"Rīga" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 128.

  • Botar barriga.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • abrigadoiro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Lugar protexido dos fenómenos meteorolóxicos adversos onde un pode abeirarse e buscar acubillo. Tamén se emprega para o refuxio das embarcacións.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • abrigadoiro.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Gorecer do frío ou das severidades do tempo.

    2. Protexerse do frío e das malas condicións meteorolóxicas.

    3. Poñer unha embarcación ao abrigo.

    4. Resgardar as cepas e os abrollos para darlles estabilidade e abrigo ás raíces.

    5. Ter esperanzas, sospeitas ou desexos de que algo se cumpra.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUBLICACIÓNS

    Publicación bilingüe aparecida entre os anos 1948 e 1951, e editada polo concello de Betanzos na imprenta de Manuel Villuendas. Subtitulábase “Historia-Etnografía-Bellas Artes-Administración Municipal-Actualidades”. Fundado e dirixido por Francisco Vales Villamarín, contou coa colaboración de Xosé Mª Díaz Castro, Sofía Casanova, Xoán Naya, Ramón Otero Pedrayo, Álvaro Cunqueiro, Enrique Chao Espina e incluíu reproducións de textos de Manuel Murguía e Antón Vilar Ponte, entre outros. As ilustracións eran de Manuel Abelenda, Emilio de la Iglesia Caruncho, Cebreiro, Pérez Villamil e Manuel Castro Gil. Contaba con diversas seccións: estatísticas, planos da cidade, programa das festas de San Roque, industria, comercio e outras informacións. Reapareceu en 1982 con novos colaboradores e máis seccións.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acción e efecto de arrigar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Muller encargada de arrincar o liño.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Arrancar de raíz calquera planta.

    2. Arrancar de raíz o liño maduro coidando de non romper as raíces e seguidamente sacudila para limparlle a terra.

    3. Arrancar a pedra dunha canteira para posteriormente utilizala na construción.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que ten a cor do trigo maduro, entre moreno e rubio.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Na Antigüidade grega e romana, condutor dun carro de cabalos. Na Grecia dos ss VIII-VII a C era quen conducía un carro de guerra. A partir do s VII a C convertéronse nos condutores de carros en xogos deportivos. En Roma o auriga era o condutor de carros en xogos circenses. Os aurigas romanos, tamén chamados agitatores, adoitaban pertencer a clases sociais inferiores, inda que moitos deles, grazas á súa habilidade na condución das carruaxes de cabalos, acadaron éxito e fortuna pecuniaria. Foron adoito representados nas artes plásticas da Antigüidade clásica, sendo a peza máis coñecida a escultura de bronce realizada en tamaño natural titulada Auriga de Delfos.

    2. cocheiro.

    3. Nome latino dunha das constelacións boreais, tamén chamada Cocheiro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Estatua de bronce realizada en tamaño natural atopada nas escavacións do santuario de Delfos. Formaba parte dun grupo escultórico que representaba a carruaxe completa, é dicir, coas bestas e o moble, pero só chegou ata nós a figura do auriga. Está dedicada a Polizelos, tirano de Xela, a quen se cre que representa posiblemente tralo triunfo nunha competición de carros. É un dos máis salientables exemplos da estatuaria do período artístico severo (inicios do s V a C), ponte entre o arcaico e o clásico na arte da antiga Grecia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Poboación situada no Convento Xurídico Bracarense e capital, segundo Ptolomeo, do populus prerromano dos avobriguenses. Existen dúbidas sobre a súa localización na desembocadura do Miño ou no val do Támega.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Médico italiano, máis coñecido por Iacopo Berengario da Carpi. Considérase unha das grandes figuras do renacemento da Anatomía. Estudiou a anatomía do cerebelo e describiu por primeira vez o apéndice vermiforme. Escribiu o tratado de anatomía Comentaria cum amplissimis additionibus super anathomia Mondini (Comentarios con amplísimas adicións sobre a anatomía de Mondini, 1521).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Parte anterior do abdome do ser humano e, por extensión, doutros animais que abrangue o estómago e os intestinos.

    2. Parte media avultada dunha vasilla ou ensanchamento convexo do fuste dunha columna.

    3. Curvatura que fai unha parede.

    4. Parte avultada da rexión posterior da perna situada na metade superior entre a sofraxe e o calcañar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Obra dramática de Manuel María publicada por primeira vez en 1968 e na que se rende unha homenaxe a un personaxe moi popular e querido na beiramar e no interior do país, creado polo marionetista Xosé Silvent Martínez. Logo dun prólogo no que Barriga Verde se presenta ao lector e no que ten lugar unha das moitas pelexas co seu vello inimigo, o Demo, a peza dá conta dos amores que un Serrador sente por unha Moza que vai casar co Galego. Para evitar o casamento e fuxir coa Moza, o Serrador busca a axuda de Barriga Verde, quen lla nega pois vai ser padriño na cerimonia. Despois o Serrador procura a axuda do Demo, acto que desencadea unha nova liorta na que intervén a famosa moca de Barriga Verde. Esta pelexa remata coa morte do Demo, coa fuxida do Serrador, coa morte súbita do Crego que ía celebrar o casamento e coas lamentacións da Moza que non pode casar e anuncia o nacemento próximo dun fillo. Nesta obra recóllense elementos da dramaturxia tradicional como parrafeos, cantigas, refráns e...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Golpe dado na barriga ao caer.

    2. Conxunto de animais que nacen dun mesmo parto.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que ou quen ten moita barriga.

    VER O DETALLE DO TERMO