patinete
patinete
(< 2 patín)
s
m
[XOGO]
Xoguete que consiste nunha prancha de metal ou madeira montada enriba de dúas ou tres rodas, cun pau dereito diante e un guiador para gobernalo. Para o seu funcionamento, ponse un pé enriba da prancha e co outro dáse impulso contra o chan, aínda que modernamente tamén poden levar motor.