"Ribadeo" (Contén)
Mostrando 8 resultados de 8.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Agrupación fundada en 1955 e dirixida dende a súa presentación ata 1984 por Carlos Álvarez Fernández-Cid, ano no que colleu a batuta María del Carmen Rodríguez Cancelo. Conta cun amplo repertorio no que se inclúen obras clásicas, relixiosas e populares, e pezas de zarzuelas, interpretadas por un conxunto de 50 voces mixtas. Apadriñou as corais de Viveiro e Sober e realizou numerosas actuacións en Galicia e fóra dela (Asturias, Astorga, Donostia, Barcelona, Sabadell, Jaén e Lisboa). Gravou para RNE, Cadena COPE, Radio Galega, TVG, Telelugo e TVE, así como un directo no ano 1995 no que se recolleu o concerto conmemorativo do seu 40 aniversario.
-
PARROQUIA
Parroquia baixo a advocación de santa María que dá nome ao concello de Ribadeo, onde se localiza a capital municipal.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Concello pertencencente á comarca da Mariña Oriental, situado no NL da provincia de Lugo e da Comunidade Autónoma de Galicia. A súa posición xeográfica é 43° 32’ 17’’ de latitude N e 7° 02’ 21’’ de lonxitude O. Limita ao N co Mar Cantábrico, ao S con Trabada (comarca da Mariña Oriental), ao L coa ría de Ribadeo e Asturias, e ao O con Barreiros (comarca da Mariña Oriental). Abrangue unha superficie de 108,9 km2, en que acolle unha poboación de 9.764 h (2007) distribuída entre as parroquias de Arante, Cedofeita, Couxela, Covelas, A Devesa, Ove, Piñeira, Ribadeo, Rinlo, Santalla de Vilausende, Vilaframil e Vilaselán. A súa capital é a vila de Ribadeo, localizada a 90 km da capital provincial. Está adscrito á diocese de Lugo e ao partido xudicial de Mondoñedo.
VER O DETALLE DO TERMO
Xeografía física
O relevo de Ribadeo pódese dividir en tres unidades, a Rasa Cantábrica, os relevos residuais e as marxes da ría de Ribadeo. A Rasa Cantábrica, que ocupa a franxa setentrional, é unha... -
SEMANARIOS
Semanario publicado en Ribadeo a partir de abril de 1934. Cesou a finais de 1935. Fundado e dirixido por Etelvino Méndez, incluíu información local, deportiva e colaboracións literarias de Dionisio Gamallo Fierros.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Título que ostentaron tres liñaxes diferentes. A primeira concesión fíxoa o Rei Enrique II en 1369 ao cabaleiro Pierre de Villaines , que chegara a Castela para axudar ao monarca no seu enfrontamento con Pedro I o Cruel. Daquela as armas do condado foron as da súa liñaxe: en campo de prata tres leóns de sable, armados e lampasados de goles, e engadiu un franco cuartel coas armas de Castela e León. Cando retornou a Francia, vendeu o condado ao condestable Ruy López Dávalos (?-València 1428), que tiña como armas as da súa liñaxe: de azur un castelo de ouro e bordura de goles e prata. O condestable foi privado de Enrique III e apoiou ao seu fillo Xoán II ata que caeu en desgraza. Morreu sen descendencia e o rei concedeu o título en 1431 ao condestable Rodrigo de Villandrando (?-1448) que estivo moi vinculado ás loitas da época e boa parte da súa vida transcorreu en Francia. O seu fillo Pedro de Villadrando y Zúñiga herdou os seus...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Porto situado na ría de Ribadeo, no límite con Asturias. Posúe instalacións pesqueiras, comerciais e náutico-deportivas, estas na dársena de Porcillán, onde se atopa o Club Náutico. Conta con pantaláns, amarres, combustible, auga, electricidade, efectos navais, rampla de varada, talleres, guindastres e prazas de atraque en pantaláns flotantes. O porto pesqueiro, cunha frota non excesivamente grande pero destacada na pesca de baixura, contou en épocas anteriores con moita maior actividade.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Ría situada no NL da provincia de Lugo, no N da Comunidade Autónoma de Galicia. Disponse de N a S cunha lonxitude duns 10 km de longo e 800 m de anchura media. A súa orixe é de caracter mixto, cosecuencia dunha falla con dirección N-S sobre a que o río Eo escavou o seu val. A configuración actual da ría responde a unha serie de procesos de escavación e recheo do val. É unha importante paraxe de repouso migratorio e invernación das aves acuáticas europeas. Ten a denominación RAMSAR e forma parte do LIC Río Eo (2001).
-
IGREXAS
Igrexa parroquial situada en Ribadeo. Realizada en cachotaría e cantaría granítica, é unha reconstrución do antigo convento franciscano do s XIII. Consta de nave central cuberta de bóveda de nervios, capela maior, dúas capelas absidiais e outras laterais. No seu interior destacan os arcos románicos polos que se accede á antiga sala capitular desde o claustro. Na fachada principal salienta a porta gótica do s XIV con columnas e capiteis con decoración vexetal e unha gran fiestra tamén decorada. No centro da fachada sitúase unha torre-campanario gótica, e no lado esquerdo unha portada gótica semellante á principal.
VER O DETALLE DO TERMO