"Ranger" (Contén)
Mostrando 7 resultados de 7.
-
PERSOEIRO
Poeta romántico. As súas Chansons, cheas de axilidade, pero a miúdo demasiado fáciles, derivaron cara a unha sátira política contraria á monarquía da Restauración. Influíu na revolución de 1830. Obtivo unha gran popularidade coas súas composicións anticlericais, o que lle levou, entre outras cousas, a ser o representante da pequena burguesía liberal.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Obra de Albert Camus publicada en 1942, considerada unha das obras máis destacadas do s XX. Trátase dun relato sobre a falta de paixón que, cun estilo directo, ritmo rápido e frases curtas, penetra na mente de Meursault, un oficinista que leva unha vida simple. Un día recibe a nova da morte da súa nai no asilo en que estaba internada. Asiste ao funeral sen demostrar dor ningunha pola perda e ao día seguinte fai amizade con Raymond e inicia unha relación con Marie, unha compañeira da oficina. A amizade con Raymond lévao a asasinar impulsivamente a un árabe, feito polo que é encarcerado e xulgado pola falta de sentimentos que amosa. O autor adiantouse á súa época ao ofrecer a deprimente imaxe dun home a quen a liberdade que exercita non o engrandece nin moral nin culturalmente, senón que máis ben o desespiritualiza e priva de solidariedade, entusiasmo e ambición, volvéndoo pasivo, rutineiro e instintivo nun grao case animal. Describe a carencia de valores da sociedade contemporánea como consecuencia...
-
VER O DETALLE DO TERMO
James La Blanche Stewart.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Primeiro programa norteamericano de exploración automática esencialmente gráfica da superficie lunar, mediante unha serie de sondas cósmicas que levaban o nome do programa, e que transmitiron as imaxes obtidas mentres se aproxiamaban e ata que facían impacto co seu solo. Os Rangers 1 e 2 foron lanzados en 1961 para ensaiar as máquinas e os foguetes. Cos Ranger 3, 4 e 5 intentáronse depositar cápsulas con instrumentos na superficie da Lúa; o Ranger 5 fixo impacto no hemisferio oculto. O Ranger 6, destinado a obter imaxes, foi lanzado en 1964 pero fallou. O Ranger 7 funcionou correctamente e conseguiu imaxes do solo lunar. Os Rangers 8 e 9 cerraron o programa para dar paso ao Surveyor e ao Lunar Orbiter.
-
-
oluntario do corpo de cabalaría durante a Guerra de Independencia americana.
-
Membro das tropas de asalto de EE UU durante a Segunda Guerra Mundial.
-
-
PERSOEIRO
Filósofo, psicólogo e pedagogo alemán. Investigou os diversos tipos humanos (home teórico, económico, estético, social, relixioso e de poder) e creou unha filosofía dos valores e unha pedagoxía como ciencia do espírito. Destacan as súas obras Lebensformen. Geistwissenchaftlicheit (Formas de vida. Psicoloxía das ciencias humanas e ética da personalidade, 1914), Kultur und Erziehung (Cultura e educación, 1919), Der geborene Erzieher (O educador nato, 1958) e Menschenleben und Menchsheitsfragen (A vida humana e a cuestión da humanidade, 1963).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Fiorde do N de Escandinavia, Noruega, preto das fronteiras de Finlandia e Rusia, no mar de Barents. O principal núcleo de poboación é Vadsö, situado na costa setentrional.