"Raleigh" (Contén)

Mostrando 3 resultados de 3.

  • PERSOEIRO

    Filántropo. Participou na fundación do World Council of Churches e foi o secretario xeral do International Comittee of the Young Men’s Christian Association (1915-1928) e do National War Work Council. Escribiu numerosas obras, como The Future Leadership of the Church (1909), The Larger Evangelism: The Sam P. Jones Lectures at Emory University, 1944 (1944) e Leadership of the Construtive Forces of the World (1931). Recibiu o Premio Nobel da Paz xunto con E. G. Balch (1946).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CAPITAIS

    Capital do estado de Carolina do Norte, EE UU, situada na unión da plataforma de Piedmont coa chaira costeira, á beira do río Neuse, nunha zona moi urbanizada (276.093 h [2000]). A súa economía baséase na produción de electricidade, tecidos e fariña, e ten industria metalúrxica.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Navegante e nobre inglés. Participou nas guerras de relixión en Francia (1569), e en 1578 organizou unha expedición de saqueo contra a América hispánica. En 1580 loitou en Irlanda ás ordes do conde de Leicester, o que chamou a atención da Raíña Isabel I, que pronto o acolleu como un dos seus favoritos. En 1585 levou a termo unha expedición colonizadora a Virginia, que medio fracasou. Segundo a tradición, introduciu a pataca e o tabaco en Inglaterra. En 1595 explorou a Güiana en busca de El Dorado, e ao ano seguinte colaborou na expedición contra Cádiz, pero caeu en desgraza baixo o reinado de Xaime I e foi condenado a cadea perpetua. Tras a súa posta en liberdade, volveu explorar os bosques do Orinoco sen resultados positivos, e foi desamigándose cada vez máis cos casteláns. Ao voltar a Londres foi encarcerado e decapitado a petición do embaixador castelán.

    VER O DETALLE DO TERMO