Duques da Conquista, casa-pazo dos ou casa-pazo de San Sadurniño
Duques da Conquista, casa-pazo dos ou casa-pazo de San Sadurniño
Construción situada na vila de San Sadurniño que se reconstruíu en numerosas ocasións. Pertenceu aos señores de San Sadurniño, que acadaron o título de marqueses de San Sadurniño (1688) e de duques da Conquista (1735). Trala morte sen descendencia do derradeiro duque, pasou á congregación de Cristo Rei e funcionou como vivenda, e dende 1968 como colexio. A comezos do s XX realizouse unha reforma, pero conservouse o edificio e a torre ameada, que mantén escudos dos Andrade e dos Castro de Lemos nas esquinas da torre. Coa súa transformación en centro de ensino, engadíuselle un novo edificio. Tivo xardín, capela e outras construcións adxectivas.