"Portor" (Contén)
Mostrando 3 resultados de 3.
-
PARROQUIA
Parroquia do concello de Negreira baixo a advocación de santa María.
VER O DETALLE DO TERMO -
IGREXAS
Igrexa parroquial situada en Negreira. Datada a mediados do s XII, construíuse en estilo románico con muros de cantaría e cachotaría de granito. Sufriu numerosas reformas e consta dunha soa nave con ábsida rectangular, e dous arcos semicirculares de descarga en cada un dos lados exteriores da ábsida, entre os seus contrafortes e o testeiro da ábsida. A sancristía engadiuse nun muro lateral. A fachada ten tres corpos e no da esquerda sitúase a torre.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Relativo ou pertencente a Puerto Rico ou aos seus habitantes
-
Natural ou habitante de Puerto Rico.
-
Literatura en castelán que se desenvolve en Puerto Rico. Iniciouse cando o movemento romántico se xeneralizou en toda América Latina. Nun principio, Manuel A. Alonso recolleu na súa obra poesía e prosa de cariz popular, mentres que Alejandro Tapia y Rivera refacía a historia en forma de poesía, novela e drama. En toda a segunda metade do s XIX o ensaio tivo moita importancia, especialmente con Eugenio María de Hostos. No cambio de século algúns escritores como M. Zeno Gandía cultivaron unha excelente prosa naturalista crioula, mentres que Evaristo Ribera Chevremont foi o introdutor das novas tendencias do s XX, en especial do ultraísmo. A comezos de século, o poeta máis destacado foi Luis Palés Matos, ademais de F. Matos Paoli, F. Lluch Mora, V. López Suria e J. Emilio Gonzalez. En prosa dominou a temática da terra e a problemática social con E. A. Laguerre. A afirmación contraria ao dominio dos EE UU e a loita pola personalidade histórica da illa e dos seus valores esenciais constitúen...
-