"Rita" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 231.
-
VER O DETALLE DO TERMO
↪ abirtar.
-
VER O DETALLE DO TERMO
abirtar.
-
VER O DETALLE DO TERMO
British Academy.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Aerolito constituído por olivina e piroxenos que se caracteriza pola ausencia de cóndrulos. A súa composición e aspecto semella o dalgunhas rochas ultrabásicas terrestres.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Microfósiles esféricos ou subesféricos de orixe incerta, habitualmente dunha medida entre pouco menos de 1 μm ata 100 μm de diámetro. Son restos de microorganismos bentónicos ou planctónicos e constitúen unha fonte de información importante do Protozoico e dos primeiros tempos do Fanerozoico.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Nome que tiñan, antes de 1920, os territorios que máis tarde darían lugar á colonia de Quenia. Posteriormente o nome foi aplicado ao conxunto formado por Quenia, Uganda, Tanganica e Zanzíbar.
-
VER O DETALLE DO TERMO
ariedade de clorita do grupo das leptocloritas.
-
CABOS
Cabo da costa do Peloponeso, Grecia, situado no extremo meridional da península de Mesenia, no mar Xónico.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
ariedade de alabastro que pode ser torneada e puída e que adoita empregarse como elemento decorativo.
-
VER O DETALLE DO TERMO
ariedade de crisoberilo de cor verdosa, que se presenta con moita frecuencia cristalizada, ás veces por xustaposición e outras veces por compenetración.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Nome dado a miúdo a un tipo de escritura antiga de orixe prerromano, da que se teñen atopado exemplos ao S de Portugal, de Beja ata o Algarve, así como un exemplo en Alcalá del Río, Sevilla. É un sistema mixto, de signos alfabéticos e silábicos, feito que o fai semellante aos sistemas de escrita denominados “ibéricos”. Semella que foi usada entre os ss IV e I a C.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Resina fósil, de composición moi parecida á do ámbar, pero sen ácido sucínico. Preséntase en masas amorfas de cor gris amarelada, translúcida e insoluble en alcohol, éter, etc. É abundante en Nova Celandia.
-
-
Relativo ou pertencente aos amiritas.
-
Nome outorgado aos descendentes e protexidos de Ibn Abī ‘Amir al-Manṣūr. Membros destacables da familia foron ‘Abd al-Malik Yūsuf al-Muẓaffar e Sançol, fillos de Almanzor. ‘Abd al-’Azīz ibn Abī-’Amīr al-Manṣūr encabezaba a dinastía que gobernou a Taifa de València, seguido polo seu fillo ‘Abd al-’Azīz (1075-1085). En tempos do Cadí ‘Utman ibn Abī Bakr, perderon definitivamente o goberno de Valencia ao ser entregada, no ano 1085, polos casteláns ao destronado al-Qādir de Toledo.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
amorrita.
-
-
Relativo ou pertencente aos amorritas ou á súa lingua.
-
Antigo pobo semita de Oriente Próximo e de Oriente Medio, que viña, segundo parece, do deserto de Siria. Xa se fala deles en textos da dinastía I sumeria de Uruk (2700 a C). A partir da dinastía de Accad (2371-2191 a C) aparecen regularmente nas fontes acadias, e entre os anos 2300 e 1800 a C a súa numerosa poboación permitiu que se estenderan polo S de Mesopotamia. En época de Ibbi-Sin os amoritas puxeron fin á dinastía III de Ur e ao país sumerio, e crearon diversos reinos máis pequenos (Larsa, Kish, Sippar e outros). O máis importante destes reinos estaba rexido por Hammurabi (1792-1750 a C) que acabou por unificalos baixo un único estado. Impuxéronse no N a Asiria e máis a Siria (Mari, Alepo, Qatna, Ugarit). A partir do ano 1800, houbo un declive en favor dos hurritas, que acabaron por impoñerse no Reino de Minanni (1600-1000 a C).
-
Antiga lingua semítica pertencente ao grupo setentrional central. Propia dos amoritas, dela non se conserva ningún escrito, pero aparece documentada en máis de 2.000 nomes propios dispersos, principalmente nunha serie de táboas finas en lingua acadia e, en segundo lugar, nos Textos de Execración exipcios das dinastías XII-XIII e máis nos escritos ugaríticos dos ss XIV-XIII a C.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Bebida dos deuses, que dá a inmortalidade, análoga ao néctar da mitoloxía grega.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Sulfato de chumbo, plata e antimonio, PbAgSb3S6. Cristaliza no sistema rómbico e os cristais son columnares curtos, de cor gris de aceiro escuro e brillo metálico, e de fractura concoidal. Ten dureza 2,5-3,5 e peso específico 5,33-5,37.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Sulfato de calcio anhidro, CaSO4. Cristaliza no sistema rómbico, formando agregados granulosos, compactos ou fibrosos; de exfoliación perfecta, cor azul, gris azulada, branca ou incolora, e brillo vítreo. Ten dureza 3,5 e peso específico 2,9-3.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Carbonato mixto de calcio, ferro, magnesio e manganeso, de fórmula Ca(Fe,Mg,Mn) (CO3)2. Cristaliza no sistema trigonal, formando cristais romboédricos dispostos en agregados macizos. Ten cor branca, gris, ocre ou marrón, e exfoliación clara; dureza 3,5-4 e peso específico 2,8-3,1.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Colonia británica formada nos territorios da Antártida situados entre o paralelo 60° latitude S e os meridianos 20° e 80° lonxitude O. Os territorios que abrangue son a parte continental -coa península Antártica-, as illas Órcadas do Sur e as illas Shetlands do Sur. A súa superficie é de 388.500 km2. Ata o 3 de marzo de 1962 formou parte das dependencias das Malvinas. Arxentina e Chile reivindican para si unha parte deste territorio.