Duque de Patiño, pazo do
Duque de Patiño, pazo do
Construción situada no centro urbano de Sanxenxo. Agás a torre defensiva situada no lado L, que é do s XVI, edificouse no s XVIII. Está formado por un corpo central, cun patín con balaustrada, arquitrabado e cuberto, dotado dunha escaleira de pedra. Á súa dereita hai outro corpo con solaina. Formando un escuadro cos dous corpos precedentes, sitúase un terceiro que se une co muro e coas portas; entre elas sitúase a capela dedicada a san Miguel Arcanxo. No exterior destacan os pináculos, as bólas, as gárgolas e outros elementos decorativos barrocos, e os escudos coas armas dos Valladares, Aldao, Rivera, Zúñiga, Mariño e Patiño.