"Roo" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 58.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Nome co que se coñece o Mariscal británico Alan Francis Brooke.
-
PERSOEIRO
Pintor flamenco. Formado en Valéncia dende o 1439, é considerado o introdutor, xunto con Luís Dalmau, do estilo flamenco na Península Ibérica. As obras que lle son atribuídas caracterízanse pola verticalidade e a técnica minuciosa.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
arrurruz.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Termo da xerga dos canteiros que corresponde á voz ‘peto’.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Cría da centola.
-
PERSOEIRO
Director de escena. Iniciou a súa actividade teatral mentres estudiaba en Oxford, presentando espectáculos de baixo presuposto durante a Segunda Guerra Mundial. En 1945 estreou co Birmingham Repertory Theatre unha peza a partir dun texto de Shakespeare, King John, que lle abriría as portas do Shakespeare Memorial Theatre de Stratford-upon-Avon, denominado a partir de 1961 Royal Shakespeare Company. Nesta compañía dirixiu espectáculos como Love’s Labour’s Lost (1945), Measure for Measure (1950), Titus Andronicus (1955) ou King Lear (1962). Influenciado polas propostas de Antonin Artaud, Bertolt Brecht ou Jerzy Grotowski, procurou un estilo propio que reflitiría no seu libro The Empty Space (1968) e en espectáculos como Marat-Sade (1964) de Peter Weiss, trasladado ao cine, ou U.S. (1966), realizado en equipo e con elementos de improvisación, que dan conta do seu compromiso político e humanista. En 1968 trasladouse a París...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Mariscal británico e primeiro vizconde de Alanbrooke. Na Segunda Guerra Mundial comandou o segundo exército británico en Francia e distinguiuse en Dunkerque. Foi xefe do estado maior imperial entre 1941 e 1946, conselleiro militar de Churchill e influíu na estratexia aliada durante a guerra.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Aventureiro inglés. Sobriño e sucesor de sir James Brooke, foi raxá de Sarawak. Aboliu a escravitude e aceptou o protectorado británico sobre o seu territorio.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Aventureiro británico de orixe india. Raxá de Sarawak por nomeamento do sultán de Brunei, independizouse logo da súa soberanía.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Poeta inglés. Morto na Primeira Guerra Mundial, transformouse en símbolo da xuventude desaparecida na guerra. Publicou Poemas (1911) e, postumamente, 1914 and other poems (1914 e outros poemas,1915).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritora e crítica literaria. Foi profesora na Universidade de París de literatura estadounidense. Os seus estudios versan sobre a literatura de ciencia-fición, a metafición, a narrativa de posguerra e o nouveau roman. Entre os seus estudios salienta Unha gramática da metáfora (1958). Escribiu, entre outras obras, Amalgamemnon (1984) e Texterminación (1992).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Centro norteamericano de investigación multidisciplinaria, fundado no 1946 e dirixido por unha asociación de universitarios baixo contrato co departamento de enerxía dos EE UU. Situado en Long Island, as súas principais liñas de investigación son a física teórica e aplicada, a biomedicina, a enerxética e as ciencias do medio ambiente.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Dióxido de titanio, de fórmula TiO2, que cristaliza no sistema rómbico. É de cor case marrón ou avermellada escura e ten brillo diamantino. Ten dureza 5,5-6 e peso específico 4,1.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Barrio de Nova York, EE UU, en Long Island, separado de Manhattan polo East River, de New Jersey polo Upper Bay e de Staten Island polo Narrow, cunha extensión de 15,5 millas de N a S e 9,5 millas de L a O. A súa poboación de 2.500.000 h está formada por 93 comunidades raciais, étnicas e relixiosas diferentes, destacando os latinos, rusos e indios. É un dos centros comerciais máis importantes do mundo e o primeiro centro mundial teatral e de espectáculos. Lugar de residencia de numerosos actores, converteuse nunha zona de alto nivel, podendo atopar 19 fortunas mundiais e oficinas de 500 empresas diferentes. Está unido mediante pontes e túneles subterráneos con Manhattan -especialmente pola ponte de Brooklyn- e Staten Island. Foi a primeira poboación permanente de Long Island, fundada en 1636 por Joris Jansen de Rapelage.
-
MONTAÑA
Aliñación montañosa do norte de Alasca, contraforte noroccidental das montañas Rochosas, duns 1.000 km de lonxitude e duns 150 a 200 km de anchura. A altitude máxima está nos Endicott Mountains, no pico Doonerak, que acada os 3.050 m.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Crítico literario norteamericano. Seguidor do New Criticism, a súa obra The well-wrought urn (1947) segue a ser un dos mellores instrumentos para achegarse á poesía dos clásicos ingleses. É autor tamén de A shaping Joy: Studies of the Writer’s Craft (1971) e de tres importantes estudios sobre William Faulkner.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Poetisa estadounidense. Deuse a coñecer con A street in Bronzeville (Unha rúa en Bronzeville, 1945), obra na que iniciou a súa temática esencial: a problemática da raza negra nas cidades industriais. Con Annie Allen (1950) gañou o Premio Pulitzer. Tamén escribiu a novela Maud Martha (1953), recreación das tribulacións dunha muller negra dende a infancia ata a madurez combinando poesía e humor.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Actriz cinematográfica norteamericana. Procedente do music-hall, arraigou no cine con A Girl Every Port (1927) encarnando o tipo erótico da época europea.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Melvyn Kaminsky.
-
PERSOEIRO
Guionista e realizador cinematográfico. Defensor das minorías étnicas e da mellora do sistema educativo, loitou contra a pena de morte e as brutalidades da vida militar. Destacou co guión de Key Largo de John Huston. Na súa filmografía destacan Elmer Gantry (1960), The Professionals (Os profesionais, 1966) e Dollars (Dólares, 1971). Amais ten estoutras producións: Crisis (Crise, 1950), The Brothers Karamazov (Os irmáns Karamazov, 1958), Sweet Bird of Youth (Doce paxaro de xuventude, 1962) e Fever Pitch (1985).
VER O DETALLE DO TERMO