"Reus" (Contén)

Mostrando 17 resultados de 17.

  • ES-TRAD;mso-fareast-language: áureo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de insectos da orde dos mecópteros, de ata 3 mm de lonxitude que se alimentan e viven entre os mofos. Os adultos da especie B. hyemalis, de alas reducidas, pódense observar sobre a neve dende os Pireneos ao norte de Europa; debido á capacidade de salto que presentan denomínanse pulgas da neve.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Teorema que establece que para calquera enteiro n ? 48, existe un enteiro primo entre n e 9n/8.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de arbustos da familia das cactáceas de talo cilíndrico e groso, de máis dun metro de altura, sen ramificacións, con 5 ou 6 costelas arredondadas, con aréolas de 4 a 7 espiñas de ata 5 cm de lonxitude e sen gloquidios. As flores son sésiles e alaranxadas de ata 15 cm de longo, e teñen forma de funil. En Galicia está presente, como ornamental, a especie C. uruguayanus, orixinaria do S de América.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Licor elaborado dende principios do s XVII polos monxes cartuxos con 130 herbas e especias. Presenta as variedades: elixir vexetal da Grande Chartreuse (68°), Chartreuse verde (55°) e Chartreuse amarelo (43°). Elabórase na cidade francesa de Voiron e, desde 1903 (data da expulsión da orde cartuxa de Francia), tamén en Tarragona.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Poeta. Licenciado en Psicoloxía. Colaborador en diversas revistas literarias (Dorna e A Regueifa) e membro do consello editorial da colección de poesía Letras de Cal. Participou en diversos proxectos culturais, como o grupo de teatro Talía, o Batallón Literario da Costa da Morte ou o Colectivo Poético Un Medio.
    Publicou as obras Areados: na selva, pola tarde, ollando os tigres (Premio Miguel González Garcés, 1996), Poemas da cidade oculta (1996) e Teoría do lugar (1999), e os relatos “E a catro patas: quilómetros” (Premios Pedrón de Ouro Certames XVIII e XIX 1992 e 1993) e “Alguén matou a Bambi”, recollido no volume colectivo Historia da pusilanimidade e catro contos máis (1996). Outras obras son  Libro dos cans (2010), Decrúa (2003), Balea2 (2011) e Tirotea2 (2011)....

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CABOS

    Cabo que constitúe o extremo oriental da Península Ibérica, situado no sector do litoral mediterráneo denominado Costa Brava, na provincia de Girona. O seu contorno recibiu a declaración de Parque Natural.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Personaxe da mitoloxía e literatura gregas, filla de Creonte, rei de Corinto. Prometida de Xasón. Ás veces, recibe o nome de Glauce.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Personaxe da Eneida, filla de Príamo e Hécuba. Morreu no incendio de Troia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Personaxe da mitoloxía grega, filla de Erecteo e Praxítea. Violada por Apolo nunha gruta da Acrópole ateniense, tivo un fillo, Ión, que abandonou así que naceu naquel mesmo lugar. Hermes recolleu o neonato e educouno no templo de Delfos. Tempo despois casou con Xuto e tivo dous fillos, Diomede e Aqueo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • DEPARTAMENTOS

    Departamento francés, na rexión de Limousin (5.565 km2; 125.900 h [estim 1997]). A capital é Guéret (14.706 h [1990]).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor. Licenciado en Filosofía e Letras, como autor galego pódese encadrar dentro da Xeración do 36. Coñeceu o galego a través da lírica medieval e escribiu nesta lingua os libros de poemas As canciós d’ise amor que se diz olvido (1951) e As derradeiras pombas do serán (1991), en que, coma no anterior, o autor canta ao amor pasado en versificacións curtas, semellantes ás da cantiga popular. É tamén autor de África 1966 (1966), Los cantos de Montenegro y otros poemas (1981) e A través de la fe llegó la vida (1998).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Akademie der Wissenschaften.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio situado na provincia de Tarragona, Catalunya (89.006 h [2001]). A base da súa economía é a agricultura de regadío complementada coa avicultura e a comercialización dos produtos agropecuarios mediante cooperativas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • RIOS

    Río de Suíza, afluente pola dereita do Aare (159 km de lonxitude). Nace no cantón de Uri, na rexión de San Gottardo, entre os pasos de Furka e Oberalp. Atravesa o lago dos Catro Cantóns, do que sae por Lucerna.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Familia principesca alemá que deu nome a diversos estados independentes do Sacro Imperio Romano-Xermánico. A orixe da súa denominación remóntase ao bailío Enrique de Plauen o Novo (?-1291?), fillo de Enrique I, señor de Plauen e Vogtsbert. Ao morrer en 1535 Enrique XVI Reuss , señor de Greiz e Kranichfeld, as posesións foron divididas entre os dous fillos e o máis vello, Enrique XVIII Reuss (?-1573) formou a rama maior de Reuss con capital en Greiz (Reuss-Greiz). En 1778 o conde Enrique XI Reuss (?-1800), foi nomeado príncipe do Sacro Imperio Romano-Xermánico e os seus descendentes, extinguidos en liña masculina en 1927, reinaron no Principado de Reuss (rama maior) ata 1918. Enrique XVII Reuss (?-1572), fillo pequeno de Enrique XVI, formou a rama menor de Reuss, con capital en Gera (Reuss-Gera). O conde Enrique XLII Reuss (?-1818) foi nomeado en...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Economista. Catedrático de economía, foi profesor de dereito político, administrativo e economía política na Universidade de Santiago do Compostela entre 1854 e 1858. Foi subsecretario do ministro de Finanzas Laureà Figuerola i Ballester, quen ademais o iniciou no coñecemento de H. Ahrens. Durante a súa estancia en Santiago de Compostela, onde tivo como discípulos a Uxío Montero Ríos e Saturnino Álvarez Bugallal, enfrontouse ao clero compostelán pola súa oposición á influencia teocrática. Escribiu Mis memorias (1852-1868).

    VER O DETALLE DO TERMO