barriga
(< barrica)
-
s
f
[ANAT]
Parte anterior do abdome do ser humano e, por extensión, doutros animais que abrangue o estómago e os intestinos.
Ex: Tiven que ir ó medico porque comín embutidos en mal estado e deume unha dor moi forte de barriga.
Sinónimos: ventre. Confrontacións: bandougada, bandougo, bandullo. -
s
f
Parte media avultada dunha vasilla ou ensanchamento convexo do fuste dunha columna.
Ex: As ánforas teñen unha forma avultada na barriga.
-
s
f
Curvatura que fai unha parede.
Ex: A barriga do muro anunciaba o seu derrubamento inminente.
-
barriga da perna
[ANAT]
Parte avultada da rexión posterior da perna situada na metade superior entre a sofraxe e o calcañar.
Ex: De tanto correr teño maniotas na barriga da perna.
Frases feitas
-
Apertar a barriga. Vivir unha mala situación, pasalo mal.
-
Non lle doer a barriga a alguén. Ter cartos de abondo para manter un bo nivel de vida.
-
Os contos non enchen a barriga. Non se vive do conto.
-
Botar barriga. Chegar a ter a barriga avultada ou volverse soberbio.
-
Deus te bendiga pola barriga. Expresión deriderativa de carácter irónico.
-
Encher a barriga. Fartarse coa comida.
-
Estar coa barriga á boca Muller que está a piques de parir.
-
Sacar a barriga de mal ano. Coller unha enchente despois de ter pasado privacións.
-
Ter máis ollos que barriga. Comer cos ollos, ser avaro.