"Raúl" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 41.

  • PERSOEIRO

    Político arxentino, fillo de pai galego. Avogado e membro da Unión Cívica Radical, foi hostil ao peronismo e aos réximes militares consecutivos. No 1982 converteuse en líder máximo do seu partido. Tras a caída da ditadura militar e a celebración de eleccións libres en outubro de 1983 chegou a Presidente da República. No seu mandato tivo que afrontar unha grave crise económica, en que a inflación se disparou ata límites insostibles. A desvalorización da moeda oficial, o peso, obrigou o seu goberno a establecer unha nova moeda, o austral, e a adoptar unha serie de medidas de austeridade en 1985. A outra gran tarefa que debeu emprender foi a reorganización democrática do seu país, que incluía a difícil cuestión dos xuízos contra os oficiais do período da ditadura: os xenerais e almirantes, máximos reponsables das xuntas militares...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor e folclorista brasileiro. Foi un dos iniciadores do Modernismo no Brasil e, posteriormente, evolucionou cara a formas vangardistas. Ademais de novelas como Macunaíma (1928), deixou estudios e recompilacións de cancións e danzas brasileiras como Ensaio sobre a música brasilera (1928).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Actor e director francés, discípulo de Charles Dullin. Traballou no Vieux Colombier de Jacques Copeu e foi amigo de Antonin Artaud e Étienne Decroux, quen lle transmitiría a paixón pola expresión xestual. Iniciou a súa andaina na compañía L’atelier, dirixida por Dullin, para despois pasar ao teatro da Comédie Française onde amosaría os seus dotes de actor e director singular. Formou unha compañía coa súa muller, Madeleine Renaud (1946). En 1959 foi nomeado director do Teatro do Odeón, onde dirixiu espectáculos moi diversos a partir de textos de Paul Claudel, Eugène Ionesco, Camus, Anouilh, Montherlant, Gatti, Jean Genet ou Marguerite Duras, mesturando repertorios clásicos coa presentación de novos autores e autoras. Configurou, así, unha liña de traballo que destacou pola orixinal recreación dos clásicos e a decidida aposta pola dramaturxia contemporánea. Igualmente importante foi a presentación en París de directores e colectivos da transcendencia de Jerzy Grotowski, Peter Brook, Teatro...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Escritor. Precursor da literatura do absurdo, que promoveu fundamentalmente coas novelas A farsa (1903), Os pobres (1906), Humus (1917) e O pobre de pedir (1931). Tamén escribiu teatro de vangarda.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Prenome masculino de orixe dubidosa. Segundo algúns estudiosos, é o resultado da corrupción do xermánico Brandila, diminutivo dun antropónimo derivado de brand, elemento que significa literalmente ‘lume’ e metaforicamente ‘espada’, debido á relación entre o lume e o resplandor da folla desta arma. Este antropónimo xa se atesta no latín tardío como Braulio e chegou a nós por vía culta. San Braulio de Zaragoza (s VI-VII) foi discípulo de santo Isidoro de Sevilla, quen o nomeou bispo de Zaragoza na época visigótica (631-651). Escribiu a vida de san Millán de la Cogolla e foi canonizado no 1200. É patrón da cidade de Zaragoza, onde repousan as súas reliquias. San Braulio é titular da parroquia de Caaveiro, no concello da Capela, e a súa festa celébrase o 26 de marzo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Bispo de Zaragoza (631-651) e escritor. Colaborou con Isidoro de Sevilla na redacción das Etimologiae (Etimoloxías, 637). A súa festa celébrase o 26 de marzo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Xadrecista. Aprendeu a xogar o xadrez aos catros anos. Aos 11 anos, no Instituto de La Habana, tomou de novo contacto con este deporte e converteuse no mellor xogador da illa. En 1903 marchou aos EE UU para estudar enxeñería na Universidade de Columbia. En 1908 disputou un encontro co campión estadounidense F. J. Marshall e venceuno. Anos máis tarde, en 1921, proclamouse campión mundial ao derrotar a M. Lasker, título que mantivo ata 1927.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político. Foi deputado na Federación Centroamericana (1838-1842), fiscal (1830) e presidente da Corte Suprema de Xustiza. En 1835 converteuse en presidente de Costa Rica e situou a capital do país de forma definitiva en San José. En 1838 deu un golpe de estado e separou Costa Rica da Federación Centroamericana. En 1841, logo de derrogar a Constitución de 1825, ditou a Lei de Bases e Garantías, pola que se nomeaba ditador vitalicio. Deposto en 1842, exiliouse en El Salvador, onde se dedicou á explotación mineira.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Crítico literario e investigador. É autor dunha extensa obra sobre diversos aspectos da historia literaria e teatral. Da súa produción destacan as obras Teoría del teatro (1961) e Teorías sobre el texto dramático (1981).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Guerrilleiro republicano. Fillo de galegos emigrados a Arxentina, foi coñecido como O Arxentino. Permaneceu agochado ata o ano 1943, cando entrou na loita integrado no PCE. Formou parte da II Agrupación e, coa chegada de novos enlaces dende A Coruña, acadou a función de responsable político. Morreu nun enfrontamento coa Garda Civil.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político e militar cubano. Participou co seu irmán Fidel no asalto ao cuartel de Moncada, polo que foi capturado e condenado a trece anos de prisión. Tras ser amnistiado, exiliouse en México. Desde 1956 participou na loita de guerrillas en Sierra Maestra e tralo triunfo da revolución cubana, foi nomeado ministro das Forzas Armadas Revolucionarias en 1959. Accedeu ao cargo de vicepresidente do Consello de Ministros e segundo secretario xeral do Partido Comunista Cubano en 1976. Desde o ano 1980, desempeñou tarefas de supervisión con Fidel nos ministerios de Defensa, Interior, Cultura e Saúde Pública.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Folclorista, psicólogo e musicólogo francés. Estudiou a canción tradicional francesa. Escribiu, entre outras obras: Recherches sur notre ancienne chanson populaire traditionnelle (Anotacións sobre a nosa antiga canción popular tradicional, 1927-1933), Notre chanson folklorique (A nosa canción folclórica, 1941) e La formation de nos chansons folkloriques (A formación das nosas cancións folclóricas, 1953-1963).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Escultor. Foi profesor na  Escola de Artes e Oficios de Vigo. A súa obra caracterízase polo emprego do granito e pola iconografía de tipos populares tratados de xeito xeometrizante pero sen afastarse do naturalismo. Entre as esculturas públicas que realizou en Vigo destaca o Busto de Carlos Gardel (1991).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Fotógrafo. Realizou estudos de tecnoloxía de gráficos. Participou, entre outras, nas exposicións colectivas La Photographie Contemporaine en Amerique Latine no Centre Georges Pompidou (París, 1982); A View from Inside, na Ledel Gallery (Nova York, 1985), e na V Fotobienal (Vigo, 1992). Individualmente expuxo no Museo Nacional de Bellas Artes e no Museo del Pueblo Combatiente, de La Habana.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Debuxante, dramaturgo e actor. Coñecido como Copi, inicialmente colaborou en revistas satíricas arxentinas. En 1962 trasladouse a París onde colaborou no Nouvel Observateur. Nesta cidade traballou con outros creadores teatrais como Jorge Lavelli, Víctor García ou Fernando Arrabal. As súas creacións escénicas tiñan como obxectivo a desmitificación da sexualidade e a presentación e análise en escena de todo tipo de tópicos e tabús relacionados co sexo, principalmente coa homosexualidade, e os prexuízos que provocan. Entre as súas propostas máis innovadoras hai que citar Santa Genoveva en la bañera (1966), que interpretaba un actor nu nunha bañeira, L’homosexuel ou la difficulté de s’exprimer (O homosexual ou a dificultade de expresarse, 1971), Loretta Strong (1974) ou La nuit de Madame Lucienne (A noite de madame Lucienne, 1984). En 1987 recibiu en París o Premio Nacional de Literatura Dramática, e en 1988 apareceu, postumamente, a súa obra Una visita inoportuna,...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Autor dramático e guionista. Comezou a súa actividade teatral como actor nos grupos Tespis e Compañía Luís Seoane e protagonizou, en 1988, O mozo que chegou de lonxe do Centro Dramático Galego. Como escritor é un dos máis relevantes autores da denominada Xeración dos 90. Aínda que a súa primeira incursión na escrita dramática é Sopa de estrelas, estreada en 1988 pola compañía Salamántiga, seguida de Waterlook, publicada na revista Ólisbos en 1990, deuse a coñecer con Matalobos, Premio Rafael Dieste de Literatura Dramática da Deputación da Coruña no ano 1993, estreada pola Aula de Teatro da Universidade de Santiago en 1994. Nese ano recibiu o Premio Álvaro Cunqueiro de Teatro por Lugar, aínda que non foi estreada ata o ano 1999 polo Centro Dramático Galego. Estruturalmente complexa, sobre todo no que se refire aos saltos espaciais e temporais, o núcleo argumental da obra xira arredor da historia dun encoro que anega un territorio chamado...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos engráulidos.

    2. Peixe da familia dos engráulidos.

    3. Familia de peixes, da orde dos clupeiformes, á que pertence o bocarte.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de peixes mariños, da familia dos engráulidos, ao que pertence o bocarte.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Abadía beneditina que fundou Robert d’Abrissel en 1099. Formáronse tres comunidades que estaban baixo as ordes dunha abadesa: unha de monxes, outra de monxas e outra de relixiosos segrares. O concello de Fontevrault-L’Abbaye (Anjou) débelle o nome a esta abadía. Suprimiuse en 1792.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Actor. Traballou co Centro Dramático Galego en espectáculos, como O incerto señor Don Hamlet (1991) ou Un soño de verán (1992); con Teatro do Noroeste en Os xustos (1991), A grande noite de Fiz (1992), Galileo Galilei (1993), As vodas de Fígaro (1994), Macbeth (1994) e Historias peregrinas (1994) ou con Teatro Galileo en Trobador (1998) ou Diario (2000). Foi o fundador do grupo Rara Avis.

    VER O DETALLE DO TERMO