chartreuse*

chartreuse*
s m [ALIM]

Licor elaborado dende principios do s XVII polos monxes cartuxos con 130 herbas e especias. Presenta as variedades: elixir vexetal da Grande Chartreuse (68°), Chartreuse verde (55°) e Chartreuse amarelo (43°). Elabórase na cidade francesa de Voiron e, desde 1903 (data da expulsión da orde cartuxa de Francia), tamén en Tarragona.