivo Atlántica. As súas propostas artísticas partiron do expresionismo abstracto de gran forza colorista, xestual e expresiva e derivaron, especialmente desde a década de 1980, na realización de grandes series monográficas secuenciais. Desde esta década, as referencias abstractas da súa pintura deixaron paso á representación de motivos vexetais (Palmeira dobre, 1983) e marítimos (Beira do océano, 1999). Especialmente características foron as súas representacións de máscaras (Dobre rostro, 1983; Orixe-entroido, 1984) e figuras...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Pintor, editor e micólogo. Coñecido como Patiño o Vello, compaxinou a actividade pictórica coa profesión de libreiro e editor en Vigo. Foi socio fundador da agrupación micolóxica A Zarrota, en Vigo, e da Federación Galega de Micoloxía.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Estadista e funcionario. De familia orixinariamente galega, educouse no Milanesado, onde coñeceu o primeiro borbón hispánico, Filipe V, que o levou á súa corte (1702). Membro do Consello de Órdenes, despois de ser superintendente de Extremadura en 1711, o ministro francés Orry destinouno en 1713 na fronte catalá, durante a Guerra de Sucesión Española (1702-1714). Cando en setembro de 1714 se aniquilou a resistencia dos barceloneses, presidiu a nova Xunta de Goberno e Xustiza. Deste xeito procedeu ao reaxuste do aparato fiscal de Catalunya. Fíxose cargo das rendas do patrimonio real, aplicouse nos recursos confiscados e sobre todo, preparou, regulamentou e puxo en marcha todo o mecanismo tributario coñecido por catastro real. Os amplos proxectos militares e marítimos da coroa filipista levárono a Cádiz en 1717, pero os grandes armamentos preparados entre 1717 e 1720 co fin de reconquistar Sardeña e Sicilia foron desbaratados polos ingleses. En 1726 foi secretario de Estado para a mariña,...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antón Patiño Pérez.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Realizador cinematográfico. Teórico do denominado nuevo cine español, realizou desde esta corrente Nueve cartas a Berta (1966, Concha de Plata en Donosti) e Del amor y otras soledades (1969). Posteriormente dirixiu Caudillo (1977), Los paraísos perdidos (1985), Madrid (1987) e Octavia (2002).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Presbítero e músico de probable orixe galega. Cantor na Capela Real de Lisboa, puido ser o introdutor dos vilancetes galegos en Portugal. Desde 1634 foi mestre da Capela Real de Madrid, entre 1640 e 1645 mestre da Capela Real de D. João IV, e a partir de 1660 foi director de orquestra do Real Monasterio de la Encarnación. Moi eloxiado na súa época, xa que tivo unha fecunda produción destinada á aprendizaxe dos seus discípulos, das súas obras destacan Tratado de Armonía e, como complemento a esta, Explicaciones sobre las reglas de Armonía. Ademais, escribiu un vilancete cantado na Capela Real de Lisboa en 1645. Postumamente, editáronse Las obras humanas de Carlos Patiño (1987), elaborado por Danièle Becker, e Obras musicales recopiladas (1987), cun estudo de Lothar Siemens.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • DUCADOS

    Título concedido por Filipe V en Nápoles en 1713 a Baltasar de Patiño Saavedra e Moscoso , señor do pazo de Vilalonga. Foi o herdeiro o seu fillo, o mestre de Campo Xoán Antonio de Patiño e Lamas de Soutomaior , que participou na Batalla de Rande (1702). O seu fillo Nicolao Patiño Silva e Soutomaior converteuse no III duque. O último duque foi Xoán de Dios Patiño e Acebedo , VI conde de Patiño, que viviu a principios do s XIX. O título ducal napolitano estivo vacante ata 1950, cando se rehabilitou como marquesado español por Carlos Martínez de Ourense e García , I marqués de Patiño. En 1964 Lucía Alcaraz Patiño reclamouno alegando maior dereito xenealóxico, e converteuse na II marquesa de Patiño. En 2002 converteuse en III marqués de Patiño o seu fillo Cesáreo Novoa Alcaraz .

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Relixioso dominicano de orixe galega. Membro da Xunta Suprema de Defensa de Castela durante a Guerra da Independencia (1808-1814), ingresou no convento dominicano de Atocha e dedicou toda a súa vida ao ensino. Foi profesor de filosofía nos conventos de Cuenca, Vitoria-Gasteiz, Atocha e Toro, e mestre de estudantes en Palencia; posteriormente exerceu como lector de teoloxía nos conventos de Toro, Tábara e Atocha. En 1801 era prior do convento de Atocha e pouco despois prior en Ciudad Rodrigo, onde loitou contra os franceses.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Erudito, político e relixioso. Foi bibliotecario maior da Universidade de Santiago de Compostela e director da Biblioteca Nacional en Madrid (1834-1840). Contribuíu ao restablecemento da Sociedade Económica de Amigos do País e prestou grandes servizos á cultura. Colaborou cos liberais, foi deputado a Cortes polo Reino de Galicia (1822-1823) e senador por Pontevedra durante dúas lexislaturas (1838-1840).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Ornitólogo e naturalista. Estudou maxisterio na Universidade de Santiago de Compostela e, desde moi novo, dedicouse á observación, principalmente de aves, por toda Galicia. Foi fundador e presidente do Grupo Ornitolóxico Galego (1973) e da Sociedade Galega de Historia Natural (1976), e coordinador do Atlas de Vertebrados de Galicia, xunto con J. Guitián e Zenón L. Beiras (1980), así como director da sección de aves. É coautor da Guía das aves de Galicia (1980), As baleas cara á extinción (1980), O lobo (1985), Cetáceos, focas e tartarugas mariñas das costas ibéricas (1989) e varios traballos sobre os nomes galegos de aves do xénero Erithacus, Streptopelia, Columba e Troglodites.

    VER O DETALLE DO TERMO