Patiño
Patiño
[HIST/HERÁLD]
Liñaxe de orixe galega que trae como armas, en campo de azul, cinco patos, de prata, colocados en cruz, cortado de prata, cun león rampante de goles e coroado de prata; bordura xeral de azul con oito vieiras, de ouro. Outra variante trae, en campo de goles, un castelo de ouro, sobre ondas de auga de azul e prata, na que nadan tres patos de sable. E outros, en campo de prata, un pato de prata nadando sobre ondas de auga de azul e prata.