"Perga" (Contén)

Mostrando 14 resultados de 14.

  • Que ten o aspecto ou as características do pergamiño.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Rei de Pérgamo (263 a C-241 a C). Sucesor do seu tío Filetero, independizou o seu reino do poder seléucida aínda que nunca tomou o título de rei. Durante o seu goberno ampliáronse os territorios do reino e iniciouse un programa de construción de edificios públicos. Foi mecenas do filósofo Arcesilao.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Rei de Pérgamo (197-159 a C), fillo e sucesor de Atalo I. Aliouse con Roma na loita contra Nabis, tirano de Esparta, e contra Antíoco III de Siria, ao que lle proporcionou trala Paz de Apamea (188 a C) os territorios seléucidas en Asia Menor. Entre o 188 a C e o 166 a C enfrontouse aos gálatas, ao rei de Bitinia e ao rei de Ponto. Durante o seu reinado Pérgamo converteuse nun dos principais focos da cultura helenística.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • hiperenxebrismo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Médico grego. Pertenceu á escola de Alexandría e recibiu o cargo de cuestor do Emperador Flavio Claudio Xulio. Foi autor dunha monumental Colección médica, abreviada nunha Sinopse posterior.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antiga colonia dórica situada na rexión de Panfilia. Ocupada por Alexandre o Grande (334), foi capital da provincia romana Pamphylia Secunda.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Pel delgada de ovella, cabra ou asno, sometida só a pelado, secado, desengraxamento e alisamento, translúcida ou opaca, que permite escribir nela e que pode ser impresa ou empregada en encadernación.

    2. Documento escrito sobre pergameo. O nome provén da cidade de Pérgamo, en Asia Menor. Segundo o animal do que procedese a pel, a maneira de preparala e a calidade, recibía diferentes nomes, como vitelino (vitela), caprino e ovino.

    3. papel pergamiño.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que está feito de pergamiño ou que é moi semellante a el.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Persoa que fai ou vende pergamiños.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Folio fragmentario, escrito por ambas caras, que contén sete cantigas de amor musicadas de don Denís. Datado aproximadamente en 1300, foi descuberto polo profesor Harvey L. Sharrer (1990) na Torre do Tombo, en Lisboa. Con diversas lagoas na parte musical e poética, é o único documento localizado de data medieval da obra do rei portugués. Puido realizarse no scriptorium de don Denís, quizais correspondente co perdido Livro das trovas de el-Rei D. Dinis, e caracterízase, ademais de pola súa distribución en tres columnas -rara en época medieval-, pola uniformidade na separación das liñas e polos versos dispostos en liña e separados por unha raia vermella, escritos polo menos por dúas mans diferentes en tipos de letra distintos. Os fragmentos das cantigas aparecen na mesma disposición ca nos cancioneiros da Vaticana e da Biblioteca Nacional.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Folla voante que contén as sete cantigas de amigo de Martin Codax. Identificado na tradición manuscrita galego-portuguesa coas siglas R, PV ou N, foi escrito a finais do s XIII ou comezos do s XIV e conserva a notación musical de seis das cantigas. Presenta particularidades paleográficas próximas ás do Cancioneiro da Ajuda e ao das Cantigas de Santa María, e na súa elaboración participaron polo menos tres persoas. O pergameo, utilizado para encadernar un códice do s XIV, foi descuberto polo libreiro Pedro Vindel (1914) en Madrid e a primeira noticia da súa existencia publicouse na revista Arte español. Posteriormente foi adquirido polo musicólogo Rafael Mitjana, ata que pasou ao bibliófilo Otto Hass e, finalmente, vendeuse en 1977 á Pierpont Morgan Library, de Nova York. Del fixéronse diversas edicións facsímiles en 1915, 1982 e 1986.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antiga cidade de Misia, situada a uns 20 km do Mar Exeo. O seu territorio corresponde con Bergama, en Turquía. Coñecida desde o 401 a C, Filetairo converteuna en capital do reino dos atálidas (282-133 a C). Viviu o apoxeo do cuarto reino helenístico no s II a C, sobre todo grazas á alianza de Eumenes II con Roma, contra os seléucidas. Atalo III entregou a cidade aos romanos e chegou a ser capital da provincia de Asia. Foi centro de cultura helenística, cunha importante biblioteca fundada por Eumenes II. Nos seus talleres reais houbo especialistas en pergameo e cerámica bronceada. Destaca o altar de Pérgamo, santuario helenístico, consagrado a Zeus.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Escola neoplatónica fundada no s IV por Edesio e difundida por Flavio Claudio Xuliano. Destacaron os mestres Máximo, Crisanto, Pricio, Eusebio, Salustio e Eunapio de Sardes, que escribiu Vidas dos sofistas (400?), unha crónica da escola.

    VER O DETALLE DO TERMO