"Rab" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 681.

  • Familia hebrea de Castela, asentada en Portugal despois das matanzas do ano 1391. Os seus membros establecéronse en Toledo e en Nápoles. Entre eles destacaron I haq Abrabanel , político e comentarista bíblico, e o seu fillo Yĕhudán, escritor coñecido polo seu alcume, León Hebreo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que pode ser administrado.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que é digno de admiración.

    2. Obxecto de admiración, recoñecemento e aprecio.

    3. Impresión positiva ou negativa que se produce na persoa por algo que non se agarda.

    4. Signo ortográfico colocado ao final (...!), por exemplo no inglés e no portugués, ou ben ao principio e ao final (....!), como no caso do galego e do castelán, dunha proposición exclamativa ou dunha interxección.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que é digno de admiración.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Digno de ser adorado.

    2. Que marabilla,  que causa adoración.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que se pode adulterar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Organización de traballadores do mar fundada en Vigo o 13 de agosto de 1932, contaba cun local en Bouzas. Máis coñecida como Agrupación Autónoma, as súas orixes están na Sociedad de Patrones y Maquinistas de la Ría de Vigo. Definiuse como unha organización obreira de carácter autónomo, á marxe de toda tendencia política, pero o xeito en que participou nos momentos iniciais do conflito pesqueiro que sumiu no paro portuario á cidade en 1932, fixo que a CNT local a acusase de organización católica. Así mesmo, mantiña unhas estreitas relacións coa Patronal, produto da necesidade que esta tiña de contar cun sindicato afín ás novas bases resultantes do conflito, que implicaban a liberdade de contratación entre as distintas organizaciós sindicais.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Obxecto composto por dúas pezas de metal que van unidas por un eixe sobre o que xiran, empregado para suxeitar as portas e fiestras ao marco de tal xeito que poidan abrir e pechar.

    2. Peza articulada, xeralmente metálica, que vai pendurada na porta principal dunha casa, empregada para petar nela e chamar a xente que hai dentro da casa.

    3. Barra de ferro empregada para asegurar as portas e contras das ventás.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Golpe de aldraba ou picaporte.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • de aldrabar.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Pechar unha porta ou obxecto semellante, trancándoa de tal xeito que non se poida abrir.

    2. Construír calquera invención que non se identifique coa realidade mesma.

    3. Termo da xerga dos canteiros que corresponde á voz ‘escapar’.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Persoa que non di a verdade, que engana e trabuca á xente.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Aldraba de grandes dimensións que serve para bater nas portas e solicitar así a entrada nun lugar.

    2. Que inventa ou esaxera a realidade das cousas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Licenciada na especialidade de Historia da Arte pola Universidade de Santiago de Compostela e na de Musicoloxía pola Universidade de Oviedo. Realizou estudios musicais nos Conservatorios de Santiago de Compostela e da Coruña. En 1992 doutorouse coa tese El compositor italiano Buono Chiodi y su magisterio en Santiago de Compostela. Como investigadora destacan os seus traballos centrados na música da catedral compostelá, na transición do Barroco ao Clasicismo; nas relacións musicais hispano-italianas na segunda metade do s XVIII, nos aspectos sociais da historia da música e da historia da música galega. Conferenciante en numerosos congresos nacionais e internacionais, e membro de diversas sociedades e asociacións musicais como a Society International Musicologica. Colabora no The New Grove Ditionary of Music and Musicians e na edición do Dicionario de Música Española e Hispanoamericana. Ten publicado os libros: La capilla de música de la catedral de Santiago...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Lingua arábiga. Variante do árabe, falada polas minorías musulmanas nos estados cristiáns da Península Ibérica despois da eliminación de todo poder político musulmán. En Castela, Aragón e no Principado, estes grupos abandonaron o idioma, e cara ao 1500 só se conservaba algún rastro fonético no uso do castelán e do catalán.

    2. Linguaxe empregada dun xeito inintelixible.

    3. Confusión e barullo que se produce polas voces e berros de moitas persoas xuntas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Narración inglesa para nenos de Lewis Carroll, publicada en 1865. A protagonista, durmida contra unha árbore, adéntrase nun mundo de fantasía. A obra é considerada un dos precedentes do superrealismo e do absurdo.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Aparello de pesca de grandes dimensións, destinado principalmente para capturar bandadas de peixes migratorios (atúns e outros escómbridos sobre todo). Consta fundamentalmente dunha rede disposta perpendicularmente á liña de costa, denominada cola, que comunica, a través dunha abertura denominada boca cunha serie de compartimentos rectangulares ou cuadrangulares, chamados cámaras, o último deles, denominado copo, está provisto de fondo. Os peixes, desviados pola cola, pasan, a través da boca, ás cámaras e ao copo. Unha vez dentro, a entrada queda pechada por outra rede chamada porta. A almadraba queda fixada por áncoras e queda calada na maioría dos casos durante moito tempo (primavera e verán, ou outono e inverno), mentres duran as migracións. As almadrabas, caladas nas baías ou desembocaduras dos ríos, sempre nas proximidades da costa para evitar as grandes profundidades, teñen, non obstante, unhas dimensións moi notables. A cola adoita ter...

    2. almadraba de vista

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Persoa que ten ou manexa unha almadraba.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos almorábides.

    2. Individuo da seita islámica almorábide.

    3. Secta islámica orixinaria do Sáhara, fundada en 1042 por ‘Abd Allāh ibn Yāsīn. Por mor do veo que lles tapaba o rostro ata os ollos, os seus membros foron tamén chamados al-mulattimūm. A tribo lamtūna (do grupo bérber dos sanhāǧa, antecesores dos tuareg) foi partidaria da nova doutrina, grazas ao feito de que os seus Xeques, os irmáns Yaḥyà e Abū Bakr, se converteron en discípulos de ‘Abd Allāh. Inspirados polas doutrinas islámicas, dedicáronse á ğihad (guerra santa). A actuación militar de Yaḥyà e de ‘Abū Bakr determinou o dominio das tribos do deserto e asimilou os territorios de Siğilmasa, Sūs e Agmāt. Abū Bakr, encomendou o norte ao Xeneral Yūsuf ibn Tašfin, dirixiuse cara ao sur e refuxiouse en Gana (1076), onde formou un primeiro núcleo de musulmáns negros e fundou a cidade de Tombouctou (1077), centro destinatario das rutas de caravanas procedentes...

    VER O DETALLE DO TERMO