"Persia" (Contén)
Mostrando 19 resultados de 19.
-
PERSOEIRO
Rei de Persia (530-522 a C). Príncipe aqueménida, fillo e sucesor de Ciro II o Grande. Asociado ao reinado de seu pai, no 538-530 a C gobernou como rei de Babilonia. Mandou asasinar o seu irmán Bardiya (ou Smerdis), gobernador de Media e Armenia. No 525 tomou Menfis e fíxose nomear faraón de Exipto, onde seica gobernou de forma tiránica. A revolta de Gaumata, que se fixera pasar por Bardiya, obrigouno a volver a Persia e parece ser que se suicidou durante o camiño.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Rei de Persia, fillo de Darío II. Nomeado sátrapa de Lidia, da Gran Frixia e da Capadocia, preparou un exército de gregos mercenarios -os Dez Mil- para derrocar o seu irmán Artaxerxes II. Vencérono e morreu na Batalla de Cunaxa, feitos que se narran na Anábase.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Rei de Persia (559-529 a C). Fillo de Cambises I, foi o fundador do Imperio Persa-aqueménida. Sucedeu ao seu pai como gobernador de Ansham e, logo de reunir baixo o seu mando as principais tribos persas, sublevouse contra Astiaxes e conquistou o territorio dos medos (549 a C), coa súa capital Ecbatana. Posteriormente emprendeu unha campaña na que derrotou a Creso, rei de Lidia, despois de conquistar a capital, Sardes (546 a C). Incorporou ao seu imperio as colonias gregas da Xonia (Mileto, Samos, Éfeso) e someteu Babilonia no 539 a C. Logo da conquista de Babilonia aprobou o edicto de liberación de razas e cultos, que permitiu a diversos pobos, entre outros os xudeus, abandonar Babilonia e volver ás súas terras. Emprendeu numerosas campañas contra pobos situados nos límites do imperio e morreu durante unha campaña nas fronteiras do noroeste de Persia. Destacou pola súa tolerancia e sabedoría política.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Rei de Persia (531-579), fillo de Kavadh I. Pertencente á dinastía sasánida, estendeu os seus dominios sobre os territorios bizantinos coa conquista de Antioquía no 540, e chegou ata o Mar Negro, o río Oxus e Iemen. Aliouse cos turcos occidentais e venceu os hunos brancos ou heftalitas no 562. Durante o seu reinado estableceu unha serie de reformas na administración, como a regulamentación dos impostos baseándose nun catastro, e promoveu as grandes construcións públicas. Restaurou o zoroastrismo como relixión oficial.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Rei de Persia (590-628), neto de Cosroes I. Iniciou o seu reinado contando coa amizade do emperador bizantino Mauricio, que recibiu Armenia a cambio da súa axuda contra unha rebelión dirixida polo xeneral persa Bahram. Despois do asasinato do Emperador Mauricio reconquistou ese territorio, ademais de Capadocia, e chegou ata o Bósforo. No 611 emprendeu unha campaña que rematou no 617 coa conquista das provincias bizantinas de Siria, Palestina, Xerusalén e Exipto. Malia isto, o país non estaba ben estruturado e debido á opresión do monarca permitiu que o novo emperador bizantino Heraclio puidese vencelo (623). Despois da súa derrota, a nobreza destronouno e substituíuno polo seu fillo Kavad II.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Rei de Persia (521-486 a C), fillo de Histaspes, sátrapa de Partia. Participou no asasinato de Bardiya e sucedeu o seu irmán Cambises II, morto na campaña de Exipto, despois de lle dar morte ao usurpador Gaumata. Enfrontouse aos aspirantes ao trono e, coa sublevación dalgúns dos gobernadores das provincias e despois de cinco anos de batallas, fíxose co poder. Logo organizou o seu imperio, que se estendía entre o Mediterráneo, a India e o Mar Caspio, e dividiuno en vinte satrapías; estableceu vías de comunicacións entre as capitais das satrapías e dotounas de certa autonomía. Unificou tamén a moeda en todo o seu imperio e cuñou os dáricos de ouro. Emprendeu unha campaña en Europa na que se enfrontou aos escitas (512 a C) ao redor do Danubio, adquiriu o dominio sobre o Bósforo e someteu Tracia e Macedonia. Os enfrontamentos coas polis gregas, as Guerras Médicas, iniciáronse coa conquista de Sardes polos habitantes de de Mileto (498 a C). Malia a conquista desta cidade (490...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Rei de Persia (424-405 a C). Recibiu o alcume de Nothos (‘bastardo’) por ser fillo ilexítimo de Artaxerxes I e dunha concubina. Sátrapa de Hircania, chegou ao poder despois do asasinato do seu irmán Sogdiano e eliminou o seu irmán Arsitis trala súa sublevación. Participou na Guerra do Peloponeso e aliouse con Esparta despois da derrota de Atenas no ataque a Siracusa (413), e ordenoulles aos dous sátrapas de Asia Menor, Farnabaces e Tisafernes, que atacasen as colonias de Atenas. Enfrontouse ás sublevacións dos medos e dos exipcios, que foron dominadas con dureza.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Último rei de Persia (336-330 a C). Membro dunha rama lateral dos aqueménidas, accedeu ao poder despois do envelenamento de Artaxerxes III e mais o seu fillo. Enfrontouse á invasión de Alexandre o Grande, quen venceu o xeneral mercenario Memnón de Rodas na Batalla de Gránico (334 a C) e despois a Darío III en Isos (333 a C). Intentou deter o avance de Alexandre ofrecéndolle Asia Menor, pero este rexeitouno e Darío III foi derrotado de novo en Gaugamela (331 a C). Despois desta batalla Darío buscou refuxio na Bactriana, onde morreu asasinado polo sátrapa Bessos.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Xa de Persia (1797-1834), da dinastía dos qāŷāríes. Trala perda de Xeorxia en favor de Rusia, tentou a alianza con Napoleón Bonaparte, proxecto abortado trala paz franco-rusa de Tilsit (1807). Declaroulle a guerra a Turquía (1821) e, posteriormente, entrou novamente en conflito con Rusia, á que lle houbo de entregar gran parte de Armenia (1828).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Xa de Persia (1501-1524). Fundador da dinastía safávida, baixo o seu goberno ao país converteuse, por primeira vez dende a expansión do Islam, nun estado independente, feito ao que contribuíu a declaración do xiísmo imanita como relixión oficial, en oposición ao sunnismo otomano.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Xa de Persia (1834-1848), neto e sucesor de Fath ‘Alī Shāh. Pertencía á dinastía qajarita. Asinou o Tratado de Erzurum en 1847 con Turquía, en que se delimitaba a fronteira turco-persa.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Xa de Persia, fillo e sucesor de Mu ḥ ammad Shāh. Polo Tratado de París (1857) renunciou ás súas reivindicacións en Afganistán pero posteriormente conseguiu unha parte de Sīstān (1872). Procurou o desenvolvemento económico do país, freado sobre todo pola carencia de recursos. O intento de monopolizar o tabaco provocou numerosas revoltas e morreu asasinado.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Antigo país situado na beira oriental do Golfo Pérsico, ao sur de Media, que corresponde ao actual Irán. A Prehistoria documéntase polos vestixios de Zagros e de Hindu Kush, de 80.000 anos de antigüidade, polos testemuños de sedentarismo do Mesolítico (11000 a C) e pola expansión cara ao interior e ao SL, a irrigación e a explotación do cobre no Neolítico (7000 a C). A partir de 6000 a C a cultura mesopotámica exerceu xa a súa influencia sobre as outras poboacións do país. O descubrimento da técnica do fundido do cobre (4000 a C) representou un paso importante no seu impulso colonizador. O seu centro foi Susa, capital de Elam. O período histórico comezou co descubrimento dos números e da escritura (3300 a C), cando Susa creou unha cultura que se difundiu ao N e ao SL e enlazou con India, pero diminuíu axiña. Os hurritas chegaron ao L de Anatolia e ao NO de Irán, e ocuparon parte de Mesopotamia (2500 a C); os casitas ocuparon Mesopotamia e Babilonia (1750 a C), e unha invasión aria (1400...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Conxunto de listóns ou tiras, de madeira, metálicos ou doutros materiais, que se colocan no exterior dunha fiestra ou dunha porta, a xeito dunha contra ou dunha cortina, para que, principalmente, impidan ou regulen a entrada de luz. Diferéncianse diversos tipos segundo a estrutura ou o funcionamento. Así, a persiana de libro está formada por unha serie de listóns planos paralelos, xeralmente inclinables, enmarcados por unha armazón ou fixados a dúas ou máis columnas que se coloca como unha contra. As persianas enrolables están constituídas por unha serie de listóns horizontais, unidos entre eles de xeito articulado, de modo que ao tirar dunha corda ou cinta envólvense subindo todo o conxunto. A veneciana ten as partes unidas entre elas con cadenetas, fíos, cintas, etc, de xeito que ao tirar do cordón correspondente oriéntanse, inclinándose cara ao interior ou cara ao exterior, ou alíñanse unhas sobre as outras ou na parte superior do lugar onde está instalada.
-
VER O DETALLE DO TERMO
persa.
-
PERSOEIRO
Rei de Persia (486-465 a C), fillo de Darío I. Tivo que solucionar as revoltas dos exipcios (484) e a de Samasirba, que se proclamara rei en Babilonia, antes de se enfrontar cos gregos. En 481 reuniu un grande exército e unha frota, cos que foi contra Grecia. Pasou as Termópilas, onde morreron Leónidas e os seus espartanos (480), e incendiou a acrópole de Atenas. Foi derrotado polos atenienses en Salamina (480) e volveu a Persia. A derrota de Platea (479) obrigou os persas a retirárense de Grecia.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Xa de Persia (1567-1629), da dinastía safávida, que no 1598 estableceu a capital en Esfahan. Para facer fronte ás agresións exteriores, asinou no 1590 un tratado pouco proveitoso co Imperio Otomano. No 1600 reorganizou o exército ao estilo europeo e expulsou de Ormuz os portugueses. Á súa morte, os seus dominios estendéranse do Tigris ao Indo. Autorizou o asentamento das ordes relixiosas cristiás en Persia.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Xa de Persia (1642-1667) da dinastía safávida. Reconquistou Qandahār aos tártaros.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Derradeiro Xa da dinastía safávida persa, fillo de Tahmasp II. Coroado no 1732, durante o seu reinado nominal Nadir foi rexente.
VER O DETALLE DO TERMO