"Pimentel" (Contén)

Mostrando 19 resultados de 19.

  • Realizou a memoria de licenciatura en 1983 sobre o tema La oración simple en el Poema de Mio Cid. Publicou o Vocabulario elemental galego da música (1988) e varias traducións de textos infantís e xuvenís.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Guitarrista e compositor coñecido polo nome artístico de Cuchús Pimentel. Comeza a súa andaina profesional estudando guitarra clásica e posteriormente guitarra de Jazz con José Mª Hinojo, Tomás Camacho e Félix Santos, entre outros. Como guitarrista flamenco foi alumno de Paco Peña e Manolo Sanlúcar. Formou parte dos grupos NHU, Baio Ensemble e Noroeste, e colaborou con Benedicto, Emilio Cao, Andrés do Barro. Dende 1989 dedicouse, fundamentalmente, á guitarra flamenca, e ofreceu concertos en España, Inglaterra, Finlandia, Marrocos, Portugal e Xapón como solista á fronte de diversos grupos (Pimenteira, Pimentel Trío, Cuadro Flamenco...) ou acompañando a artistas do cante e do baile (El Kiiki, Enrique Lozano El Pescao, Kazumi Kamoshita...), ademais de colaborar con outros artistas alleos ao flamenco (Carlos Núñez,...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • (Piedrahita, Ávila 1507 - Lisboa 1582) Xeneral e político, terceiro duque de Alba. Serviu no exército de Carlos I. Defendeu Catalunya e Navarra dos franceses (1542), venceu ao Elector de Saxonia en Mülberg (1547) e crebou a Liga Esmalkalda. Vicerrei de Nápoles (1556-1557), defendeu a cidade durante a guerra de Filipe II contra o Papado (1557). Gobernador dos Países Baixos (1567), onde constituíu o Consello dos Balbordios. No 1568 detivo a incursión de Luís de Nassau e Guillerme de Orange, que volveron para ocupar o país aproveitando a sublevación popular contra o establecemento dun imposto, a alcabala, permanente sobre as transaccións (1571). Substituído no cargo por Luís de Requesens (1573), no 1580 dirixiu as campañas en Portugal que levaron ao coroamento de Filipe II como Rei portugués coa aprobación do Parlamento luso.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Cuarto marqués de Villafranca del Bierzo debido á morte sen sucesión do seu irmán Fadrique (1569). Segundo fillo de Pedro Álvarez de Toledo y de Zúñiga. Educado en Nápoles, no 1535 foi nomeado Xeneral das Galeras de Nápoles. No 1554 dominou a insurrección de Siena e loitou en Flandres. Lugartenente Xeneral de Catalunya (1558-1564), enfrontouse ás incursións turcas na costa e ao bandoleirismo. Fomentou a actividade dos estaleiros de Barcelona. No 1564 Filipe II nomeouno Capitán Xeneral da Mar Océana e conquistou o penedo de Vélez de la Gomera. Vicerrei de Sicilia (1565-1566), recibiu os títulos de duque de Fernandina e de Príncipe de Montalbano.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Militar. Oitavo conde de Oropesa (1621), marqués de Jarandilla e de Villar, e conde consorte de Alcaudete. Lugartenente de València (1645-1650), durante o seu mandato celebrouse a derradeira Corte Xeral do Reino de València (1645). Posteriormente foi Vicerrei de Sardeña (1650-1651), e dende 1651, Embaixador en Roma.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ou infante Enrique (Calatayud 1445 - ? 1522) Conde de Empuries e duque de Segorbe. Fillo do infante Enrique de Aragón, duque de Villena, e de Beatriz de Pimentel, era curmán de Fernando II de Aragón. Fixou a súa residencia no Empurdà de onde foi lugartenente real. Tentou converterse en Rei de Castela, pero a proclama neste trono de Fernando (1475) rematou coas súas aspiracións. De volta a Catalunya obtivo a lugartenencia do Reino de València (1478-1479). Morto Xoán II, Fernando II noméao lugartenente do Principado de Catalunya e do Reino de Mallorca (1479-1494) con amplos poderes. Combateu as axitacións de 1488 e opúxose ao Rei no conflito da implantación en Barcelona e Empuries da nova Inquisición así como da insaculación na Generalitat e no Consello Municipal. En 1494 foi nomeado novamente lugartenente de València, cargo que exerceu ata finais de 1505. Xa vello, aínda tivo unha actuación destacada na Guerra das Xermanías, onde interveu a favor do Rei.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Valido de Filipe IV (1623-1643), terceiro conde de Olivares (1607-1645), duque de Sanlúcar de Barrameda e grande de España, fillo de Enrique de Guzmán y Conchillos. Coñecido como conde-duque de Olivares, estudiou dereito na Universidad de Salamanca. Elixido xentilhome da cámara do príncipe (1615), ocupou trala subida ao trono de Filipe IV os cargos de sumiller de corps (1621) e cabaleirizo maior (1622), antes de se converter, trala morte do seu tío e protector Baltasar de Zúñiga, en valido do rei. Malia intitularse conselleiro real, presidiu todos os consellos e xuntas de Estado e creou unha ampla rede de favores, mediante o reparto de distincións sociais e recompensas económicas, o que lle permitiu acabar con posibles competidores. Herdeiro ideolóxico do arbitrismo e da tradición imperial, concibiu un programa político baseado en manter a hexemonía dos Habsburgo hispánicos en Europa, para o que era necesario unha serie de reformas. A súa política reformista, recollida no Memorial...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Militar e escritor. Foi tenente coronel do Exército, oficial primeiro do Archivo de la Capitanía General de Cuba e gobernador de Manzanillo na illa. Tras a perda de Cuba estableceuse en Cádiz. Colaborador de El Eco de Galicia, Follas Novas e Galicia, escribiu Memoria sobre los voluntarios de la isla de Cuba (1876), Semblanzas caballerescas o Las nueve aventuras de don Quijote de la Mancha (1886), Mirand’o Ceo (1898), A campaña de Caprecórneca (1898), que xa fora publicada por entregas na Biblioteca do Semanario Galego Follas Novas e asinada co pseudónimo de L. de Outeiro; As campanas de Duxame (1906), En honor de Galicia (1907), e os dramas Camiño de Santiago (1904) e Un gran coronel (1918).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Familia da nobreza castelá procedente de Portugal que se estableceu en Castela a finais do s XIV. Recibiron os señoríos de Benavente (1398), Mayorga e Villalón e case dominaron a provincia de Valladolid. O primeiro señor e conde de Benavente foi Juan Alonso Pimentel y Vázquez de Fonseca (?-1420), servidor de Xoán I e Enrique III de Castela. O seu fillo Rodrigo Alonso Pimentel y de Meneses , segundo conde de Benavente, foi un humanista. O cuarto conde de Benavente e terceiro de Mayorga, Rodrigo Alonso Pimentel Quiñones (?-1499), serviu aos Reis Católicos na Guerra de Sucesión e na Guerra de Granada. Foi nomeado duque de Benavente en 1473. Luis Alonso Pimentel de Herrera y Enríquez, sétimo conde de Benavente, morreu sen sucesión e sucedeuno o seu irmán Juan Alonso Pimentel de Herrera y Enríquez . En 1834 o título condal e ducal de Benavente pasou aos Téllez-Girón, duques de Osuna. En Galicia tivo o seu...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Liñaxe galega que trae por armas en escudo cuartelado, primeiro e cuarto cuartel, en campo de ouro, tres faixas de goles, e segundo e terceiro cuartel, en campo de sinople, cinco vieiras de prata. Outra variante presenta, en campo de sinople, cinco vieiras de prata, colocadas en aspa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Actor e director teatral. Co Grupo Teatral Airiños representou diversas obras, das que destacan Na casa do ciruxano (1940 e 1970), de R. Riveiro e T. Sestelo; A venganza (1959), de L. Carré; A fiestra valdeira (1961), de R. Dieste; e Pista ou peste? (1984), de Varela Buxán.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Sacerdote. Cursou estudos eclesiásticos no Seminario Conciliar de Tui onde foi catedrático de Filosofía. Ordenouse presbítero en 1879 e licenciouse máis tarde en Teoloxía. Foi secretario particular do bispo Fernando Hüe Gutiérrez, Capelán de Honra de Súa Maxestade e predicador da súa Real Capela, e pertenceu ao Consejo de Vigilancia contra el Modernismo (1919). Colaborou en diferentes xornais e sobre todo en El Eco del Miño e está considerado como un dos fundadores de Integridad. Polo seu labor en Sevilla a propósito dunha epidemia recibiu a Gran Cruz de Beneficencia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Nobre e político, oitavo conde de Benavente. Herdou o título do seu irmán Luis de Herrera y Enríquez, ambos os dous fillos de Antonio Pimentel y de Velasco-Herrera. En 1580, ao morrer Enrique I de Portugal, penetrou en territorio portugués con 16.000 homes para asegurar o triunfo de Filipe II, e apoderouse de Bragança. Foi lugartenente de València (1598-1602) e vicerrei de Nápoles (1603-1610).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Humanista, segundo conde de Benavente. Aristócrata afeccionado aos libros de historia, aos clásicos e aos temas máis diversos, reuniu unha destacada biblioteca no seu castelo de Benavente.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Militar, marqués de Bóveda de Limia. Durante a Guerra da Independencia, participou nas batallas de Pontesampaio e Vitoria. En 1820 uniuse aos realistas e participou no levantamento absolutista de Jaca. Tras a morte de Fernando VII foi separado do exército polas súas ideas liberais e marchou a Portugal. Participou na Primeira Guerra Carlista ao lado do infante Carlos María Isidro de Borbón e acadou o grao de mariscal de campo. Morreu na Batalla de Arciniega. Foi cabaleiro da Real y Militar Orden de San Hermenegildo e recibiu a Cruz de San Fernando.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Militar e político, sexto conde de Benavente. Foi amigo persoal do Emperador Carlos V e padriño e titor do Rei Filipe II.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político, primeiro marqués de Baiona (1625), fillo do oitavo conde de Benavente. Filipe IV nomeouno vicerrei de Sardeña (1625-1631).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Amador Domínguez Pan.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Luís Benigno Vázquez Fernández.

    VER O DETALLE DO TERMO