"Rianxo" (Contén)

Mostrando 7 resultados de 7.

  • Agrupación musical fundada en 1870 que se mantivo en activo ata 1929, ano en que desapareceu. Foi reorganizada e dirixida en 1930 por Perfecto Iglesias Figueroa, con algúns compoñentes da banda vella pero principalmente con novos músicos ensinados por el. Directores posteriores foron José Badín, Marcial Sanjurjo, José Oro Val, Vázquez Gregorio, Francisco Gargallo e Simón Trelles. Na actualidade está dirixida por Rosendo Iborra Jover. En 1945 acadou o II Premio no Certame de Bandas de Santiago de Compostela.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia baixo a advocación de santa Comba que dá nome ao concello de Rianxo, onde se atopa a capital municipal.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Concello da comarca de Barbanza, situado no SO da provincia da Coruña, no O da Comunidade Autónoma de Galicia. Limita ao N con Lousame (comarca de Noia), ao S coa ría de Arousa, ao L con Dodro (comarca do Sar) e ao O con Boiro (comarca de Barbanza). Abrangue unha superficie de 58,8 km 2 , en que acolle unha poboación de 11.554 h (2007), distribuída nas parroquias do Araño, Asados, Isorna, Leiro, Rianxo e Taragoña. A súa capital é a vila de Rianxo, situada a 42° 39’ 10’’ de latitude N e 8° 48’ 52’’ de lonxitude O, localizada a 104 km da capital provincial e 36 km de Santiago de Compostela. Está adscrito á arquidiocese de Santiago e ao partido xudicial de Padrón.
    Xeografía física
    Rianxo, situado no fondo da ría de Arousa, na súa marxe dereita, está nunha zona de transición entre a serra do Barbanza, o val de Quintáns e o esteiro do Ulla. O territorio encóntrase compartimentado en bloques elevados e afundidos cunha dirección SO-NL. As áreas elevadas están...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Revista publicada en Bos Aires a partir de 1950. Editada pola “Sociedad Parroquias Unidas Del Ayuntamiento De Rianjo”, incluíu abundante información sobre as actividades culturais e sociais desenvolvidas por esta asociación de emigrantes, así como notas sobre a súa directiva.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Santuario mariano situado en Rianxo. Fundado en 1671 por Alonso Fernández Gastón sobre o antigo santuario de Nosa Señora da Cruz (1561), ten unha soa nave con tribuna superior de madeira e capela maior cuberta con bóveda de nervios e arco triunfal de medio punto. A fachada é barroca e nela destacan os adornos do lintel e o friso da porta, rematada con frontón triangular que acolle unha fornela coa imaxe da Virxe de Guadalupe. No muro consérvanse dous escudos coas armas dos Bastón e Ponte. A súa orixe atópase nunha imaxe da Virxe traída de Extremadura, obra do escultor rianxeiro frei Xosé de Santiago (1773), que se levou á ermida de San Xosé da Floresta. Tras a Guerra da Independencia, a ermida quedou en ruínas pero a imaxe da Virxe conservouse e trasladouse á capela na que se venera. No lugar celébrase a romaría da Virxe de Guadalupe en setembro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Porto pesqueiro situado na ría de Arousa, no concello do mesmo nome. É un porto mexilloeiro e de pesca de baixura que serve de base a pequenas frotas artesanais. Ten un calado de 3 m, rampas, auga, combustible, talleres e efectos navais de tipo pesqueiro, grúa e iluminación. Conta con instalacións deportivas con capacidade para 83 embarcacións.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • IGREXAS

    Igrexa parroquial situada en Rianxo. Datada no s XV, ten trazas gótico-mariñeiras con planta rectangular e unha soa nave dividida en catro tramos por arcos faixóns apuntados. A capela maior é de planta cadrada e cóbrese con bóveda de cruzaría. No lado norte ten acaroada unha capela de menor dimensión, a sancristía sitúase detrás da cabeceira. Nos laterais da nave principal atópanse dúas capelas dos ss XVI-XVII. Na fachada principal destaca a portada do s XVI con arco de medio punto e un relevo de Xesús Cristo bendicindo entre dous anxos. Nun lateral sitúase a torre-campanario do s XVIII, de planta cadrada con tres tramos e rematada en cúpula.

    VER O DETALLE DO TERMO